Difference between revisions 2451219 and 2630017 on glwiki

[[Ficheiro:Cortes de cadiz.jpg|miniatura|350px|''La promulgación de la Constitución de 1812'', óleo de [[Salvador Viniegra]] (Museo de las Cortes de Cádiz).]]
[[Ficheiro:Const. Cádiz.JPG|miniatura|300px|Portada da [[Constitución española de 1812]] (a ''Constitución de Cádiz'').]] 
'''José Alonso López y Nobal''', nado en [[Ferrol]] en [[1763]] e finado na mesma cidade en [[1824]], foi un [[Armada Española|mariño]], [[Matemáticas|matemático]] e [[Enxeñaría|enxeñeiro]] [[Galicia|galego]] que foi, sen dúbida, para algúns, o [[política|político liberal]] galego máis destacado ds dúas primeiras décadas do século [[XIX]].

A súa formación estivo marcada pola apertura e [[ciencia|renovación científica]] na segunda metade do [[século XVIII]], promovida en [[España]] polo rei [[Carlos III de España|Carlos III]]. Logo de cursar humanidades e facer estudos náuticos elementais, ingresou na Armada en [[1786]] como piloto.

Cando se produce o levantamento en [[Galicia]] contra a invasión francesa, aquel ''home escuro e descoñecido'', nas súas propias palabras, sae de escuridade, formando parte da ''Junta'' local de Ferrol, ademais de desempeñar, desde [[1801]], o cargo de comandante interino de enxeñeiros das fortificacións da ría.

No verán de de [[1810]] é nomeado [[Cortes de Cádiz|deputado a Cortes]] en representación da ''[[Junta Superior de subsidios, armamento y defensa de Galicia]]''. Nas Cortes extraordinarias, nas que estivo presente desde a súa apertura até a súa clausura, revelouse como o máis activo e liberal dos deputados galegos, e mesmo como un dos máis radicais do [[Cortes de Cádiz|Congreso Nacional]]. 

Finalizadas as Cortes de Cádiz, Alonso López volveu ao seu antigo cargo de comisario de camiños, onde continuou tras a volta de [[Fernando VII de España|Fernando VII]] e a restauración do absolutismo. Durante a ''[[Década Ominosa]]''.  

== Formación ==

=== Antecedentes ===
A formación de Alonso López estivo marcada pola apertura e a renovación científica que tivo lugar na España do século XVIII. Os gobernos borbónicos realizaron importantes reformas na Mariña militar española que incidiron no desenvolvemento experimentado pola súa cidade natal como sede do Departamento Marítimo do Norte (construción de estaleiros, creación da Academia de Guardias Marinas...). 

A Compañía e Academia de Guardias Mariñas, creadas en Cádiz en [[1717]], foron unha peza básica nos primeiros pasos institucionais da política dos Borbóns e pretendían atender as necesidades de formación dunha oficialidade instruída en consonancia coas novas exixencias da navegación e da guerra.

Pero a Academia non só forneceu de oficiais á Armada, senón que constituíu un complexo científico.<ref>Sellés, M., Peset, J. L. e Lafuente, A. (1988): ''Carlos III y la ciencia de la Ilustración''. Madrid: Alianza Editorial.</ref> A creación en Ferrol da Real Compañía de Guardias Marinas en [[1776]] axudou a impulsar a actividade do Departamento e favoreceu que acudisen á cidade pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas, que a converteron nun foco fundamental da cultura científica da Galicia do momento. A Academia ferrolá, como a de Cartaxena, non acadou a importancia da gaditana, se ben mantivo unha docencia científica de certo interese, especialmente se a comparamos coa existente en Galicia nese período. Unha das mostras do seu valioso labor é o observatorio de que se dotou, o primeiro dunha institución en Galicia. 

=== Estudos ===
Logo de cursar Humanidades e de realizar estudos elementais nunha Escola de navegación —debía ser a ''Academia de Pilotos de Ferrol'', que aínda existía en 1801—, Alonso López iniciou a súa carreira profesional na Armada, na que ingresou en [[1786]] como piloto e chegou a alcanzar, en [[1798]], o grao de alférez de fragata. 

