Difference between revisions 2963587 and 3519548 on glwikiO '''pobo'''<ref>Cómpre non confundir ''pobo'' e ''[[aldea]]''. O ''pobo'' dun lugar son os seus habitantes; a ''aldea'' é o lugar onde viven. Por tanto, podemos dicir o ''pobo de [[Xares, A Veiga|Xares]]'' para referirnos á xente que vive en Xares. Por exemplo, podemos escribir que ''o pobo de Xares celebra a súa festa o 18 de agosto''. Mais non sería apropiado aseverar que ''se vai esta fin de semana ao pobo de Xares''. Habería que comunicar que ''se vai esta fin de semana á aldea de Xares'' ou afirmar directamente que ''se vai esta fin de semana para Xares''.</ref> é un [[conxunto]] de [[persoa]]s que forman unha [[Comunidade (socioloxía)|comunidade]]. Deste xeito, falamos do ''Pobo de Ourense'', entendendo que falamos do habitantes de [[Ourense]] ou do ''Pobo Portugués'' entendendo que falamos do habitantes de [[Portugal]] porque en ambos casos teñen riscos comúns que os definen como comunidade. == Características == Utilizamos este vocábulo con dous sentidos: # En sentido amplo, un pobo forma unha comunidade. Isto quere dicir que este grupo de [[persoa]]s identifícase cun lugar onde viven e/ou con riscos comúns que os definen como a [[lingua]], as tradicións, as [[institución]]s, as formas de [[vida]], os [[símbolo]]s, etc. # Tamén utilizamos este termo en sentido restrinxido, aludindo á xente socialmente máis humilde. Neste sentido, utilizamos tamén a [[palabra]] [[popular]]. == Notas == {{Listaref}} == Véxase tamén == === Bibliografía === * [http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=36978 Dicionario da Real Academia Galega en liña] [[Categoría:Política]] [[Categoría:Socioloxía]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3519548.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|