Difference between revisions 2563756 and 2720734 on glwiki

{{outroshomónimos|San Mariño (homónimos)}}
{{País 
| nome_oficial = <small>Repubblica di San Marino</small><br /><br />República de San Mariño
| nome_curto = San Mariño
| imaxe_bandeira = Flag of San Marino.svg
| imaxe_escudo = Coat of arms of San Marino.svg
| imaxe_escudo_tamaño = 100px
| imaxe_mapa = Location San Marino Europe.png
| lema_nacional = Libertas<br /><small>([[lingua latina|Latín]]: Liberdade)</small>
| himno_nacional = [[Inno Nazionale della Repubblica]]
| capital = [[Cidade de San Mariño|San Mariño]]
| capital_poboación = 4.493 ([[2003]])
| cidade_principal = [[Serravalle]]
| idiomas = [[Lingua italiana|Italiano]]{{Infobox ref|1}}
| goberno = [[República parlamentaria]]
| dirixentes_títulos = [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]]
| dirixentes_nomes = [[Stefano Palmieri]]<br />[[Francesco Mussoni]]
| fundación = [[Independencia]]
| fundación_hitos = &nbsp;• Data
| fundación_datas = do [[Imperio Romano]]<br />[[3 de setembro|3 de set.]] de [[301]]
| superficie = 61,2
| superficie_posto = 220
| superficie_auga = 0
| fronteiras = 39
| costas = 0
| poboación = 29.973 <small>([[2008]] est.)</small>
| poboación_posto = 209
| poboación_densidade = 489
| PIB = [[Dólar estadounidense|US$]] 1.662 millóns
| PIB_ano = 2008
| PIB_posto = 172
| PIB_per_cápita = [[Dólar estadounidense|US$]] 41.900
| PIB_nominal = [[Dólar estadounidense|US$]] 1.048 millóns
| PIB_nominal_ano = 2008
| PIB_nominal_posto = 167
| PIB_nominal_per_cápita = [[Dólar estadounidense|US$]] 41.570
| moeda = [[Euro]]{{Infobox ref|2}}
| moeda_símbolo = €
| moeda_iso = EUR
| xentilicio = Sanmariñense
| horario = [[CET]] ([[UTC]]+1)
| horario_verán = [[CEST]] ([[UTC]]+2)
| cctld = .sm
| código_telefónico = 378{{Infobox ref|3}}
| prefixo_radiofónico = T7A-T7Z
| código_ISO = 674 / SMR / SM
| miembro_de = [[ONU]], [[OSCE]], [[Consello de Europa|COE]]
| nota1 = Está tamén amplamente difundida a [[lingua emiliano-romañola]] ou [[sanmariñense]].
| nota2 = Antes de [[2002]] a [[lira sanmariñense]].
| nota3 = 0549 dende [[Italia]].
}}
'''San Mariño''', oficialmente '''República de San Mariño''', (en [[lingua italiana|italiano]]: ''San Marino'', tamén coñecida como ''Serenísima República de San Mariño'') é unha [[república]] situada nos [[Apeninos]], [[enclave|encravada]] no interior de [[Italia]], e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en [[Europa]] á [[Cidade do Vaticano]] e a [[Mónaco]]. Ademais con preto de 30.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de [[Consello de Europa]]. Con todo, non pertence á [[Unión Europea]]

A República de San Mariño é a [[república]] [[soberanía|soberana]] [[constitución|constitucional]] máis antiga do mundo aínda existente, sendo fundada, segundo a tradición, o [[3 de setembro]] de [[301]] por un canteiro chamado [[Mariño diácono|Mariño]], o cal deu nome ao país. A lenda di que Mariño fuxiu dende a costa [[Dalmacia|dálmata]], naquel entón [[Colonialismo|colonia]] [[Imperio Romano|romana]], no ano [[257]] cando o futuro emperador [[Diocleciano]] emitiu un decreto chamando á reconstrución das murallas de [[Rimini]] destruídas por [[pirata]]s libúrnios, refuxiándose no [[Monte Titano]]. A súa capital é a [[cidade de San Mariño]].

A Constitución de San Mariño, promulgada no ano [[1600]], é a máis vella do mundo aínda en exercicio.<ref>[http://www.loc.gov/law/help/guide/nations/sanmarino.html Guide to Law Online: San Marino]</ref> Estabelece unha forma [[Parlamentarismo|parlamentar]] de goberno, o cal está composto polo parlamento, chamado [[Consello Grande e Xeral]], presidido por dous [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]], que son Xefes de Estado por un prazo de seis meses e polo Congreso de Estado, formado de dez conselleiros escollidos entre os membros do Consello Grande e Xeral.