En [[1792]] foi destinado ao Observatorio Astronómico da Academia de Guardias Marinas de Ferrol, na que tamén exerceu como profesor de matemáticas e obtivo a estima dos seus superiores, como se desprende dun informe de 1796 no que se di: 
{{cita|''Tiene talento claro, matemático, infatigable en el trabajo, que hace con particular afición por su inclinación al estudio y amor a las ciencias Matemáticas, que posee, con especialidad la Astronomía; está bien impuesto en los idiomas francés, inglés y latín, tiene buena conducta y fina educación y desempeña con exactitud la clase de navegación que está a su cargo a pesar del trabajo del observatorio que tiene a su cuidado''.<ref>Balás y Silva, Emiliano (1905): Memoria premiada, leída por el socio D. Emiliano Balás Silva, Médico civil, acerca del tema propuesto por el Ilmo. Sr. D. Andrés Martínez Salazar para el primer Concurso anual reglamentario de Memorias del Ateneo: "Noticias biobibliográficas del polígrafo ferrolano D. José Alonso López", ''Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905''. Ferrol: Imp. de El Correo Gallego; páxs. 33-114.</ref>}}

Como responsábel do Observatorio astronómico é máis que probábel que tivese a oportunidade de saudar a [[Alexander von Humboldt]] cando este visitou a instalación en [[1799]] —Humboldt partiu o 5 de xuño da [[A Coruña|Coruña]] para levar a cabo a salientábel exploración científica na América española, pero antes realizou unha viaxe en barco até Ferrol.<ref>Fraga, X. A. (1999): "As cartas de Humboldt e as viaxes ás rexións equinocciais", in Díaz-Fierros & Rozados, coord. ''Un novo mundo para un home universal. Partida desde A Coruña cara á súa viaxe americana''. Santiago: Consello da Cultura Galega, páxs. 65-73.</ref> 

[[Cipriano Vimercati Benítez]], matemático e director da Academia de Guardias Marinas de Ferrol, deixou a institución en [[1799]], para tomar posesión dunha coenxía na [[Santiago de Compostela|catedral de Santiago]]. Esa circunstancia puido ser decisiva para que o seu antigo discípulo e colega, Alonso López, fose designado por [[Francisco Vallejo]], arcebispo de Santiago, para levantar, entre 1800 e 1801, o plano xeográfico estatístico do Arcebispado de Santiago. Por este tempo foi membro do tribunal de oposicións á catedra de Matemáticas da [[USC|Universidade de Santiago]] que obtería [[Xosé Rodríguez González]], ''o matemático do Bermés''. 

En [[1803]], Alonso López cesou na Mariña e pasou ao Estado militar de España, con destino no [[Reino de Galicia]], ao ser nomeado comisario da Inspección General de Caminos, con categoría de comisario de Guerra honorario. Un ano despois escribiu unha ''Memoria sobre abertura económica de la Carretera de Vigo a Benavente con sus ramales a Lugo, Santiago y Pontevedra'' e en [[1807]] unhas ''Reflexiones sobre las necesidades urgentes de la España en su población, agricultura, comercio y marina''. Estas últimas, que logo incorporaría ás Consideraciones generales, deben gardar algunha relación coas dúas disertacións que afirma ter dirixido no mesmo ano de 1807 a [[Manuel Godoy|Godoy]], por medio do ministro de Estado [[Pedro Cevallos]], nas que expoñía "los males y necesidades más urgentes que angustiaban a la nación", solicitaba a [[Napoleón]] que cesase na súa política de guerra e propuxese a paz en toda [[Europa]], e pedíalle ao Goberno español que se mantivese neutral no conflito entre as potencias europeas. 

A imaxe que temos de Alonso López até este momento é a dun home solteiro, centrado no seu labor profesional e científico, e preocupado pola situación do país e da súa familia. Balás y Silva deixou escrito que lle asignou á súa nai, viúva, a metade do seu salario, apoiou o seu irmán Antonio até que entrou no corpo administrativo da Armada e pagoulle os estudos a outro seu irmán, Juan, primeiro en Madrid e logo en París, e seguramente o axudou a que se colocase de director do ''Gabinete de Física e Química'' do Real Palacio.<ref>Balás y Silva, ''P. cit.''</ref>

== Da ciencia á política ==
Cando se produce o levantamento en Galicia contra a invasión francesa, aquel ''home escuro e descoñecido'', segundo as súas propias palabras, sae da escuridade. Forma parte da Junta local de Ferrol, ademais de desempeñar o cargo de comandante interino de enxeñeiros das fortificacións da ría, que obtivera a comezos de [[1808]]. Coa entrada das tropas francesas na cidade e despois de ser suspendido de emprego e soldo e de negarse a acudir a [[Madrid]] a render homenaxe ao ''rei intruso'', termina fuxindo de Ferrol por temor a maiores represalias. En xullo de [[1809]] foi nomeado pola ''Junta del Reino'' (de Galicia) enxeñeiro comandante das fortificacións de Ferrol e, en novembro, enviado como comisionado ao exército inglés que estaba en [[Astorga]] ao mando de sir [[David Baird]], ao que acompañou ata que embarcou na Coruña para [[Inglaterra]].

