Difference between revisions 2438691 and 2465128 on glwiki[[Ficheiro:Water drop animation enhanced small.gif|miniatura|rightdereita|<small>Unha fuga pequena (10 pingas/min) por metro cúbico de auga dunha billa durante un ano equivale ás necesidades de bebida dun adulto<ref>Por todo o mundo, moitos millóns de persoas non dispoñen desa cantidade de auga potábel!</ref>.</small>]]'''Actos cotiáns ecolóxicos''' amosa unha lista de accións sinxelas cotiás que se poden facer para conservar o planeta [[Terra]] no mellor estado posíbel e en busca de non alterar a [[biodiversidade]], de maneira que o feito de aplicar estes actos contribuirá a unha mellor [[saúde]] dos seres vivos e a unha paisaxe máis acorde coa natureza. ==Accións== ===De compras=== [[Ficheiro:Plastic-recyc-06.svg|miniatura|100 px|rightdereita|Símbolo internacional do [[poliestireno]].]] 1.- Evita o [[poliestireno]], empregado nas bandexas de escuma plástica, pois levan produtos químicos e destrúen a [[capa de ozono]]. 2.- Na cociña usa trapos e panos da mesa de tea, en lugar do papel de cociña. Estarás salvando árbores. 3.- Non merques nada con madeiras tropicais ([[caoba]], [[ébano]], [[palisandro]] e [[teca]]). Nas selvas tropicais viven máis de metade de plantas e animais do planeta. 4.- Na casa fai zumes naturais en vez dos comerciais. Nos bares prefire as bebidas en envases retornábeis. 5.- Apoia os horticultores e produtores de alimentos locais, e merca alimentos de temporada. Os alimentos son máis frescos e utilízase menos transporte. Procura que os alimentos sexan [[agricultura ecolóxica|ecolóxicos]]. 6.- Cando merques regalos, evita plásticos, madeiras tropicais e metais preciosos (pois estes case sempre se obteñen con contaminación e sufrimento social). 7.- Usa roupa de fibra natural ([[algodón]], [[liño]] e [[la]]). Estes son recursos renovábeis, e as fibras sintéticas son na súa maioría subprodutos do [[petróleo]]. Reutiliza a roupa vella (para o entroido) ou dóaa a ONGs ou á igrexa. Os cueiros lavábeis para os bebés son un opción ecolóxica e económica, e moitos incluso son máis saudábeis para as meniñas e meniños que os de usar e tirar. 8.- Emprega papel reciclado e pide no voso centro (de traballo ou no colexio) que se empregue. [[Ficheiro:Brosen city bicycle.jpg|miniatura|A [[bicicleta]] é un bo medio de transporte]] 9.- Reduce o consumo de papel de aluminio (e se o usas, non o tires ao lixo, pois é reciclábel e vai no colector amarelo). É mellor utilizar envases herméticos, que son lavábeis e se poden usar moitas veces. 10.- PLÁSTICOS: * Leva bolsas cando vaias á compra. * Non compres obxectos de plástico ou PVC. * Nas excursións leva recipientes reutilizábeis, esquece os de usar e tirar. 11.- Se podes, escolle pinturas con base en auga, en vez de disolvente. 12.- No [[Nadal]] merca unha árbore con raíces, cóidaa e despois das festas plántaa no monte. 13- Esquece os desodorizantes para o baño, pois contaminan e logo hai que depurar a auga. Ventílao. 14.- Cando merques [[roupa]] ou [[calzado]], infórmate sobre quen a fixo, onde e en que condicións laborais. Se queres saber máis sobre inxustizas no sector téxtil, podes visitar a páxina [http://www.ropalimpia.org/ roupa limpa]. 15.- Merca alimentos frescos en lugar de comidas empaquetadas. É bo reducir o número de envases, así como a súa reutilización ou a súa reciclaxe. ===Enerxía=== [[Ficheiro:Compact_fluorescent_straight.jpg|miniatura|180px|As [[lámpada compacta fluorescente|luces fluorescentes]] aforran enerxía, mais levan mercurio]] 16.- As [[lámpada compacta fluorescente|luces fluorescentes]] teñen [[Mercurio (elemento)|mercurio]] e contaminantes perigosos. Son boas porque se aforra enerxía, mais non se deben tirar ao lixo (polo perigoso mercurio), senón que deben levarse a un punto limpo. Tamén son moi interesantes as luces [[LED]], que aínda consomen menos que as fluorescentes, duran máis tempo e non levan mercurio na súa fabricación. 17.- Usa pilas sen [[chumbo]] nin [[Mercurio (elemento)|mercurio]]. As pilas máis ecolóxicas son as que se recargan. 18.- Os contaminantes que destrúen a [[capa de ozono]] son os CFCs (usados antigamente nalgunhas neveiras, aerosois e produtos de limpeza), os halóns (usados como disolventes) e o metil-bromuro (empregado como funxicida). Busca alternativas. 