Difference between revisions 2594472 and 2633823 on glwiki[[Ficheiro:Santiago.Toural.Museo Granell.jpg|300px|miniatura|Fachada do Museo Granell, en Santiago]] '''Eugenio Fernández Granell''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1912]] e finado en [[Madrid]] en [[2001]], foi un [[pintor]] e escritor [[Galiza|galego]]. ==Traxectoria== Nado en [[Coruña]] en [[1912]], estudou o bacharelato en [[Santiago de Compostela]] e trasladouse a [[Madrid]] a finais da década dos vinte, para continuar a súa vocación musical. Acode a faladoiros no Madrid [[Segunda República Española|republicano]] e coñece ás principais figuras literarias, inclusive a [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]]. No período dereitista da [[República]] é detido, pasa varios meses na Cárcere Modelo de Madrid. Intégrase no [[POUM]] (Partido Obreiro de Unificación Marxista). Durante a contenda, como militante republicano, é destinado a Valencia e Cataluña. Máis tarde pasará á fronte de Aragón. A derrota republicana na [[guerra civil española|guerra civil]] lévao ao exilio. En [[Francia]] vive os campos de concentración, dalgúns dos cales conseguiu fuxirse. Coñece a invasión [[Nazismo|nazi]]. Consegue viaxar a América na diáspora republicana, con recordos de escritores como [[George Orwell|Orwell]], a quen coñeceu. Unirase ás correntes surrealistas, e chegará a expor en [[Marx Ernst]], [[Wifredo Lam]] e outros dese movemento, non as coñecía antes de concluír a guerra senón por referencias do ourensán [[Cándido Fernández Mazas]]. Vincúlase a eses modos de expresión plástica cando se atopa no Caribe, en Santo Domingo. Destaca axiña cando o seu primeiro gran cadro adquíreo o Museo de Arte Moderna de Nova York. Coñece aos grandes surrealistas franceses, incluído o «papa» [[André Breton]]. A ditadura do xeneral [[Rafael Leónidas Trujillo]] fai que cambie de illa, e marcha a [[Porto Rico]], onde establece contactos con intelectuais exiliados, como [[Juan Ramón Jiménez]], [[Federico de Onis]], [[Américo Castro]]. Novo salto, a Estados Unidos; en concreto a [[Nova York]], onde é profesor algúns anos, ata xubilarse como emérito do Brooklin College, tras doutorarse. Algunhas das súas obras literarias reedítanse en España, como «O que sucedeu...», que obtivera o premio [[Don Quixote]] en [[1967]]. Regresa con fama ben asentada de pintor, e as súas exposicións sucédense en España, con grandes eloxios da crítica. Exposicións monumentais da súa obra son as que se realizan na Coruña e no Centro Cultural de Caixavigo. A súa obra está en museos de todo o mundo. Garda escritos e testemuños de [[André Breton]], [[Juan Ramón Jiménez]], [[Jorge Guillén]], [[Joan Miró|Miró]] e [[Pablo Neruda]]. Eugenio Fernández Granell falece en Madrid en outubro de 2001. A Xunta de Galicia concédelle a título póstumo a [[Medalla de Galicia|Medalla de Ouro de Galiza]] 2001 pola súa traxectoria no mundo das artes. ==Véxase tamén== ===Bibliografía=== *Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, [[1981]]. *VV. AA.: Eugenio F. Granell. A Coruña, Concello, [[1986]]. *Catálogo da Exposición Antolóxica. Vigo, Caixavigo, [[1987]]. *VV. AA.: E. Granell. Madrid, Fundación Cultural. MAPFRE VIDA, [[1989]]. *VV. AA.: Eugenio Granell. Santiago, Consorcio da Cidade, [[1993]]. *Catálogo da exposición "E. Granell, Pinturas 1980-88" en Galería Heller, Madrid; reprodúcese o proxecto autógrafo de André Bretón de clasificación dos artistas surrealistas, xurdido no desenvolvemento dunha conversación entre Bretón e Gérard Legrand, en Saint-Cirq, agosto de 1960, que pertence á colección G.L. *Javier Navarro de Zuvillaga "Granell e teatro" no catálogo da exposición de E. Granell no auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, [[1993]]. ===Ligazóns externas=== *[http://www.fundacion-granell.org Fundación Eugenio Granell - Santiago de Compostela] *[http://www.coleccioncaixanova.com/cargador.php?phpg_idap=1008&phpg_ctp=2&phpg_id=111 Obras do autor pertencentes á Colección Caixanova] {{ORDENAR:Granell, Eugenio}} [[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]] [[Categoría:Medalla de Ouro de Galicia]] [[Categoría:Nados na Coruña]] [[Categoría:Nados en 1912]]⏎ [[Categoría:Finados en 2001]] [[en:Eugenio Granell]] [[es:Eugenio Fernández Granell]] [[fr:Eugenio Granell]] [[pt:Eugenio Granell]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=2633823.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|