Difference between revisions 2492849 and 2574393 on glwiki

[[Ficheiro:Atnag.png|miniatura|Atnag, [[software libre]] para crear actividades educativas para [[educación infantil]].]]
'''Atnag''' é un programa de autor realizado polo francés [[Gérard Sellés]]. Unha ferramenta que funciona baixo [[Linux]] e permite crear diferentes tipos de actividades [[educación|educativas]], especialmente indicadas para o alumnado de [[educación infantil]] e o primeiro ciclo de [[educación primaria]]. Foi traducido ao galego por [[Xosé Antón Vicente Rodríguez]].

==Actividades==
*'''Esponxa''': Para deseñar unha actividade coa que acadar destreza no manexo do [[rato (informática)|rato]], borrando ou cubrindo un debuxo.

*'''Clic''': Para seguir mellorando a destreza co rato sobre un elemento, xa sexa desprazándoo ou facendo clic co botón esquerdo.

*'''Memoria''': Para atopar figuras idénticas abríndoas de dúas en dúas.

*'''Memoria 2''': Asociando as cartas con un son ou texto (moi interesante na aprendizaxe de [[lingua estranxeira|linguas estranxeiras]]).

*'''Intruso''': Atopar entre doce elementos aquel que non é igual aos demais.

*'''[[Dominó]]''': Permite deseñar un xogo no que o alumnado debe completar ou construír as dúas caras dun conxunto de dominó.

*'''Número (cantidade)''': Hai que contar o número de elementos da pantalla.

*'''Número (relación)''': Cómpre atopar os valores de todas as caras do dominó que corresponden co valor que indica o dado, tirado ao chou.

*'''Caída (letras-números)''': Débese impedir que as letras, sílabas, palabras ou números que descendan toquen o chan, premendo antes a letra, sílaba, palabra ou número no teclado.

*'''Xeoformas''': Consiste en construír e colorear un debuxo dado con figuras xeométricas (círculos, cadrados, triángulos), segundo o modelo proposto.

*'''Formas e cor''': Atopar a través dunha serie de debuxos construídos por formas xeométricas -divididas en catro partes e coloreada cada zona- unha forma concreta segundo as cores que a constitúen.

*'''[[Labirinto]]''': O alumno terá que moverse utilizando as frechas de dirección no labirinto. Hai varias opcións para este xogo.

*'''A oca''': O alumno terá que moverse no taboleiro do [[xogo da oca]], segundo o número de casiñas determinado por unha tirada aleatoria.

*'''Seleccionar (tamaño)''': Para atopar nun conxunto de elementos o obxecto concreto segundo a orde dada.

*'''Clasificar (tamaño)''': Débese clasificar un conxunto de elementos segundo a orde dada.

*'''Test''': Hai que escoller unha resposta entre varias, para cada unha das preguntas propostas.

*'''Letras e números''': Consiste en facer desfilar unha serie de fotos, premendo a primeira letra do obxecto representado para poder pasar á seguinte.

*'''Cadro de dobre entrada''': Cómpre acertar unha serie de asociacións nun cadro de dobre entrada.

*'''[[Crebacabezas]]''': Deberase construír un crebacabezas. Diferentes posibilidades como asociar sons, ordenar secuencias...

*'''Colorear 1''': Colorear libremente ou segundo a orde dada.

*'''Colorear 2''': Con etiquetas, reproducir un debuxo de modelo, ordenar frases,...

*'''Relacionar 1''': Para establecer relacións segundo diferentes criterios: círculo-óvalo, cor, dentro-fóra.

*'''Relacionar 2''': Relacións segundo varios criterios: Valores.

*'''Lectura''': Permite a clasificación dos nomes das imaxes por letras, sílabas, [[fonema]]s, asociación, [[ortografía]], plurais.

*'''Bits I''': A partir deste motor é posible aplicar na aula o [[método de estimulación temperá]] de [[Glenn Doman]]. Imaxes e texto.

*'''Bits II''': Bits de intelixencia e contos.

*'''Bits III''': Contos con texto.

*'''Bits IV''': Aprendizaxe de conceptos matemáticos de cantidade e resta de cantidades.

*'''Bits V''': suma ou resta.

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.atnag.org/ Páxina principal]
*[http://www.cor-edux.org/modules.php?op=modload&name=dpHtml&file=tdm/ Documentación]
*[http://www.cor-edux.org/mailman/listinfo/ATNAG-usuarios-es/ Lista de distribución en español de usuarios de Atnag]
*[http://engalego.blogspot.com/2007_02_01_archive.html Blog do tradutor ao galego]

[[Categoría:Aplicacións]]

[[es:Atnag]]
[[ml:സ്വതന്ത്ര സോഫ്‌റ്റ്‌വെയര്‍]]
[[sq:Program kompjuterik i lirë]]
[[tl:Malayang software]]