19.- Mantén limpas as [[lámpada incandescente|lámpadas]] incandescentes, pois as sucias gastan máis enerxía. 20.- Os [[reloxo]]s máis ecolóxicos son os que funcionan grazas aos movementos do corpo. 21.- Evita abusar do coche, e procura usar os transportes públicos sempre que poidas (o [[tren]] é o menos contaminante). Revisa todos os meses o ar dos pneumáticos, pois inflar correctamente os pneumáticos mellora a taxa de consumo de combustíbel en máis do 3%. 22.- Non deixes os aparellos electrónicos (televisor, cadea musical, DVD, etc) en posición de repouso (''stand by'' en inglés) porque consomen moita enerxía, xa que pode chegar ao 8% do que consome o aparello acendido <ref>[http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/energia_y_ciencia/2009/03/19/184128.php Un informe do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley dos Estados Unidos indica que neste país os aparellos en stand by supoñen o 10% do gasto eléctrico nos fogares]</ref>. Pensa que, se deixas un ou máis aparellos nesa posición durante horas, estás malgastando moita enerxía (ademais de encarecer o recibo da luz). Se nos erguemos e apagamos os aparellos, estaremos emitindo menos dióxido de carbono. 23.- A lavadora debemos usala na súa carga máxima e procuraremos lavar en frío como norma xeral. 24.- Cando uses a Internet, prefire usar buscadores con fondo negro porque gastan menos enerxía (isto é, emitiremos menos dióxido de carbono), como Google Blackle [http://www.blackle.com/] ou GoogleLightOff [http://www.googlelightoff.com/]. Se tes un blog, escolle un fondo negro ou escuro. 25.- Un [[quentador solar]] para a auga da casa só usa a enerxía do sol, e amortízase en poucos anos; polo que en climas con abondas horas de sol é superior, tanto ecolóxica como economicamente, aos de gas ou electricidade. 26.- Deixa o ordenador sen salvapantallas porque seguirá consumindo enerxía ao poñer fotos ou gráficos complicados; é mellor que o ordenador inactivo pase ao estado de suspensión porque consome moi pouca enerxía. Escolle apagar o monitor tras 5 minutos de inactividade. ===Refugallos=== [[Ficheiro:Punto limpio playero.jpg|miniatura|rightdereita|Colectores selectivos de recollida de residuos]] 27.- Non tires ao [[lixo]] os medicamentos caducados nin as [[radiografía]]s. Entrégaos na farmacia, pois encárganse do seu debido tratamento. 28.- Lembra facer recollida selectiva: *[[Vidro]]: nos iglús verdes. *[[Papel]] e cartón: nos colectores azuis. *[[Plástico]]s, [[tetra-brik]]s, envases, latas, tapóns de cortiza: no colector amarelo. *[[Pila]]s: a recollida faise nos concellos, centros de ensino, etc. '''OLLO''': unha soa pila botón pode contaminar '''600.000 litros de auga'''. *[[Lámpada compacta fluorescente|Bombillas de baixa consumo]] (teñen mercurio): nos puntos limpos. {| {{Táboabonita}} | align="center" colspan="4" | <big>Relación colector - produto</big> |- ! bgcolor="yellow" | Colector amarelo ! bgcolor="blue" | Colector azul ! bgcolor="green" | Iglú verde ! bgcolor="#c0c0c0" | Punto limpo |- | Envases, plásticos e latas || Papel e cartón || Vidro || Outros produtos |} [[ficheiro:Sea of phones.jpg|miniatura|En [[España]] hai máis móbiles que habitantes desde [[2006]]]] 29.- Os restos de [[froita]], [[verdura]], casca dos ovos, froitos secos... fertilizan a terra. Podes facer [[compostaxe]] e aproveitala para a horta, a terra das plantas ou darlla a alguén que teña horta. 30.- Os teléfonos móbiles son reciclábeis nun 90% e os cargadores nun 100%, pero a maioría acaban no lixo (incinerados en moitos casos). Os móbiles levan plástico, metais pesados, [[coltan]] e outros compoñentes moi contaminantes (as baterías) que poden reciclarse. Cando acabe a súa vida útil, leva o móbil e o cargador ao punto de venda ou a un punto de recollida<ref>[http://www.tragamovil.es/tragamovil-site.aspx A fundación tragamóvil recolle móbiles en 1000 puntos de España, na páxina podes consultar o punto de recollida máis próximo ao teu domicilio]</ref>. ===Fogar e outras cousas=== 31.