A comezos de [[1810]] é elixido vogal, pola [[provincia de Betanzos]], da ''Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa de Galicia'', da que se converte nun dos seus membros máis activos e destacados. No verán dese mesmo ano é nomeado deputado a Cortes en representación da propia Junta. Nas Cortes extraordinarias, nas que estivo presente desde o día da súa apertura ([[24 de setembro]] de [[1810]]) até o da súa clausura ([[24 de setembro]] de [[1813]]), revelouse como o máis activo e liberal dos deputados galegos e incluso, segundo Blanco Valdés, como un dos máis radicais liberais do Congreso Nacional.<ref>Blanco Valdés, Roberto L. (1988): ''Rey, Cortes y fuerza armada en los orígenes de la España liberal. 1808-1823''. Madrid: Siglo XXI.</ref> Foi membro de oito comisións e participou en 44 sesións da cámara, presentando proxectos reformistas no ámbito económico e social e apoiando todas as causas revolucionarias. 

A súa intervención parlamentaria máis coñecida, recollida xa no seu momento por [[Blanco White]]<ref>Nacido en Sevilla (11-7-1777) como José María Blanco Crespo, escritor, pensador, teólogo e periodista español, falecido en Liverpool, Reino Unido (20 de maio de 1841).</ref> no seu xornal ''El Español'', tivo lugar durante o debate, en [[1811]], sobre a abolición de señoríos, que iniciou el mesmo e no que terminaba solicitando:

{{cita|''Que se destierren sin dilación del suelo español y de la vista del público, el feudalismo visible de horcas, argollas y otros signos tiránicos e insultantes de la humanidad, que tiene erigido el sistema del dominio feudal en muchos cotos y pueblos de la Península, particularmente en los del reino de Galicia, porque desde la instalación de V.M. no debe ser respetada sino una misma ley, ni tampoco temida más que una misma justicia, pues que repugna a la libertad y grandeza del hombre la existencia de vasallajes instituidos a favor de los vasallos o súbditos de V.M. y el que existan imperios parciales ingeridos en el imperio nacional, y tal es el espíritu y declaración de la ley 3ª, título XXVI de la Partida 4ª "que ningunt home non puede ser vasallo de dos señores".}}

Finalizadas as Cortes de Cádiz, Alonso López volveu exercer como comisario de camiños, profesión en que continuou tras a volta de [[Fernando VII de España|Fernando VII]], a restauración do absolutismo e a derrogación da Constitución de 1812 —sábese que en 1815 traballaba no Bierzo e que se xubilou con anterioridade a 1820—. Durante eses seis anos negros na vida política do país, tamén se dedicou a escribir a que sería a súa grande obra, as ''Consideraciones generales''. En [[1820]] participou no levantamento liberal dese ano e formou parte da ''Junta Provisional de Ferrol'', foi de novo elixido deputado a Cortes na primeira lexislatura (1820-1821) e na extraordinaria que tivo lugar entre setembro de 1821 e febreiro de 1822. 

Rematado o seu labor parlamentario, volveu a Ferrol, onde aínda exerceu como segundo alcalde. Na súa casa do alto de [[Canido, Ferrol|Canido]] descríbeno Moya y Jiménez e Rey Joly, engadindo unha pinga de literatura aos apuntamentos biográficos de Balás y Silva: 
{{cita|''Retirado en su biblioteca, muy numerosa y escogida; y entregado a su afición por las artes y por la música en particular; pues tocaba con gusto y perfección seis o siete instrumentos''<ref>Moya y Jiménez, F. J. de e Rey Joly, C. (1912): "El Ejército y la Marina en las Cortes de Cádiz" Cádiz: Centro del Ejército y la Armada.</ref>}}

Mágoa que a Historia non respetase esta imaxe idílica. Aquel home que Rafael Comenge definiu como {{cita|''gran humanista, de aficiones volterianas, nutrido con las doctrinas enciclopédicas y un sí es no es descreído'',<ref>Comenge, Rafael (1909-1911): ''Antologías de lñas Cortes de Cádiz''. Madrid: Congreso de los Diputados.</ref>}} 
tivo que sufrir de novo o restablecemento do absolutismo tras a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís en [[1823]]. 

