Difference between revisions 2589284 and 2663876 on glwikiEn [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis sustancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada sustancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mesturar algunhas sustancias, non podemos recuperal(contracted; show full) * [[Dispersión coloidal|Sol]]: Estado diluído da mestura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas, etc. * [[Xel]]: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega a ser un estado sólido, por exemplo a xelea. == Separación de mesturas == As mesturas heteroxéneas pódense separar por: [[filtración]] , [[sedimentación]] , [[decantación]] , [[ Sublimación (física)|sublimación]] , etcétera. A filtración é unha técnica, proceso tecnolóxico ou operación unitaria de separación, pola cal faise pasar unha mestura de sólidos e fluídos, gas ou líquido, a través dun medio poroso ou medio filtrante que pode formar parte dun dispositivo denominado filtro, onde se retén da maior parte do ou dos compoñentes sólidos da mestura. (contracted; show full) A sublimación (do latín sublimare) é o proceso que consiste no cambio de estado da materia sólida ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Pódese chamar da mesma forma ao proceso inverso, ó paso directo do estado gasoso ó estado sólido, pero é máis apropiado referirse a esa transición como sublimación inversa ou regresiva. Un exemplo clásico de sustancia capaz de sublimarse é o xeo seco. == Mesturas homoxéneas == As mesturas homoxéneas son mesturas que teñen unha aparencia uniforme , non se diferencian os seus compoñentes ou sustancias que forman a mestura. Moitas mesturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente. Mestura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman. (contracted; show full)[[sr:Смеше]] [[sv:Blandning]] [[th:การแบ่งประเภทของสารตามเนื้อสาร]] [[tl:Halo]] [[tr:Karışım]] [[uk:Суміш (хімія)]] [[ur:آمیزہ]] [[zh:混合物]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=2663876.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|