Difference between revisions 2492077 and 2492078 on glwiki

{{lixo|o contido levouse en forma de seccion ao artigo [[Son]]}}
{{Fusión|Son}}
{{FormatoWiki}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2012}}
Os [[Son|sons]] pódense clasificar en dúas ramas: '''deterministas e aleatorios.'''
[[Ficheiro:Esquema ondas.png|miniatura|Esquema das ondas.]]

== Os sons deterministas ==
Os sons deterministas pódense representar sempre a través dunha expresión matemática que indica o xeito no que varía a correspondente presión sonora en función do tempo; podemos coñecer a súa evolución temporal coñecendo a súa frecuencia e amplitude. Dentro deste grupo de sons atopamos como máis representativos os sons periódicos simples, os sons periódicos complexos e os transitorios.  Os sons periódicos clasifícanse a súa vez en sinusoidais e complexos.

(contracted; show full)

Este ruído ten a mesma enerxía en tódalas oitavas, é por isto que a súa enerxía decae 3dB por oitava. Ao escoitalo, resulta máis escuro que o ruído branco.

No mundo do son o ruído rosa é moi empregado, por un lado o espectro é moi parecido ao da maioría dos instrumentos harmónicos, e por outro, dado que na maioría de gráficas se emprega una escala logarítmica no eixe horizontal, o ruído rosa vese como se tivera un espectro plano.


{{sencat}}