Emiliano Balás y Silva deixou escrito que 
{{cita|''sufrió persecuciones y murió delirando con sus perseguidores [...] su biblioteca fue bárbaramente saqueada y destruída en parte por el fanatismo del cura de la villa, quien, caliente aún el cadáver de Alonso, se presentó en la casa mortuoria conminando a la hermana política del ilustre finado a que se la franquease, y quemando en el patio de la casa muchas obras científicas escritas en francés e inglés''.<ref>Balás y Silva, Emiliano (1888): "Bibliografía. D. José Alonso López de Nobal y su obra". ''Galicia Diplomática''', '''3''', 20: 159-160.</ref> <ref>Balás y Silva, Emiliano (1905): Memoria premiada, leída por el socio D. Emiliano Balás Silva, Médico civil, acerca del tema propuesto por el Ilmo. Sr. D. Andrés Martínez Salazar para el primer Concurso anual reglamentario de Memorias del Ateneo: "Noticias biobibliográficas del polígrafo ferrolano D. José Alonso López", ''Anuario de las conferencias y debates del Ateneo Ferrolano en el Curso de 1904-1905''. Ferrol: Imp. de El Correo Gallego; páxs. 33-114.</ref>}}

Similar destino tivo o que restaba da edición das ''Consideraciones generales'', que autoeditara cos seus propios cartos: "hubo que ocultar los ejemplares de tan hermosa obra en casa de la bisabuela materna del que esto escribe, y venderlos al peso".

== A súa grande obra: ''Consideraciones generales'' ==
Nunha primeira aproximación descritiva poderiamos definir as ''Consideraciones generales'' como unha obra enciclopédica na que Alonso López aborda diversos aspectos históricos, xeográficos, económicos, políticos e científico-técnicos de España, Galicia e a comarca ferrolá. A obra, a pesar das vicisitudes polas que pasou —comezouse a imprimir fóra de España e o autor suprimiu unha terceira parte do que tiña redactado, por citar as que coñecemos— e a variedade de materias tratadas, está estruturada de forma coherente, responde a unha formulación previa elaborada polo autor e está estreitamente ligada ás súas actividades políticas e profesionais. 

O seu contido, a grandes trazos, é o seguinte: o primeiro tomo, de carácter introdutorio, trata sobre algunhas xeneralidades históricas, xeográficas, económicas e militares; o segundo, sobre historia natural (xeoloxía, bioloxía); o terceiro, sobre poboación e economía (agricultura, comercio, facenda); o cuarto, sobre a Mariña e os distintos aspectos científico-técnicos relacionados con esta (construción naval, astronomía); o quinto, sobre enxeñaría; e o sexto, sobre a guerra e os sucesos contemporáneos ao autor. Das catorce láminas adxuntas catro corresponden a planos, dos que tres son de Ferrol (comarca, cidade e instalacións da Mariña) e un cuarto da fábrica de cobre de [[Xuvia, Narón, Narón|Xuvia]]. Cómpre salientar que nun dos planos aparece situado o Observatorio astronómico ligado á Academia de Guardias Marinas. No seu conxunto, a obra ten un marcado carácter político, e é difícil encontrar temas, incluso os científico-técnicos, que no estean tratados politicamente. Nada estraño nunha época en que, en palabras de [[Antonio Alcalá Galiano|Alcalá Galiano]], "la política, y exclusivamente la política del momento, se convirtió no solo en el tema de toda clase de escritos, sino hasta de toda clase de pensamientos".

