Difference between revisions 2576163 and 3413167 on glwiki

{{Grupo_musical
  | nome             = Kaleya
 | xp               = rock
[[Ficheiro:Kaleya_3.0.JPG|centro|250px|De esquerda a dereita: Roi Rodríguez, Adrián Rego, Gabriel Sierra, Diego "Koe"(antigo membro temporal) e Joâo Rangel.|]]
  | orixe            = [[Ourense]]
  | país             = {{GAL}}
  | período          = [[2007]] - actualidade
  | xénero           = [[Heavy metal|Metal]]<br>[[Hardcore punk|Hardcore]]<br>[[Thrash metal|Thrash]]
  | membros          = Gabriel Sierra<br>Adrián Rego<br>Roi Rodríguez
  | web              = [http://www.myspace.com/kaleyaband MySpace da banda]
}}
'''Kaleya''' é unha banda de [[Heavy metal|Metal]] - [[Hardcore punk|Hardcore]] - [[Thrash metal|Thrash]] orixinaria de [[Ourense]]. Está formada por Gabriel Sierra, Adrián Rego e Roi Rodríguez.

==Cambios de formación==
A formación inicial da banda foi fundada por Adrián Rego e Roi Rodríguez, aos que se lles unirían máis tarde Gabriel Sierra, Erea Carbajales e Gael Carballo.

O mércores 26 de novembro marcha da banda Gael Carballo por problemas para compaxinar os seus estudos e demais responsabilidades persoais en Lugo e as responsabilidades propias da banda, ao tempo que anuncian a entrada oficial de Alexandre Caeiro, antigo guitarra solista dos desaparecidos 'Laguna Estigia' na banda como novo baixista.

A punto de rematar 2008, Erea Carbajales decide deixar o grupo, polo que Alexandre Caeiro, que acababa de incorporarse como baixista trala saída de Gael Carballo, recupera a súa posición como guitarrista agora en '''Kaleya'''. Comez.
a así a busca dunha formación estable definitiva.

==Demos 2008-09==
A principios de 2008, a banda grava a súa primeira demo nos estudios [[Mafia Records]] ([[Carballiño]]), que consta de 6 temas: "Víctimas", "Sin Salida", "Frente a Mí", "No Hay Mañana", "Humillación" e "Kaleya".

A mediados de maio do 2008 o director de curtametraxes lugués [[Felipe Neira Barrios]] propúxolles a realización da banda sonora da súa nova curta, ''Separación''.

A raíz deste encargo, o grupo grava en xuño do mesmo ano dous novos temas en [[Mafia Records]] de novo, denotando unha evolución a nivel compositivo e unha mellora de son. O nome destas novas cancións son "Ni un segundo más" e "Separación", esta última gravada en castelán e galego, ó ser o tema principal da curtametraxe.

En xullo de 2009 entran a gravar un novo tema, "Condenados al silencio". O lanzamento deste tema marca una nova etapa no banda.

==Membros==
*Gabriel Sierra - [[Voz (música)|Voz]]
*Adrián Rego - [[Guitarra eléctrica|Guitarra]]
* - [[Guitarra eléctrica|Guitarra]]
* - [[Baixo eléctrico|Baixo]]
*Roi Rodríguez - [[Batería (instrumento musical)|Batería]]

===Antigos membros===
*Alexandre Caeiro - [[Guitarra eléctrica|Guitarra]]
*Gael Carballo - [[Baixo eléctrico|Baixo]]
*Erea Carbajales - [[Guitarra eléctrica|Guitarra]] rítmica

==Discografía==
*''Demo'' (2008)

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.myspace.com/kaleyaband Páxina oficial en MySpace]
*[http://www.kaleyaband.blogspot.com/ Blog oficial]

[[Categoría:Grupos musicais de Galicia|Kaleya]]