Difference between revisions 2546161 and 2548326 on glwiki{| border="1" cellspacing="0" align="right" cellpadding="2" |----- ! bgcolor="pink" | Mouchos |----- | align="center" | [[Ficheiro:Northern_Spotted_Owl.USFWS-thumb.jpg|170px]]<br /> <small>''[[Moucho manchado norteño]]''</small> |----- ! bgcolor="pink" | [[Clasificación científica]] |----- | {| align="center" |----- | [[Reino (bioloxía)|Reino]]: || [[Animalia]] |----- | [[Phylum (bioloxía)|Filo]]: || [[Chordata]] |----- | [[Clase (bioloxía)|Clase]]: || [[Aves]] |----- | [[Orde (bioloxía)|Orde]]: || '''Strigiformes''' |} |----- ! bgcolor="pink" | [[Familia (bioloxía)|Familias]] |----- | [[Strigidae]]<br /> [[Tytonidae]] |} Un '''moucho''' é calquera das máis de 200 [[especie]]s de [[aves de rapina nocturnas]] solitarias da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[Strigiformes]]. Os mouchos xeralmente cazan pequenos [[mamífero]]s, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na caza de [[peixe|peixes]]. Están distribuídos por tódolos continentes, agás na [[Antártida]] e a meirande parte de [[Grenlandia]], e nalgunhas illas remotas. Os mouchos teñen grandes ollos e orellas que miran para adiante, un bico [[aguia|aquilino]] e un rechamante círculo de plumas ao redor dos ollos chamado ''disco facial''. Aínda que os mouchos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que xirar toda a súa cabeza para mirar cara a outra dirección. Son hipermétropes e non poden ver nada a uns centímetros dos seus ollos. Non obstante, a súa visión, particularmente con luz baixa, é excelente. Moitos mouchos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son producido por roedores cara aos seus oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e deste xeito oír os ruídos ou os zunidos que se producen no chan. Malia a súa aparencia, os mouchos están máis directamente relacionados coas aves da [[orde (bioloxía)|orde]] dos [[Caprimulgiformes]] que cos [[falcón]]s e outros predadores diúrnos ([[Falconiformes]]). Os ovos de moucho son brancos e case esféricos. Os seus niños constrúenos rudimentariamente e poden estar situados en árbores, en tobos, en alpendres e covas. ==Mitoloxía== [[Ficheiro:Eagle.owl.arp.750pix.jpg|150px|miniatura|esquerda]] Os mouchos asócianse tradicionalmente coa sabedoría e a deusa [[Atenas]], aínda que os [[corvo]]s e outras aves comúns son máis intelixentes. Na cultura [[xapón|xaponesa]] os mouchos son símbolos da [[morte]] e ver un considérase de má sorte. O mesmo ocorre na cultura [[Romanía|romanesa]], e escoitar o son producido polos mouchos é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é parecido a un laído. Os [[roma]]nos considerábanos aves funerarias por mor das súas actividades nocturnas e por teren os seus niños en lugares pouco accesíbeis, polo que ver un moucho polo día considerábase de má sorte.ME CAGO EN DIOOOOS!!!! QUIEN VUELVA A QUITA RESTO LO MATARAN LOS MOUCHOS, LE ATACARÁN POR LA NOCHE Y LE COMERAN LOS PEZONES(SEA TIO O TIA) JAJAJAJAJAJAJA LOS MOUCHOS SON MAAAALOSD: JAJAJAJA TE VAN A MATAR JOPUTA! [[Categoría:Estrixiformes]] [[da:Ugler]] [[de:Schleiereulen]] [[es:Búho]] [[jv:Dares]] [[nl:Strigiformes]] [[zh:鸮形目]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=2548326.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|