Difference between revisions 2775863 and 3084733 on glwiki

'''Xavier de Paz López-Novoa''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1963]], é un [[compositor]] [[Galiza|galego]] e membro fundador da [[Asociación Galega de Compositores]]. 

==Vida==
De Paz comezou os seus estudos musicais no [[Conservatorio Superior de Música de A Coruña]] en [[1980]], continuándoos nos conservatorios de [[Santiago de Compostela]] e [[Madrid]]. Asiste a varios cursos de Composición e Análise con Joan Guinjoan e traballa con Zbigniew Rudzinski e Franz Hummel nos 37 e 38 Internationale Jugenfestspieltreffen Bayreuth, Alemaña.

Bolsado pola Deputación Provincial de A Coruña, estudou composición con [[Stephen Gryc]] e [[James Sellars]] na ''Hartt School of Music'', University of Hartford ([[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]), onde completou un Master of Music en Composición, Cursos de Música Electrónica e Composición por ordenador.

En [[decembro]] de [[1993]] gañou o Primeiro Premio da sétima edición dos Premios SGAE para novos compositores coa obra ''"Sentado sobre un golfo de sombra"'', estreada no [[Auditorio Nacional de Música de Madrid]] polo grupo LIM, con dirección de [[José Vicent Egea]].

(contracted; show full)

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://jonde.mcu.es/directores/compositor02.asp Información de Xabier de Paz na web da JONDE] {{es}}

[[Categoría:Compositores galegos|de Paz]]