- É mellor usar [[xabón]] en barra ou pastilla (que vén empaquetado en papel) en vez do xabón líquido para as mans, que vén en botella de plástico. Ao mercar [[deterxente]]s, merquemos deterxentes biodegradábeis e sen fosfatos. Os [[fosfato]]s alimentan as algas que se transforman en pragas no río e no mar. 32.- Procura coñecer ben a [[natureza]] que te rodea e protéxea. [[Ficheiro:Ozone 2001sept17 lrg.jpg|rightdereita|miniatura|Furado na capa de ozono, 17 de setembro de 2001. Cortesía [[NASA]]]] 33.- Unha das mellores ideas que existen para reducir o [[dióxido de carbono]], ter garantías contra a [[erosión]] e a seca, e protexer a biodiversidade é ter máis [[bosque]]s. Hai moito monte bravo que estaría mellor plantando nel árbores autóctonas como [[carballo]]s, [[castiñeiro]]s, [[abidueira]]s, [[acivro]]s, [[amieiro]]s, [[salgueiro]]s, [[abeleira]]s, [[pereira]]s e [[cerdeira]]s bravas, etc. Participa en campañas de limpeza e/ou plantación de árbores. 34.- O [[aceite]] usado da cociña non debe ir polo vertedeiro. Se non hai recollida selectiva no teu concello, envólveo en papel de xornal e méteo nunha bolsa de plástico que vaias tirar. 35.- Como lavavaixelas podes usar o xabón tipo “Lagarto”, que é bo desengraxante. Así, aforrarás o plástico dos envases. Tamén se pode facer xabón líquido e reutilizar os envases. 36.- Se coñeces ou encontras algún lugar contaminado, podes enviar unha carta ou foto informativa ao teu concello. Se non recibes contestación nun prazo razoábel, podes enviar a mesma carta ou foto a un xornal (sección de cartas ao director). 37.- Un dos maiores problemas da [[Galiza]] é a [[chuvia ácida]]. As centrais térmicas das [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes]] e [[Meirama]] son as maiores responsábeis deste problema na Galiza, e os beneficios económicos destas empresas permítelles facer unha importante redución de emisións contaminantes. Noutras centrais españolas reduciron a contaminación debido á presión social. A chuvia ácida, ademais de conter metais pesados, mobiliza o aluminio, chumbo, cadmio... do solo; estes metais poden chegar ás augas subterráneas e superficiais, aos animais, aos alimentos e aos seres humanos. Os metais pesados producen serias lesións (irreversíbeis con frecuencia) nos riles, cerebro, corazón... ENDESA reduciu na Central Térmica de [[Teruel]] o 95% da contaminación, e nas Pontes só está reducindo o 40% (porque é o mínimo que lle esixe a lei). En Teruel houbo protestas de concellos, cidadáns, denuncias aos tribunais pedindo indemnizacións polas perdas no arboredo forestal e froiteiro. ==Notas== {{listaref|1}} ==Véxase tamén== ===Outros artigos=== * [[Unha verdade incómoda]] * [[Quecemento global]] * [[Etiquetaxe enerxética]] ===Bibliografía=== *ADEGA, ''Ecoloxía no cotidiano'', 1995. *''Hogar sin química'', Ed. Integral. *Varela Díaz, R., ''O abc da choiva ácida'', Baía edicións. *VV.AA., ''50 cousas que os nenos poden facer para salvar a terra'', EMECÉ-Rodeira. ===Ligazóns externas=== * [http://www.agenda21malaga.org/documentos/GBP-pdf.pdf Guía de boas prácticas medioambientais] * [http://www.ideal.es/granada/prensa/20070108/local_granada/semaforos-muchas-luces_20070108.html Semáforos con luces LED] * [http://erenovable.com/2007/07/16/sevilla-ahorra-electricidad-pasandose-a-las-leds/ Sevilla pásase ás luces Led] [[Categoría:Ecoloxía]] * [http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/elecsosteniblequehacer.htm Electricidade sostíbel] * [http://intercambia.net/temas/ Aprendendo máis] * [http://revista.consumer.es/web/es/20110301/economia_domestica/75900.php ''Electricidad: menos vatios y más conciencia''] (Eroski Consumer, marzo 2011) {{es}} * [http://revista.consumer.es/web/es/20101001/economia_domestica/75685.php ''Hogares más económicos y ecológicos'' (Consumer.es, 1.10.2010)] {{es}} * [http://revista.consumer.es/web/es/20090101/medioambiente/ ''Ayudas para ser más ecológico: Subvenciones para preservar el medio ambiente y el bolsillo'' (Consumer.es, 1.01.2009)] {{es}} * [http://www.retorna.org/es/ Retorna, asociación que promove reutilizar os envases cun modelo próximo ao 100% de eficacia] {{es}} [[Categoría:Economía]] [[Categoría:Boas prácticas ambientais]] [[Categoría:Conservacionismo e biodiversidade]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=2465128.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|