== Historia ==
[[Ficheiro:San Marino La Cesta o Fratta.jpg|miniatura|esquerda|Castelo da Cesta, unha das "Tres Torres" de San Mariño.]]
San Mariño considerase a [[república]] máis antiga que aínda sobrevive ao fundarse, segundo a tradición, o [[3 de setembro]] do ano [[301]] polo construtor [[Mariño o Dalmata]], un [[canteiro]] cristián que fuxiu das costas [[Croacia|croatas]] debido á persecución dos cristiáns levada a cabo polo [[Imperio Romano|emperador romano]] [[Diocleciano]], agochándose finalmente no cumio do [[Monte Titano]], o máis alto do sete que posúe San Mariño, e fundando unha pequena [[comunidade|comunidade cristiá]]. A [[propiedade|propietaria]] do terreo era dunha muller de [[Rimini]], que ao final lles deixou en [[herdeiro|herdanza]] o territorio, logrando manter a súa independencia ao longo dos anos, pese as disputas polas familias dos Rimini e Montefeltro.

Aínda que está demostrado que o lugar estibo habitado dende [[Prehistoria|tempos prehistóricos]], non foi até finais do [[século IX]] cando aparece a primeira constancia da existencia dun estado [[soberanía|soberana]] na zona que, en memoria do canteiro, foi chamada "Terra de San Mariño", non sendo até tempo despois que se lle deu o nome de "república". O [[Goberno]] estaba composto por unha [[asemblea]] chamada ''Arengo'', composta por todos os [[pai|cabezas de familia]], estabelecéndose finalmente en [[1243]] a figura dos [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]] (''Capitani Reggenti'') para actuar como [[Xefe de Estado|xefes de estado]]. As primeiras [[lei]]s datan de [[1263]], e o [[Vaticano]], nese tempo ao mando do [[papa]] [[Nicolao IV, papa|Nicolao IV]], recoñeceu a súa [[independencia]] no ano [[1291]].

O territorio da república consistía unicamente no [[Monte Titano]] até [[1463]], cando entrou na alianza contra Sexismundo Pandolfo Malatesta, Señor de Rimini, que sería derrotado. Debido a iso o [[Papa]] [[Pío II]] cedeu a San Mariño as [[cidade]]s de [[Fiorentino]], [[Montegiardino]], e [[Serravalle]], e ese mesmo ano a cidade de [[Faetano]] uniuse á república pola súa propia vontade. Desde entón, a [[superficie]] da república permaneceu invariable.

No [[1503]] producise a primeira das tres ocupacións militares do territorio sanmariñense, neste caso levada a cabo por César Borgia, que invadiu a república até pouco antes da súa morte uns meses despois. Case un século despois foi redactada unha [[Constitución]], concretamente o [[8 de outubro]] de [[1600]], documento que aínda segue vixente, sendo o máis antigo do mundo en facelo actualmente. En [[1739]], o Cardeal Alberoni volveu invadir o pequeno Estado pero a [[desobediencia civil]] e as [[manifestación|protestas]] ante o [[Clemente XII, papa|Papa Clemente XII]] para obter [[xustiza]] deron resultado. 
O estado foi recoñecido por [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] en [[1797]] e no [[Congreso de Viena]] en [[1815]]. Debido á [[Risorgimento|unificación]] da [[Península Itálica]], a independencia de San Mariño tivo que selarse cun tratado en [[1862]] coa emerxente [[Italia|República Italiana]], que foi revisado e corroborado en [[1939]] e [[1971]]. 

Xa no [[século XX]], unha revolución pacífica restaurou en [[1906]] o sistema electivo do [[Consello Grande e Xeneral de San Mariño|Consello Xeral]] (órgano supremo do Estado), que se convertera durante os século nun clan pechado. Durante a [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e [[Segunda Guerra Mundial|Segunda Guerras Mundiais]] seguiu os destinos do seu [[Italia|veciño transalpino]], sendo ocupada (por terceira e última vez) en [[1943]] por orde de [[Hitler]], recuperada logo polos [[aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] volveu ser tomada de novo polos [[Alemaña nazi|alemáns]], sendo finalmente liberada en [[1945]]. Restaurada a [[democracia]], unha coalición de [[socialista]]s e [[comunista]]s gobernou até [[1957]], en que foron desprazados polos [[democristián]]s, quen desde [[1973]] constituíron cos socialistas un goberno de coalición. De aí viría un tempo de gobernos de curta duración até [[1978]], cando os [[comunista]]s recuperaron o poder, aínda que debido a un escándalo financeiro perderon o poder, acadándoo de novo, cunha alianza cos [[democristián]]s, en [[1993]] e [[1998]].

