Difference between revisions 2433097 and 2455658 on glwiki

{{Artigo principal|Ovo (alimento)}}
O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do ovo (e indirectamente, algunha da galiña) na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.

==Etnografía==
(contracted; show full)
Finalmente, se un nigromante quere crear un demo familiar para os seus maleficios, ten que coller un ovo dun galo negro e fecundalo repetidas veces co sangue do seu [[dedo|dedo maimiño]] da man esquerda (V. Risco).

==Fraseoloxía==
===Refraneiro===
{{AP|Refraneiro galego sobre o ovo}}
[[Ficheiro:Chicken eggs.jpg|
thumbminiatura|''Onde a galiña pon os ovos, alí se lle van os ollos'']]
* A galiña da miña veciña pon máis ovos cá miña.
* A galiña enriba do ovo, e o cutreño enriba do ouro. 
* A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro. 
* A galiña no xaneiro pon no colmeiro. 
* A galiña non pon do galo senón do papo. 
* A galiña non pon polo galo, senón polo papo.
* A galiña polo pico pon. 
(contracted; show full)
* O cariño que che teño/ e mais o que che hei de ter/ cabe na casca dun ovo/ e mais non a ha de encher. 
* Os amores de un casado/ son coma un ovo sen sal,/ coma unha mazá sombriza/ que non sabe ben nin mal. 
* Se queres falar comigo/ e queres non verme torto,/ hasme andar, miña pequena/ como a galiña cos ovos.
* Teño unha pita podeira/ que pon tres ovos no día,/ mais se me puxera catro/ millor conta me faría.

===Adiviñas===
[[Ficheiro:Egg.jpg|
thumbminiatura|... O '''[[Ovo (alimento)|ovo]]''']]
* A miña nai é tartamuda,/ o meu pai é cantador;/ teño branco o meu vestido/ e marelo o corazón.
* Antre dúas paredes brancas/ hai unha frol amarela/ que se pode presentare/ diante do rei de Castela. 
* Augas claras,/ fontes amarelas;/ casas caladas,/ ninguén vive nelas.
* Barril, barrilote,/ sen tampa e sen batoque. 
* ¿Cal é a cousa, cal é ela,/ que é branca e, caíndo no chan,/ fica amarela?. 
(contracted; show full)
* VALLADARES NÚÑEZ, M. (1884): "Diccionario Gallego-Castellano", en SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.) (3ª ed. 2004)(2000-2004): ''Diccionario de diccionarios''. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza & Instituto da Lingua Galega.
* ZAMORA MOSQUERA, F. (1972): ''Refráns e ditos populares gallegos''. Vigo: Galaxia.

{{Etnografía galega}}

[[Categoría:Etnografía galega|ovo]]