Difference between revisions 2993502 and 2993503 on glwiki

[[Ficheiro:Nasa.florida.750pix.jpg|miniatura|280px|Florida nunha imaxe de satélite.]]
A '''conurbación de Florida''' é o fenómeno urbano caracterizado pola continuidade da superficie edificada na costa da península de [[Florida]], nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]].

==Características==
Nas últimas décadas, e de maneira acelerada, a península de Florida estáse a converter no lugar de retiro do leste do país, debido á súa situación subtropical entre o [[Océano Atlántico]] e o [[Golfo de México]]. A consecuencia desta caracterización territorial é a urbanización das súas costas cheas de praias nun continuo humanizado dende os caios, no extremo sur, pasando pola área de [[Miami]], a máis importante de toda a rexión, na costa atlántica, ata [[Fort Pierce]] e [[Vero Beach]]. Na costa oeste, o conglomerado urbano de [[Tampa]]-[[St.Petersburg]] alóngase polo sur por [[Sarasota]], [[Port Charlotte]], [[Fort Myers]] ata a área de [[Naples]].

A unión dos dous continuos costeiros efectúase no centro da península coa área metropolitana de [[Orlando, Florida|Orlando]], de recente crecemento. A falta de praias, esta zona especializouse en xigantescos parques de atraccións e temáticos ([[Disney World]] o máis senlleiro). Cara a Tampa, mediante as áreas intermedias de [[Lakeland]]-[[Winter Haven]]; cara o nordeste, enlaza coa aglomeración costeira de [[Daytona Beach]], o centro espacial JFK de [[Cabo Cañaveral]] e pola área de [[Melbourne, Florida|Melbourne]]-[[Palm Bay]] pecharía o círculo uníndose coa devandita área de Vero Beach.

No interior, separando os aglomerados costeiros, está o parque pantanoso e protexido dos [[Everglades]].

==Véxase tamén==

===Ligazóns externas===
* [http://www.fourmilab.ch/cgi-bin/uncgi/Earth?imgsize=320&opt=-z&lat=26.7769&ns=North&lon=81.1922&ew=West&alt=7&img=learth.evif| Imaxe actualizada do satélite].

[[Categoría:Áreas metropolitanas]]
[[Categoría:Cidades dos Estados Unidos de América]]