San Mariño ingresou no [[Consello de Europa]] como membro de pleno dereito en [[1988]], presidindo a organización na primeira metade do ano [[1990]]. Ademais converteuse en membro de [[Nacións Unidas]] en [[1992]], e adoptou o [[euro]] en [[2002]] como [[divisa|moeda nacional]], a pesar de non pertencer á [[Unión Europea]]. É así a única [[cidade-estado]] itálica que aínda sobrevive, sendo xunto co Vaticano o único país [[Europa|europeo]] completamente rodeado por outro. A pesar de ser un país soberano, depende en gran medida de [[Italia]], pola que está completamente rodeada dende a unificación do país no [[século XIX]]. Con todo, co fin de diminuír a súa dependencia da [[Italia|República Italiana]], veu conformando unha serie de acordos con [[Suíza]] nos campos [[política|político]], [[economía|económico]] e [[sociedade|social]]. Esta alianza abriu o camiño a un novo tipo de relacións diplomáticas, pioneiras no [[século XXI]], pero que lembran, vagamente, ás relacións internacionais de época medieval.

== Xeografía ==
[[Ficheiro:Monte Titano.jpg|miniatura|[[Monte Titano]].]]
San Mariño é un [[enclave]] de Italia, na fronteira entre as [[subdivisións de Italia|rexións]] de [[Emilia-Romaña]] e [[Marche]]. A súa [[topografía]] está dominada polos [[Apeninos]], tendo un terreo accidentado, sendo o 17% do mesmo arable. O punto máis alto do país é o [[Monte Titano]]<ref>[http://www.meteosanmarino.com/webcamNE.htm Live view]</ref>, situado a 749 metros de altitude sobre o nivel do mar. Non hai ningún corpo de auga cun tamaño significativo, aínda que algúns ríos atravesan o país, sendo os máis importantes o Ausa, o Marano e o San Mariño. Segundo [[Adena / WWF|WWF]], o territorio de San Mariño pertence á ecorrexión denominada bosque esclerófilo e semicaducifolio de [[Italia]]. 

O [[clima]] é [[clima mediterráneo|mediterráneo]] con influencias continentais, con veráns cálidos e invernos fríos. O Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Mariño proporciona prognósticos locais.<ref>[http://www.meteosanmarino.com Meteo San Mariño - Centro Nacional de Meteoroloxía e Climatoloxía de San Mariño]</ref> Cun tamaño de 61,2 km² e 39 km de fronteiras, todas con [[Italia]], San Mariño é o terceiro Estado máis pequeno de [[Europa]], só superando á [[Cidade do Vaticano]] e [[Mónaco]], sendo até a [[independencia]] de [[Nauru]] en [[1968]], o estado [[república|republicano]] máis pequeno do mundo.

== Política e goberno ==
{{VT|Consello Grande e Xeral|Capitán Rexente de San Mariño}}
[[Ficheiro:Captains Regent Tomassoni, Rossi, Mancini and Selva.jpg|miniatura|dereita|Antigos [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]] Mirko Tomassoni, Alessandro Rossi, Alessandro Mancini e Alberto Selva.]]
[[Ficheiro:San Marino statua della libertà.jpg|miniatura|Palazzo Pubblico da [[Cidade de San Mariño]] coa estatua da liberdade.]]
A política de San Mariño lévase a cabo no marco dunha [[república]] [[parlamentarismo|parlamentaria]] [[Democracia directa|demócrata representativa]], na que os dous [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]] son os [[Xefe de Estado|Xefes de Estado]] e dun sistema pluripartidista. O [[poder Executivo]] é exercido polo [[goberno]], o [[poder lexislativo|lexislativo]] polo no goberno e o [[Consello Grande e Xeral]], sendo o [[poder xudicial|xudicial]] independente dos dous anteriores. San Mariño orixinalmente foi dirixida polo Arengo, formado inicialmente cos xefes de cada familia, non sendo até o [[século XIII]] cando se creou un organismo de goberno chamado [[Consello Grande e Xeral]], sendo nomeados en [[1243]] os dous primeiros [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]] nomeados polo propio Consello. Este método de designación segue aínda vixente en hoxe en día.