As ''Consideraciones generales'' é un texto que, como seu autor, está a cabalo entre os [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]]. É clara a súa afiliación ás obras descritivas do setecentos sobre países ou provincias, á historiografía ilustrada e aos escritos histórico-políticos liberais das primeiras décadas do XIX. A súa relación coas descricións do XVIII, nas que se trataba de sistematizar informacións de carácter diverso (xeografía física e humana, economía política, ciencias da natureza, etc.) sobre un territorio, baixo a idea de que a base de toda política debía estar no coñecemento previo da realidade do país, está posta de manifesto polo propio autor, que se lamenta da carencia, en España, "de noticias científicas de sus países, y de una geografía exacta y curiosa que hiciese conocer este reyno en todas sus partes" e avoga pola realización de "descripciones generales y particulares hechas en forma con conceptos científicos" que "presentarían grandes ideas y luces al gobierno español para promover con acierto cuando quisiese la prosperidad general". 

Na obra tamén é clave a súa relación coa [[historiografía|historiografía ilustrada]]. Características presentes no texto, como a ampliación do obxecto da historia (Alonso López aborda sempre, en maior ou menor medida, a historia e progresos das distintas materias: agricultura, comercio, Mariña...) ou a utilización desta para promover a reforma da sociedade, son propias da historiografía ilustrada, e o seu autor exemplifica perfectamente o novo historiador que propugnaba [[Voltaire]] no seu opúsculo ''Novas consideracións sobre a historia'', aquel que tivera como divisa a frase de [[Terencio]]: "son home e nada do que é humano me é estraño". Por último, a filiación das ''Consideraciones generales'' aos escritos histórico-políticos liberais das primeiras décadas decimonónicas está patente nos capítulos dedicados aos sucesos contemporáneos e na lectura liberal e nacionalista da historia de España, exemplos dun novo discurso irrealizábel no país con anterioridade á ruptura de 1808. Neste sentido, a obra de Alonso López está ligada, como quedou dito, á súa actividade política, concretamente á súa condición de deputado liberal nas Cortes de Cádiz, até o punto de que moitos dos temas de economía e política desenvolvidos no texto foron tratados durante o período parlamentario, e algúns en concreto polo mesmo autor. De igual xeito, os aspectos científico-técnicos do libro gardan relación coa formación e actividades profesionais do liberal ferrolán: os tomos dedicados á Mariña e á enxeñaría son un claro exemplo desta ligazón. 

Como vimos, a formación científico-técnica de Alonso López estivo ligada á Mariña, unha das institucións que canalizou a nova ciencia por medio da asimilación de coñecementos e técnicas foráneas, e que impulsou o desenvolvemento da [[astronomía]], da [[cartografía]], da [[mecánica]], da [[enxeñaría]], das [[matemáticas]] (que desempeñaban un papel central nos estudos das academias da Mariña), das [[ciencias da natureza]], etc. 

Estas e outras materias son abordadas por Alonso López na súa obra, na que manifesta, ademais, o seu coñecemento dos autores europeos máis relevantes do século XVIII nos distintos campos das ciencias e das técnicas. Tamén expresa algunhas das características da ciencia ilustrada española da segunda metade do XVIII: a concepción da ciencia como ciencia aplicada ou a necesidade, a falta de "espírito de invención", de impulsar o "espírito de imitación". Así mesmo, repetidas veces propugna o fomento das ciencias e das institucións científicas en España, critica aos escritores que no século XIX citan aos antigos e non consultan aos naturalistas e observadores modernos, combate as supersticións populares e os erros do vulgo sostidos por sacristáns, e resalta continuamente a diferenza entre a razón natural e a ciencia, entre o práctico rutineiro e o xeómetra, entre o ver e o ver con coñecemento.

== Contribucións científicas ==
Os estudos sobre as distintas materias científicas que Alonso López trata nas ''Consideraciones generales'' son escasos e fragmentarios. Ao naturalista Víctor López Seoane debémoslle a valoración máis ampla e positiva da contribución científica de Alonso López. Xa en [[1866]], na ''Reseña de la Historia Natural de Galicia'', sinalábao como referencia bibliográfica necesaria para o estudo da Historia Natural galega, e indicaba que [[Frei Martín Sarmiento|Sarmiento]], [[Padre Feijoo|Feijoo]] e [[José Cornide Saavedra|Cornide]], así como Alonso, "dieron el primer impulso, y pusieron la primera piedra".<ref>Seoane, V. L. (1866): ''Reseña de la Historia Natural de Galicia''. Lugo: Impr. Soto Freira, páx. 7.</ref> Unha reivindicación en que insistía no mesmo folleto ao abordar a fauna, en diversas notas manuscritas e na súa publicación sobre a historia da botánica, na que indica que "en Galicia, después de la obra de Bosc y de los datos aislados que suministró Sarmiento, Cornide y otros, ve la luz en 1820 la notable obra del ferrolano D. José Alonso López".<ref>Seoane, V. L. (1987): "Bosquejo histórico de la Botánica española", in Merino, B. ''Contribución a la Flora de Galicia. La vegetación espontánea y la temperatura de la cuenca del Miño''. Tui: Tip. Regional.</ref>.

