Difference between revisions 2629462 and 2643054 on glwiki

{{lixo|''Quelónidos'' é unha familia da orde dos ''queloniodeos'' (''Chelonioidea''), que é do que trata realmente a páxina.}} 

{| border="1" cellspacing="0" align="right" cellpadding="2"
|-----
! bgcolor="pink" | Chelonioidea
|-----
| align="center" | [[Ficheiro:Chelonia mydas  (Hawaiian variety).jpg|190px]]<br />
<small>''Chelonia mydas''
''</small>
|-----
! bgcolor="pink" | [[Clasificación científica]]
|-----
|
{| align="center"
|-----
| [[Reino (bioloxía)|Reino]]: || [[Animalia]]
|-----
| [[Phylum (bioloxía)|Filo]]: || [[Chordata]]
|-----
| [[Clase (bioloxía)|Clase]]: || [[Réptiles]]
|-----
| [[Orde (bioloxía)|Orde]]: || [[Testudines]]
|-----
| [[Orde (bioloxía)|Suborde]]: || [[Cryptodira]]
|-----
| [[Familia (bioloxía)|Superfamilia]]: || '''Chelonioidea'''
|}
|-----
! bgcolor="pink" | [[Familia (bioloxía)|Familias]] e [[Xénero (bioloxía)|Xéneros]] 
|-----
|
* Familia [[Cheloniidae]] 
** ''[[Caretta]]''
** ''[[Chelonia]]''
** ''[[Eretmochelys]]''
** ''[[Lepidochelys]]''
** ''[[Natator]]''
* Familia [[Dermochelyidae]]
** ''[[Dermochelys]]''
* Familia [[Protostegidae]] (ext.)
* Familia [[Toxochelyidae]] (ext.)
* Familia [[Thalassemyidae]] (ext.)
|}
[[Ficheiro:Hawaii turtle 2.JPG|miniatura|250px|Tartaruga verde mariña]]
Os '''quelónidos''' ou ''Chelonioidea'' pertencen ó grupo das chamadas '''tartarugas mariñas''' e pódense recoñecer con facilidade, xa que teñen un espaldar ou escudo máis ou menos deprimido, en forma de corazón, cuberto de placas córneas, que poden estar xustapostas ou imbricadas, polas [[extremidade]]s moi grandes que se transformaron en [[aleta]]s e polos dedos comprimidos e armados só con uñas. O colo é pouco retráctil dentro da cuncha, a cabeza é grande e forte coa [[mandíbula]] e [[maxila]] con bordos cortantes.

A lonxitude é de arredor dun metro, estando adaptadas para levar unha vida acuática, case sempre en mares tropicais, aínda que as veces poden vivir en mares tépedos. Excepcionalmente poden chegar a vivir en rexións coa temperatura da auga moi fría pero non en lugares como o [[Océano Antártico]].

==Características==
===Alimentación===
Algúns quelónidos devoran peixes e outros animais mariños; outros, polo contrario, son case exclusivamente vexetarianos.

===Comportamento===
A maioria das especies son migratorias e viaxan polos océanos, orientándose coa axuda do [[campo magnético]] terrestre. 
 
===Reprodución===
Despois de chegar a [[madurez sexual]], en moitas especies a partir dos 30 anos, a femia regresa á praia onde naceu para enterrar os seus [[Ovo (bioloxía)|ovos]] na area. As tartarugas son extremadamente fieis a este lugar e non nidifican noutras praias. As posturas da [[tartaruga de Kemp]], por exemplo, están totalmente confinadas a unha única praia na costa de [[México]]. A incubación leva cerca de dous meses e despois os xuvenis escavan a saída a corren cara o mar. A eclosión das tartarugas é un grande acontecemento ecolóxico e todos os predadores dos arredores ([[aves]], [[peixe]]s, [[mamífero]]s e seres humanos en busca dos ovos) percorren estas praias para cazar os juvenís. Calcúlase que apenas 1 entre 100 consegue chegar á madurez. 

===Estado de conservación===
Todas as especies deste grupo están ameazadas de extinción. 

==Ligazóns externas==
===En portugués===
*[http://www.tamar.org.br/ Projeto TAMAR - Programa Brasileiro de Conservação das Tartarugas Marinhas]

===En inglés===
* [http://www.SeaTurtleStatus.org SWOT - The State of the World's Sea Turtles]
* [http://www.oceana.org/index.php?id=1076 Oceana] 
* [http://www.panda.org/about_wwf/what_we_do/marine/publications/index.cfm?uNewsID=12044 ''Conserving Turtles on a Global Scale'']
* [http://www.diveaday.tv/content/view/59/37/ Underwater video] 


[[Categoría:Criptodiros]]

[[ar:ترسة]]
[[az:Dəniz tısbağaları]]
[[ca:Tortuga marina]]
[[cy:Môr-grwban]]
[[da:Havskildpadder]]
[[en:Sea turtle]]
[[eo:Martestudoj]]
[[es:Chelonioidea]]
[[fa:لاک‌پشت دریایی]]
[[fj:Vonu]]
[[fo:Havskjaldbøkur]]
[[fr:Tortue marine]]
[[hr:Morskovodnice]]
[[hu:Tengeri teknősök]]
[[id:Penyu]]
[[it:Chelonioidea]]
[[ja:ウミガメ]]
[[jv:Penyu]]
[[ko:바다거북]]
[[lij:Trattùgoa de mâ]]
[[ml:കടലാമ]]
[[nah:Chīmalāyotl]]
[[nl:Chelonioidea]]
[[no:Havskilpadder]]
[[nv:Tééh tsisteeł]]
[[simple:Sea turtle]]
[[sl:Morske želve]]
[[tl:Pawikan]]
[[tr:Deniz kaplumbağası]]
[[uk:Морські черепахи]]
[[wuu:海龜]]
[[zh:海龟]]
[[zh-yue:海龜]]