O órgano lexislador da República é o [[Consello Grande e Xeral]] (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Consiglio Grande e Generale''). O Consello é un órgano [[unicameral]] composto por sesenta membros, sendo elixidos os conselleiros cada cinco anos baixo un sistema de representación proporcional nos nove distritos administrativos. Estes distritos corresponden ás antigas [[Parroquia civil|parroquia]]s da República, onde poden exercer o seu dereito ao voto tódolos [[cidadán]]s maiores de dezaoito anos. Ademais da lexislación xeral, o Consello Grande e Xeral aproba os [[orzamento]]s e elixe aos ''[[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]]'', ao ''Congreso de Estado'' (composto por dez secretarios con poder executivo), ao ''Consello dos Doce'' (que exercen o [[poder xudicial]] durante o período de lexislatura do Consello), ás ''Comisións de Asesoramento'' (que examinan, propoñen e debaten sobre a aplicación de novas leis) e as ''Unións de Goberno''. O Consello tamén ten a facultade de ratificar os tratados con outros países.

Cada seis meses o Consello elixe dous [[Capitán Rexente de San Mariño|Capitáns Rexentes]] para ser os xefes de Estado. Os Rexentes son elixidos polos partidos opositores de modo que hai un equilibrio de poder. A investidura dos Capitáns Rexentes lévase a cabo o [[1 de abril]] e o [[1 de outubro]] de cada ano. Unha vez que remata o prazo de rexencia os cidadáns teñen tres días para presentar queixas sobre as actividades dos Capitáns, e se así se xustificase, comezarían os procedementos xudiciais contra antigo Xefe ou Xefes de Estado. Esta práctica de ter múltiples cabezas de Estado, así como a repetición frecuente da elección dos mesmos, derívanse directamente dos costumes da [[República Romana]], sendo o Consello é equivalente ao [[Senado romano]] e os Capitáns Rexentes ao [[Cónsul romano|cónsul]].

Os dous principais [[partido político|partidos políticos]] son o Partido Demócrata Cristiá Sanmariñense (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Partito Democratico Cristiano Sammarinese'', PDCS) e o Partido dos Socialistas e Demócratas (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Partito dei Socialisti e dei Democratici'', PSD), resultante da fusión do Partido Socialista Sanmariñense (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Partito Socialista Sammarinese'', PSS) e dos antigos comunistas Partido dos Demócratas (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Partito dei Democratici'', PD). Ademais dos dous principais existen unha serie de partidos máis pequenos, como a Refundación Comunista Sanmariñenese (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Rifondazione Comunista Sammarinese'', RCS). Debido ao pequeno tamaño de San Mariño e a súa baixa poboación, é difícil para calquera partido acadar unha maioría absoluta, así que o goberno adoita estar formado por coalicións. O [[1 de outubro]] de [[2007]] Mirko Tomassoni foi elixido como Capitán Rexente, sendo primeira persoa con discapacidade elixida para o posto.<ref>[http://www.repubblica.it/2007/10/sezioni/esteri/disabile-san-marino/disabile-san-marino/disabile-san-marino.html San Marino, primo capo di Stato disabile "Via tutte le barriere architettoniche"]</ref>

=== Subdivisións administrativas ===
San Mariño está dividido en nove [[concello]]s, coñecidas localmente como Castelli (do [[lingua italiana|italiano]]: ''castelos''), que tamén teñen a consideración de cidades.

