Difference between revisions 2648708 and 3008535 on glwiki{{SenReferencias}} '''Sergio Sieiro''', nado en [[Vigo]] en [[1981]], é un músico e profesor de [[viola]]. Licenciouse na especialidade de viola no [[Conservatorio Superior de Música da Coruña]], onde actualmente (2012) exerce como profesor. == Traxectoria == No ano 2007 consegue a primeira posición no concurso-oposición para o corpo de Profesores de Musica na especialidade de viola levada a cabo pola [[Xunta de Galicia]]. == Na Música Clásica == (contracted; show full) Ten colaborado coa [[Orquestra Sinfónica de Galicia]],[[Real Filharmonía de Galicia]] así como con outras formacións orquestrais como a [[Joven Orquesta Nacional de España]] (JONDE), ou as orquestras xoves de [[Países Baixos - Nederland|Holanda]] e [[Suecia]], actuando en escenarios tan emblemáticos como a Concertgebouw de [[Ámsterda mn]] ou no Concert House de Berlín, e realizando xiras por [[Alemaña]], as Repúblicas Bálticas, Luxemburgo, Bélxica ou [[Dinamarca]]. Con directores coma: Josep Pons, Victor Pablo Pérez, Jesús López Cobos, Patrick Davin, Alberto Zedda, Josep Vicent,Gunter Schuler,Pascual-Puy, Alexander Lascae e Friedemann Layer, Jakub Hrusa, Maximino Zumalave, Carlo Rizzi, George Benjamin, Gerard Korsten, Okko Kamu e Eri Klas. Destaca o concerto para a ONU coa Orkester Norden sendo coprincipal, en Backacra no que estiveron presentes os Reis de Suecia. Forma parte do grupo de cámara [[Saiva Nova]], co que recentemente publica o seu primerio traballo discográfico, con composicións de diversos autores galegos adaptadas a cuarteto de corda. == Na Música Folk== No eido da música folk ten colaborado con diversas formacións, entre elas no primeiro disco de [[Rosa Cedrón]] así coma no espectáculo ''Terra de Soños'' do mítico grupo galego [[Fuxan os Ventos]]. Recentemente grava un tema para o próximo disco de [[Guadi Galego]] así como para o último disco de [[Cristina Pato]] e de [[Jane Joyd]]. Participa tamén xunto con [[Carlos Núñez]] no concerto na [[praza do Obradoiro]] xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia, no contexto do [[Xacobeo 2010]]. Dende Setembro de 2010 é membro da Sección de Música e Artes Escénicas do [[Consello da Cultura Galega]]. [[Categoría:Personalidades da música]] [[Categoría:Nados en Vigo]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3008535.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|