Esta consideración repetiuna López Seoane nunha longa carta dirixida a [[Andrés Martínez Salazar]] en [[1891]] e reproducida por Balás y Silva nos seus apuntamentos biográficos,<ref>Balás y Silva, E. (1905), ''Op. cit.''</ref> na que daba conta do labor científico desenvolvido nas ''Consideraciones generales'' e na que remataba dicindo que Alonso López "poseía a perfección los conocimientos de su época; que por sí mismo recogió un considerable número de objetos que clasificó, ajustándose a lo imperfecto de su época, pero cuyo trabajo sólo puede apreciar debidamente quien se dedique a estos dificilísimos estudios". 

No mesmo traballo figura tamén, como ''addenda'', a valoración que fai o xeneral de Enxeñeiros da Armada, [[Andrés A. Comerma]], dos aspectos relacionados coa Mariña e a enxeñaría na obra de Alonso López, onde subliña, por exemplo, o seu gran dominio da mecánica e do cálculo infinitesimal e cualifícao como "un hombre de talla intelectual muy superior y de conocimientos tan generales y profundos que pocos hombres de su época llegaron a alcanzarlos". Fausto Dopico sinalou o uso que fixo Alonso da súa formación matemática nas ''Consideraciones generales'': a abondosa presenza de cifras, exemplos numéricos e táboas estatísticas e a confección da primeira ''táboa de vida'' realizada en España, ademais do emprego do cálculo infinitesimal na análise fiscal, na busca da solución óptima do cálculo da cota do contribuínte.<ref>Dopico, Fausto (2005): "Matemáticas, fiscalidad y crítica de la Escuela clásica: el pensamiento liberal de José Alonso López". ''Investiogaciones de historia económica'', 1: 81-96.</ref> Fagúndez Díaz estudou o labor botánico de Alonso e realizou unha comparación coa flora vascular actual de Ferrol.<ref>Fagúndez Díaz, Jaime (2006): "El trabajo botánico de D. José Alonso lópez (Ferrol 1673-1824): comparación con la flora vascular actual del término municipal de Ferro,l (A Coruña)". ''Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural. Sección biológica'', 101, 1-4: 5-12.</ref>  

Cómpre salientar, como afirmou Seoane, que as referencias de Alonso López a diversos e numerosos aspectos das ciencias naturais deben figurar como punto de partida das revisións bibliográficas. [[Miguel Colmeiro y Penido|Colmeiro]] en varias obras,<ref>Por exemplo en: Colmeiro y Penido, Miguel (1858): ''La botánica y los botánicos de la península hispano-lusitana: Estudios bibliográficos y biográficos''.</ref> José Planellas no seu ''Ensayo''<ref>Planellas, J. (1852): ''Ensayo de una Flora Fanerogámica gallega ampliada con indicaciones acerca de los usos médicos de las especies que se describen''. Santiago: Impr. Rey Romero.</ref> ou [[Baltasar Merino|Merino]] na súa ''Flora descriptiva de Galicia''<ref>Merino, Baltasar (1905-1909): ''Flora descriptiva é ilustrada de Galicia''. 3 vols. Santiago: Tip. Galaica.</ref> recollen as citas do mariño ferrolán. [[Díaz-Fierros]] subliñou o carácter de pioneiro do científico ferrolán no rexistro dos primeiros datos meteorolóxicos de que se ten noticia en Galicia.<ref>Díaz-Fierros Viqueira, Francisco (1976): "La cultura científica", in VV.AA., ''Los gallegos''. Madrid: Istmo.</ref> 

E, como consecuencia do estudo da obra de López Seoane, varios especialistas, nos últimos anos, volveron a súa mirada cara á publicación de Alonso. Por exemplo, Penas Patiño, Pedreira e Silvar fanno na súa ''Guía das aves de Galicia'',<ref>Penas Patiño, Xosé M., Pedreira Lóprez, Carlos e Silvar, Carlos (1991): ''Guía das aves de galicia''. A Coruña: Bahia Edicións.</ref> ou Dosil, que o sinala como autor das primeiras citas de [[alga]]s.<ref>Dosil Mancilla, F. J. (2007): ''Los albores de la botánica marina española (1814-1939)''. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.</ref>  

== Obras ==
* (1801): ''Plano del Arzobispado de Santiago''.