[[Ficheiro:San Marino.png|miniatura|dereita|320px|Mapa dos concellos da República de San Mariño]]
{| class="sortable wikitable"
! scope="col" class="unsortable"| Bandeira
! scope="col" class="unsortable"| Escudo
! scope="col" | Nome
! scope="col" | Poboación
! scope="col" | Área (km²)
! scope="col" | Densidade
|-
| [[Ficheiro:Castello di Acquaviva.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Acquaviva]]
| [[Ficheiro:Acquaviva.JPG|25px|border|centro|Escudo de Acquaviva]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Acquaviva]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.812
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 4,86
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 372,84
|-
| [[Ficheiro:Castello di Borgo maggiore.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Borgo Maggiore]]
| [[Ficheiro:Borgo Maggiore.JPG|25px|border|centro|Escudo de Borgo Maggiore]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Borgo Maggiore]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 5.992
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 9,01
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 665,04
|-
| [[Ficheiro:Castello di Chiesanuova.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Chiesanuova]]
| [[Ficheiro:Chiesanuova.JPG|25px|border|centro|Escudo de Chiesanuova]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Chiesanuova]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.029
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 5,46
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 188,46
|-
| [[Ficheiro:Castello di Domagnano.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Domagnano]]
| [[Ficheiro:Domagnano.JPG|25px|border|centro|Escudo de Domagnano]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Domagnano]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 2.174
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 6,62
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 328,40
|-
| [[Ficheiro:Castello di Faetano.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Faetano]]
| [[Ficheiro:Faetano.JPG|25px|border|centro|Escudo de Faetano]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Faetano]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.081
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 7,75
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 139,48
|-
| [[Ficheiro:Castello di Fiorentino.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Fiorentino]]
| [[Ficheiro:Fiorentino.JPG|25px|border|centro|Escudo de Fiorentino]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Fiorentino]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 2.120
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 6,57
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 322,67
|-
| [[Ficheiro:Castello di Montegiardino.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Montegiardino]]
| [[Ficheiro:Montegiardino.JPG|25px|border|centro|Escudo de Montegiardino]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Montegiardino]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 793
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 3,31
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 239,58
|-
| [[Ficheiro:Flag of City of San Marino.png|45px|border|centro|Bandeira de San Mariño]]
| [[Ficheiro:Città di San Marino.JPG|25px|border|centro|Escudo de San Mariño]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Cidade de San Mariño|San Mariño]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 4.493
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 7,09
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 633,71
|-
| [[Ficheiro:Castello di Serravalle.jpg|45px|border|centro|Bandeira de Serravalle]]
| [[Ficheiro:Serravalle.JPG|25px|border|centro|Escudo de Serravalle]]
! scope="row" style="text-align: left;" | [[Serravalle]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 9.394
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 10,53
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 892,12
|}

== Economía ==
{{AP|Economía de San Mariño}}
{{VT|Lira sanmariñense}}
[[Ficheiro:1 euro coin Sm serie 1.png|miniatura|Moeda de 1[[€]] de San Mariño.]]
A pesar de non ser moi industrializado, San Mariño ten unha das maiores [[Lista de países por PIB (PPA) per cápita|rendas per cápita]] de [[Europa]]. O [[turismo]] representa máis do 50% do [[PIB]], máis de tres millóns de visitantes en [[1997]], debido en gran medida á súa proximidade con [[Rimini]] e ao [[Mar Adriático]]. Tamén son importantes a banca, a [[electrónica]] e a [[cerámica]]. Os produtos agrícolas son o [[viño]] e os [[cereal|cereais]], ademais do [[queixo]] e o cría de [[ovino]]s nos campos. Un número considerable de habitantes do país traballa na cidade italiana de [[Rimini]] polo que, para facilitar o desprazamento dos seus habitantes, existe unha liña de ómnibus internacional que liga a cidade de San Mariño á [[Italia|italiana]]. Con todo, como o país está constituído principalmente sobre o [[Monte Titano]], non é posible para o autobús chegar ao cumio, por iso existe un sistema de teleférico que transporta seus habitantes até as partes máis altas con intervalos de 15 minutos entre unha viaxe e outra.

Aínda que a república non é un membro oficial da [[Eurozona]], permíteselle usa-lo [[Euro]] coma [[divisa|moeda nacional]] en virtude de acordos có [[Consello da Unión Europea]], podendo estampar o seu propio deseño nacional na cara correspondente.
Antes do euro a moeda era a [[lira de San Mariño]], que era intercambiable coa [[lira italiana|italiana]]. Tanto a lira como o euro do país, ao ser producidas en pequeno número, están moi cotizadas no mercado dos [[numismática|coleccionistas]]. 
Os [[selo postal|selos postais]], só válidos para a república, son maioritariamente vendidos para a [[filatelia]], representando un importante capítulo dos ingresos. Dende [[1997]] o nivel de vida do país veu incrementándose por riba do italiano debido a un incipiente crecemento económico no sector financeiro do país.

=== Fiscalidade ===
[[Ficheiro:Panoramic SanMarino Adriatic matl.jpg|miniatura|San Mariño.]]
A taxa de imposto sobre as ganancias corporativas en San Mariño é do 19 por cento. As ganancias de capital están suxeitas a un imposto do cinco por cento e os xuros están suxeitos a un 13 por cento de imposto de retención. En [[1972]], foi introducido en [[Italia]] o Imposto ao Valor Engadido (IVE), sendo aplicado tamén en San Mariño en conformidade co tratado de amizade de [[1939]]. Ademais tamén se estabeleceu un imposto sobre os bens importados, con todo, non foron e non son aplicados aos produtos nacionais. Até [[1996]] os produtos fabricados e vendidos en San Mariño non estaban suxeitos aos impostos indirectos. No marco de acordo da Unión Aduaneira Europea, San Mariño segue a recadar impostos, o equivalente a un dereito de importación, das mercadorías importadas. Ademais, introduciuse un IVE xeral, en substitución do IVE italiano.

