Difference between revisions 2485349 and 2504726 on glwiki'''Benás''' (en castelán ''Benasque'') é un municipio da provincia de [[Huesca]] ([[Aragón]]), situado no corazón dos [[Pireneos]] a 143 km da capital en dirección nordeste. Pertence ó partido xudicial de [[Boltaña]] e forma parte da comarca da [[La Ribagorza|Ribagorza]]. ==Xeografía== As súas coordenadas xeográficas son: 42º 37' N 0º 30' E. Localizase a 1.140 metros sobre o nivel do mar, xunto ó [[río Ésera]]. É centro neurálxico do [[Val de Benás]], chamado tamén o "Val Escondido", e municipio destacado da comarca, onde sobresae polos seus valores paisaxísticos e naturalistas, dado que aquí se atopa o [[Parque Natural de Posets-Maladeta]] e o [[pico Aneto]]. No seu termo municipal, que abarca 233,17 km², atópanse os belos pobos de [[Cerler-Sarllé]] e [[Anciles-Ansils]], o primeiro deles tamén famoso polas súas pistas de esquí. A súa poboación é de 2.025 habitantes (2004) e o seu xentilicio: benasqués. Filoloxicamente é coñecido por ser o lugar de encontro do [[catalán]] e do [[aragonés]] e falarse un dialecto de transición chamado [[patués]]. Tradicionalmente ten estado moi illada tanto de [[Francia]] como do resto de [[Aragón]] (incluso máis). Pensemos que antes da construción do congosto de ventamillo (en torno a 1916), chegar até [[Graus]] costaba un día de viaxe, que unicamente se podía facer andando ou sobre cabalerías. A viaxe a [[Bagnères de Luchón]] costaba (e segue a costar) máis de 10 horas. ==Historia== Probablemente fundada polos [[Imperio Romano|romanos]], que construíron os primeiros baños de auga sulfurosa na súa actual situación, aínda que este feito non está documentado. A referencia documental máis antiga, o Rótulo de Benás, data de [[1006]] a [[1018]]. Dende o [[século XI]] pertenceu ó [[Condado de Ribagorza]], parte do [[Reino de Aragón]]. A poboación sufriu variacións na historia, alcanzando un máximo en 1870 (1.750 habitantes) e un mínimo en 1970 (574 habitantes). Xa no [[século XXI]] se volveu acadar un novo máximo. ==Personaxes importantes== *D. [[Antonio Cornel Ferraz Doz e Ferraz]] (Benás, 1745 - [[Valencia - València|Valencia]], 1821). Militar e político. Foi Ministro da Guerra en [[1809]]. Construíu o edificio dos Baños de Benás. Amigo da [[Duquesa de Alba]]. *[[Valentín Ferraz e Barrau]] (Anciles, 1793 - [[O Escorial]], 1860). Militar e político. Loitou na [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] e nas guerras coloniais en [[América]] e [[Filipinas]]. De ideoloxía liberal, foi deputado, senador, Ministro da Guerra por tres veces e alcalde de [[Madrid]]. ==Sucesos relevantes== En [[1660]] sufriu un forte terremoto. A zona pirenaica ten unha moderada actividade sísmica, polo que se producen con certa frecuencia pequenos tremores. Nos anos [[1727]], [[1834]] e [[1925]] producíronse grandes avenidas do río Ésera que causaron numerosos danos, entre eles a destrución das pontes. Situado nun alto ó norte do pobo, existía dende o [[século XIII]] un castelo que foi mandado demoler por Real Decreto en [[1858]]. Durante a [[Guerra Civil española]], un incendio destruíu boa parte da vila. En [[1939]] o porto de Benás foi testemuña dunha dura travesía de [[Segunda República Española|republicanos]] que fuxían a Francia. ==Economía== Aínda que a economía xirou tradicionalmente en torno á gandería e en menor medida á agricultura e silvicultura, nas últimas décadas estas actividades practicamente desapareceron, pasando a ser o turismo a actividade central. No primeiro terzo do [[século XX]] estoupaba unha mina de [[pirita]]s máis arriba de Cerler. O seu produto baixábase nun teleférico de máis de 3 km de lonxitude, cuxos restos aínda hoxe se poden apreciar uns 500 metros antes da entrada de Benás. A creación e expansión da estación de esquí de Cerler, así como o crecente turismo de montaña teñen impulsada a construción de numerosos hoteis, edificios de apartamentos, restaurantes, comercios e demais establecementos relacionados. ==Eventos== Festas patronais en honor de [[San Marcial]] que se celebran o [[30 de xuño]]. Cerler celébraas o [[10 de agosto]] ([[San Lourenzo]]) e o [[29 de abril]] ([[San Pedro Mártir]]). Anciles faino o [[29 de xuño]] ([[Pedro, papa|San Pedro]]). Desde [[1994]] vén funcionando en verán o ''Benasque Center for Science'', no que científicos de diferentes países teñen a oportunidade de traballar e intercambiar ideas nun entorno agradable. Desde [[1981]] celébrase tódolos veráns o Torneo "Open Internacional de Xadrez Vila de Benás" ==Ligazóns externas== *[http://www.cerler.es Web Benasque Cerler] [[Categoría:Concellos de Huesca]] [[an:Benás]] [[ca:Benasc]] [[de:Benasque]] [[en:Benasque]] [[es:Benasque]] [[eu:Benasque-Benás]] [[fr:Benasque]] [[it:Benasque]] [[nl:Benasque]] [[oc:Benás]] [[pl:Benasque]] [[pt:Benasque]] [[ru:Бенаске]] [[uk:Бенаске]] [[uz:Benasque]]⏎ [[war:Benasque]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=2504726.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|