* (1804): ''Una memoria de Don... dedicada al Excmo. Señor Don Pedro Acuña; sobre abertura de la Carretera de Vigo a Benavente con sus ramales a Lugo, Santiago y Pontevedra'' Santiago: Archivo Histórico Diocesano de Santiago, Sección Códices, Códice 1053-B.

* (1807): '' Reflexiones sobre las necesidades urgentes de la España en su Población, Agricultura, Comercio y Marina'', Ms. encadernado, [338 p.], asinado J.A.L. en Ferrol a 30 de marzo de 1807 e co seguinte engadido manuscrito de Víctor López Seoane: “Manuscrito de D. José Alonso López, que no sabemos si se publicó o ha desarrollado en sus “Consideraciones Generales”, impresas en Madrid en 1820, anónimas”. Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, Fondo Víctor López Seoane. 

* (1820): ''Consideraciones Generales sobre varios puntos históricos, políticos y económicos, a favor de la libertad y fomento de los pueblos, y noticias particulares de esta clase, relativas al Ferrol y a su comarca'' Madrid: Imprenta de M. Repullés (T. I a V), Imprenta de Eusebio Álvarez (T. VI). Cun anexo con catorce láminas.

(Este artigo está feito con contidos procedentes de culturagalega.org e ligando a www.culturagalega.org, con LICENZA CREATIVE COMMONS 3.0).

== Notas ==
{{listaref|2}} 

== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
(Obras non citadas nas referencias)