== Demografía ==
[[Ficheiro:Basilica del Santo.jpg|miniatura|Catedral da [[Cidade de San Mariño]].]]
{{AP|Demografía de San Mariño}}
A República de San Marino é un estado de só tan 61,5 km² de superficie, o que o converte no segundo estado máis pequeno de [[Europa]]. Posúe preto de 30.000 habitantes (29.973 estimados en [[2008]]), tendo así unha densidade de poboación de 489 habitantes/km². O cultivo, a cría de ovellas, e o traballo da pedra nas canteiras forman a columna vertebral da economía de San Mariño. Non ten os recursos minerais, e hoxe en día a maioría das terras están aradas ou cubertas por bosques.

A poboación, composta basicamente por sanmariñenses nativos e italianos, segue unha tendencia de crecemento: no primeiro censo de [[1864]] a poboación era de 7.080, no segundo ([[1874]]) de 7.464, no terceiro ([[1899]]) de 9.359, no cuarto ([[1947]]) de 12.100 e no quinto ([[1976]]), de 12.284. Os sanmariñenses que residen no estranxeiro son preto de 17.000 mentres que os estranxeiros que residen en San Marino son 1.000, aproximadamente. A lingua oficial é o italiano, ademais está amplamente estendido o [[lingua emiliano-romañola|emiliano-romañolo]], tamén coñecido coma [[sanmariñense]]. A relixión predominante é o [[igrexa Católica Romana|catolicismo romano]].

== Cultura ==

=== Gastronomía ===
A cociña de San Mariño é moi semellante á [[Italia|italiana]], en especial á das rexións veciñas de [[Emilia-Romaña]] e [[Marche]], mais conta tamén cunha serie de pratos propios e produtos únicos. A principal especialidade sanmariñesa é, polo tanto, a pasta, entre as que destacan a lasagna, o spaghetti alla bolognese e os calzone. Con todo, o seu prato máis coñecido é probablemente a Torta Tre Monti (do [[lingua italiana|italiano]]: ''Torta das Tres Montañas''), que é unha torta de waffle bañada en chocolate que representa o tres torres de San Mariño. Igualmente os xeados tamén son unha especialidade. O país conta ademais cunha pequena industria vinícola.

=== Deporte ===
{{VT|Gran Premio de San Mariño}}
[[Ficheiro:Ratzenberger.jpg|miniatura|dereita|[[Roland Ratzenberger]] no día no que faleceu durante o [[Gran Premio de San Mariño]] de [[1994]].]]
Até o ano [[2006]] existiu o [[Gran Premio de San Mariño]] de [[Fórmula 1]]. Foi neste Gran Premio no que morreron o [[Austria|austríaco]] [[Roland Ratzenberger]] e o [[Brasil|brasileiro]] [[Ayrton Senna]], tras bater o seu [[WilliamsF1|Williams]] no muro da curva Tamburello), ambos en [[1994]], polo que ese gran premio acabou chamado como o "Fin de semana Negro".  A pesar do nome, o Gran Premio celebrábese no [[Autódromo Enzo e Dino Ferrari]] de Imola, na [[subdivisións de Italia|rexión italiana]] da [[Emilia-Romaña]], a uns 100 [[quilómetro]]s ao noroeste do país. O mesmo ocorre co actual Gran Premio de MotoGP, aínda que este é realizado no Circuíto de Misano, nas marxes do [[Adriático]].

San Mariño tamén ten o seu propio Comité Olímpico afiliado ao [[COI]] e, a diferencia do que ocorre con outros microestados como o [[Mónaco|Principado de Mónaco]] e a [[Vaticano|Cidade do Vaticano]], ten súa federación nacional de fútbol como membro da [[FIFA]]. Con todo, esta selección de fútbol, está considerada unha das peores do mundo, tendo inclusive recibido dez goles da selección de [[Bélxica]] durante as Eliminatorias do [[Mundiais de Fútbol|Mundial de Fútbol]] de [[2002]] e 13 de [[Alemaña]] durante a clasificación para a [[Eurocopa de fútbol 2008|Eurocopa de 2008]]. O seu principal club é a Società Sportiva Murata, que fixo historia por ser o primeiro equipo samariñense en participar na [[Liga de Campións da UEFA]].

