Difference between revisions 2464656 and 2464660 on glwiki

{{FormatoWiki}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2012}}
Os [[Son|sons]] pódense clasificar en dúas ramas: '''deterministas e aleatorios.'''
[[Ficheiro:Esquema ondas.png|miniatura|Esquema das ondas.]]

== Os sons deterministas ==
Os sons deterministas pódense representar sempre a través dunha expresión matemática que indica o xeito no que varía a correspondente presión sonora en función do tempo; podemos coñecer a súa evolución temporal coñecendo a súa frecuencia e amplitude. Dentro deste grupo de sons atopamos como máis representativos os sons periódicos simples, os sons periódicos complexos e os transitorios.  Os sons periódicos clasifícanse a súa vez en sinusoidais e complexos.

[[Ficheiro:TonoPuro EspectroFrecuencial.jpg|miniatura|Ton puro e o seu espectro de frecuencia.]]
*'''Son periódico simple''' (ton puro)
É o tipo de son máis simple que existe, componse dunha única frecuencia constante que ten o seu espectro nunha sola liña.

[[Ficheiro:SonidoPeriodicoComplejo EspectroFrecuencial.jpg|miniatura|Son periódico complexo e o seu espectro de frecuencia.]]
*'''Son periódico complexo'''
Este son caracterízase por unha frecuencia de orixe, denominada fundamental ou primeiro harmónico, e un conxunto finito ( e as veces infinito) de frecuencias múltiplos desta.

*''[[Ficheiro:SonidoTransitorio EspectroFrecuencial.jpg|miniatura|Son transitorio e o seu espectro de frecuencia.]]
*'''Son transitorio'''
Este son é o resultante da brusca liberación de enerxía baixo a forma, por exemplo, dunha forte explosión.
Aparece repentinamente e ten unha duración breve. Estes sons conteñen un gran número de compoñentes de frecuencia que non gardan relación harmónica entre sí, senón que forman un espectro continuo.

== Os sons aleatorios ==
(contracted; show full)

Este ruído ten a mesma enerxía en tódalas oitavas, é por isto que a súa enerxía decae 3dB por oitava. Ao escoitalo, resulta máis escuro que o ruído branco.

No mundo do son o ruído rosa é moi empregado, por un lado o espectro é moi parecido ao da maioría dos instrumentos harmónicos, e por outro, dado que na maioría de gráficas se emprega una escala logarítmica no eixe horizontal, o ruído rosa vese como se tivera un espectro plano.


{{sencat}}