* Argüelles, Agustín (1835): ''Exámen histórico de la reforma constitucional que hicieron las Córtes Generales y Estraordinarias desde que se instalaron en la Isla de León el día 24 de setiembre de 1810, hasta que cerraron en Cádiz sus sesiones en 14 del propio mes de 1813''. London: Imp. de Carlos Wood e Hijo.
* Artola, Miguel (1990): ''La Burguesía revolucionaria''. Madrid: Alianza Editorial.
* Barral Martínez, Margarita e Hervella García, Gustavo (2010): Alonso López y Noval, José, in ''Diccionario biográfico de parlamentarios españoles: [Cortes de Cádiz, 1810-1814]'', Mikel Urquijo Gotilla director editorial, Madrid: Cortes Generales; I: 185-188.
* Barreiro Fernández, X. R. (Coord.) (2003): ''Parlamentarios de Galicia: biografías de deputados e senadores (1810-2003)'', 2ª ed. correxida e aumentada. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia / A Coruña: Real Academia Galega.
* Belda, José e Labra, Rafael M. De (1912): ''Las Cortes de Cádiz en el oratorio de San Felipe. Notas históricas''. Madrid: Imp. de Fontanet.
* Blasco Ibáñez, Vicente (2007): ''Historia de la revolución española: las Cortes de Cádiz, Cádiz: Diputación Porvincial.
* Burgos Fernández, Juan José (2009): "José Alonso López en las Cortes de Cadiz: la abolición de Voto de Santiago", ''Nalgures'', 5: 65-76.
* Cabeza de León, Salvador (1945-1947): "Historia de la Universidad de Santiago de Compostela", Santiago: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
* Cal y Cortina, Rosa María Gabriela de (1999): "Memoria parlamentaria de D. Jose Alonso López: a súa contribución á formación do Estado liberal", ''Cadernos do Ateneo Ferrolán'', 14, Ferrol: Ateneo Ferrolán. 
* Cal y Ccortina, Rosa María Gabriela de (2000): ''Alonso López ou A razón da liberdade''. Ferrol: Concello de Ferrol, Concellería de Cultura.
* Díaz Andino, José (1933): "Don José Alonso López", ''Galicia en Madrid'', Órgano de Lar Gallego.
* Dopico, F. (1978): "José Alonso López, liberal e crítico das institucións do Antigo Réxime", ''Grial'', 16, 61: 257-266.
* Escrigas, Guillermo (1988): "José Alonso López, mariño e científico ferrolano". ''Ingenium'', '''1''': 129-131.
* España. Cortes Generales. Congreso (2010): Diario de sesiones. Serie histórica (Congreso de los Diputados), 1810-1813. Serie histórica 1. Cortes de Cádiz (24 sept. 1810 - 20 sept. 1813); 1820: Serie histórica 3. Legislatura de 1820 (9 jul. 1820 - 9 nov. 1820); 1821: Serie histórica 4. Legislatura de 1821 (1 marzo 1821 - 30 jun. 1821); 1821-1822: Serie histórica 5. Legislatura extraordinaria de 1821-1822 (22 sept. 1821 - 14 feb. 1822). Madrid: Congreso de los Diputados. 
* Fontana, Josep e Garrabou, Ramón (1986): ''Guerra y Hacienda: la Hacienda del gobierno central en los años de la Guerra de la Independencia: 1808-1814''. Alicante: Instituto Juan Gil-Albert.
* Fraga Vázquez, X. A. (1997): "Efectos en Galicia da renovación científica promovida por Sarmiento e outros ilustrados. A constitución da Academia de Gardas Mariñas e dos Colexios prácticos", in ''O Padre Sarmiento e o seu tempo''. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995). Santiago: Consello Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Vol, II, páxs. 405-427.
* Gayoso Carreira, Gonzalo (1967): "Papeletas Bibliográficas. Las "Consideraciones Generales" de José Alonso López", ''Cuadernos de Estudios Gallegos'', XXII, 66: 117-128.
* Gil Novales, Alberto (2010): ''Diccionario biográfico de España (1808-1833): de los orígenes del liberalismo a la reacción absolutista''. Madrid: Fundación Mapfre; I: 125.
* González Mariñas, Pablo (1996): "Alonso López y el Ferrol de su tiempo", ''Ferrol análisis'', '''10''': 6-11.
* La Parra López, Emilio (1985): ''El primer liberalismo y la Iglesia: las Cortes de Cádiz''. Alicante: Instituto Juan Gil-Albert.
* Labrada, Lucas (1804): ''Descripción económica del Reyno de Galicia''. Ferrol: Imp. de Lorenzo José Riesgo Montero.
* López Piñeiro, J. Mª, Navarro Brotóns, V. e Portela Marco, E. (1988): ''La actividad científica y tecnológica'', Volume 3º da ''Enciclopedia de Historia de España'', Madrid: Alianza Editorial, dirixida por Miguel Artola.
* Mato Domínguez, A. (1993): "Liberalismo e historicismo. A contemplación histórica de España como nación constitucional na obra de D. José Alonso López y Nobal", in Justo G. Beramendi (coord.), ''Galicia e a Historiografía''. Santiago: Tórculo Edicións; páxs. 159-181.
* Montero Y Aróstegui, José (1859): ''Historia y descripción de la ciudad y departamento naval del Farol''. Madrid: Imp. de Beltrán y Viñas.
* Murguía, Manuel (1862): ''Diccionario de escritores gallegos.'' Vigo: Juan Compañel editor.
* Peset, J. L. e Lafuente, A. (1987): ''El conocimiento y el dominio de la naturaleza. La época de la Ilustración'', T. XXXI da ''Historia de España'', Madrid: Espasa-Calpe, dirixida por José Mª Jover Zamora.
* Rodríguez Fernández, Mª Nieves (1957): "La representación gallega en las Cortes de Cádiz", Memoria de Licenciatura inédita, Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia.
* Salva, J. (1948): "La Compañía de Guardias Marinas de El Ferrol y su Cuartel", ''Revista General de Marina''. Suplemento 19.
* Sáenz Ridruejo, Fernando (1990): ''Ingenieros de caminos del s. XIX''. Madrid: Editorial AC.
* Vicceto, Benito (1865-1873): ''Historia de Galicia''. Ferrol: Nicasio Taxonera; T. VII: 508-514. Edición facsímil de 1979, Bilbao: La Gran Enciclopedia Vasca.

=== Outros artigos ===
* [[Constitución española de 1812]]
* [[Cortes de Cádiz]]
* [[Galicia nas Cortes de Cádiz]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=241 José Alonso López y Nobal. Da política como ciencia exacta. ''Álbum da Ciencia''] Consello da Cultura Galega. {{gl}} Consultada o 28/3/2012.

[[Categoría:Historia de España]]
[[Categoría:Guerra da Independencia española]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]
[[Categoría:Personalidades das matemáticas]]