== Notas ==
{{Referencias}}

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mariño diácono]]
* [[Consello Grande e Xeral]]
* [[Capitán Rexente de San Mariño]]
* [[Gran Premio de San Mariño]]

=== Ligazóns Externas ===
==== Institucións ====
* [http://www.consigliograndeegenerale.sm/new/index.php3 Consello Grande e Xeral de San Mariño]
* [http://www.interni.segreteria.sm/ Secretaría de Interior da República de San Mariño]
* [http://www.esteri.sm/ Secretaría de Exteriores da República de San Mariño]
* [http://www.sanita.segreteria.sm/ Instituto da Seguridade Social de San Mariño]
* [http://www.bcsm.sm/ Banco Central da República de San Mariño]
* [http://www.cons.sm/ Comité Olímpico Nacional de San Mariño]
* [http://www.fsgc.sm/ Federación Sanmariñense de Fútbol]

==== Información xeral ====
* [http://www.ciao.sm/ Directorio e motor de busca de San Mariño]
* [http://www.who.int/countries/smr/es/ Información da OMS sobre San Mariño]
* [http://www.sanmarinokey.com Información xeral de San Mariño]

==== Cultura ====
* [http://www.unirsm.sm/ Universidade de San Mariño]
* [http://www.museidistato.sm/Museo_trad/index.htm Museo do Estado da República de San Mariño]
* [http://wmg2315.eticodns12.com/~admin45/ Museo do Emigrante da República de San Mariño]

==== Turismo ====
* [http://www.visitsanmarino.com/ www.visitsanmarino.com]
* [http://www.riminiairport.com/ Aeroporto de Rimini-San Mariño]
* [http://www.grandhotel.sm/ Grand Hotel San Mariño]
* [http://wikitravel.org/en/San_Marino San Mariño en WikiTravel]

==== Novas ====
* [http://www.latribunasammarinese.net/ La Tribuna Sammarinese]
* [http://www.sanmarinortv.sm/ Radio Televisione della Repubblica di San Marino]
* [http://www.radiosanmarino.net/ Radio San Marino]

==== Outros ====
* [http://www.formula1.sm/ Gran Premio de Fórmula 1 de San Mariño]

{{Commons|Category:San Marino}}
{{Europa}}

[[Categoría:Países de Europa]]
[[Categoría:San Mariño|San Mariño]]

{{Link FA|de}}

[[ace:San Marino]]
[[af:San Marino]]
[[als:San Marino]]
[[am:ሳን ማሪኖ (አገር)]]
[[an:San Marino]]
[[ang:San Marino]]
[[ar:سان مارينو]]
[[arc:ܣܢ ܡܪܝܢܘ]]
[[arz:سان مارينو]]
[[ast:San Marín]]
[[az:San-Marino]]
[[bar:San Marino]]
[[bat-smg:San Marėns]]
[[bcl:San Marino]]
[[be:Сан-Марына]]
[[be-x-old:Сан-Марына]]
[[bg:Сан Марино]]
[[bi:San Marino]]
[[bn:সান মারিনো]]
[[bo:སན་མ་རི་ནོ།]]
[[bpy:সান মারিনো]]
[[br:San Marino]]
[[bs:San Marino]]
[[ca:San Marino]]
[[ce:Сан-Марино]]
[[ceb:San Marino]]
[[ckb:سان مارینۆ]]
[[crh:San Marino]]
[[cs:San Marino]]
[[csb:San Marino]]
[[cu:Санъ Марино]]
[[cv:Сан-Марино]]
[[cy:San Marino]]
[[da:San Marino]]
[[de:San Marino]]
[[diq:San Marino (dewlete)]]
[[dsb:San Marino]]
[[dv:ސަން މަރީނޯ]]
[[ee:San Marino]]
[[el:Άγιος Μαρίνος]]
[[eml:San Marein]]
[[en:San Marino]]
[[eo:San-Marino]]
[[es:San Marino]]
[[et:San Marino]]
[[eu:San Marino]]
[[ext:San Marinu]]
[[fa:سن مارینو]]
[[fi:San Marino]]
[[fiu-vro:San Marino]]
[[fo:San Marino]]
[[fr:Saint-Marin]]
[[frr:San Marino]]
[[fy:San Marino]]
[[ga:San Mairíne]]
[[gag:San Marino]]
[[gd:San Marino]]
[[gn:San Marino]]
[[gu:સાન મૅરિનો]]
[[gv:San Marino]]
[[hak:Sṳn Mâ-li-nok]]
[[haw:Sana Marino]]
[[he:סן מרינו]]
[[hi:सान मारिनो]]
[[hif:San Marino]]
[[hr:San Marino]]
[[hsb:San Marino]]
[[ht:Sen Maren (peyi)]]
[[hu:San Marino]]
[[hy:Սան Մարինո]]
[[ia:San Marino]]
[[id:San Marino]]
[[ie:San Marino]]
[[ilo:San Marino]]
[[io:San Marino]]
[[is:San Marínó]]
[[it:San Marino]]
[[ja:サンマリノ]]
[[jv:San Marino]]
[[ka:სან-მარინო]]
[[kaa:San-Marino]]
[[kbd:Сан-Марино]]
[[kg:Saint-Marin]]
[[ki:San Marino]]
[[kk:Сан-Марино]]
[[kl:San Marino]]
[[ko:산마리노]]
[[koi:Сан Марино]]
[[krc:Сан-Марино]]
[[ku:San Marîno]]
[[kv:Сан-Марино]]
[[kw:Sen Marin]]
[[ky:Сан Марино]]
[[la:Res publica Sancti Marini]]
[[lad:San Marino]]
[[lb:San Marino]]
[[li:San Marino]]
[[lij:San Marin]]
[[lmo:Repüblica de San Marin]]
[[ln:Santu Marino]]
[[lt:San Marinas]]
[[ltg:San Marins]]
[[lv:Sanmarīno]]
[[mhr:Сан-Марино]]
[[mi:Hato Marino]]
[[mk:Сан Марино]]
[[ml:സാൻ മരീനോ]]
[[mn:Сан-Марино]]
[[mr:सान मारिनो]]
[[ms:San Marino]]
[[mt:San Marino]]
[[my:ဆန်မာရီနိုနိုင်ငံ]]
[[mzn:San Marino]]
[[na:Tanmarino]]
[[nah:San Marino]]
[[nap:San Marino]]
[[nds:San Marino]]
[[ne:सान मारिनो]]
[[nl:San Marino]]
[[nn:San Marino]]
[[no:San Marino]]
[[nov:San Marino]]
[[nrm:Saint Mathîn]]
[[nv:San Mawínoo Bikéyah]]
[[oc:Sant Marin]]
[[or:ସାନ ମାରିନିଓ]]
[[os:Сан-Марино]]
[[pam:San Marino]]
[[pcd:Saint-Marin]]
[[pih:San Marino]]
[[pl:San Marino]]
[[pms:Repùblica ëd San Marin]]
[[pnb:سان مرینو]]
[[pnt:Άι Μαρίνος]]
[[ps:سان مارینو]]
[[pt:San Marino]]
[[qu:San Marino]]
[[ro:San Marino]]
[[roa-tara:San Marine]]
[[ru:Сан-Марино]]
[[rw:Mutagatifu Marino]]
[[sa:सान मरीनो]]
[[sah:Сан Марино]]
[[scn:San Marinu]]
[[sco:San Marino]]
[[se:San Marino]]
[[sh:San Marino]]
[[simple:San Marino]]
[[sk:San Maríno]]
[[sl:San Marino]]
[[so:San Marino]]
[[sq:San Marino]]
[[sr:Сан Марино]]
[[stq:San Marino]]
[[su:San Marino]]
[[sv:San Marino]]
[[sw:San Marino]]
[[szl:San Marino]]
[[ta:சான் மரீனோ]]
[[tet:Saun Mariñu]]
[[tg:Сан-Марино]]
[[th:ประเทศซานมารีโน]]
[[tk:San-Marino]]
[[tl:San Marino]]
[[tpi:San Marino]]
[[tr:San Marino]]
[[udm:Сан-Марино]]
[[ug:San Marino]]
[[uk:Сан-Марино]]
[[ur:سان مارینو]]
[[uz:San Marino]]
[[vec:Repùblica de San Marin]]
[[vep:San-Marino]]
[[vi:San Marino]]
[[vo:Sanmarinän]]
[[war:San Marino]]
[[wo:San Marino]]
[[wuu:圣马力诺]]
[[xal:Сан Маринмудин Орн]]
[[xmf:სან-მარინო]]
[[yi:סאן מארינא]]
[[yo:San Màrínò]]
[[zea:San Marino]]
[[zh:圣马力诺]]
[[zh-min-nan:San Marino]]
[[zh-yue:聖馬連奴]]
[[zu:USanti Marino]]