Difference between revisions 2993504 and 3078588 on glwiki[[Ficheiro:Nasa.florida.750pix.jpg|miniatura|280px|Florida nunha imaxe de satélite.]] A '''conurbación de Florida''' é o fenómeno urbano caracterizado pola continuidade da superficie edificada na costa da península de [[Florida]], nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. ==Características== Nas últimas décadas, e de maneira acelerada, a península de Florida estáse a converter no lugar de retiro do leste do país, debido á súa situación subtropical entre o [[Océano Atlántico]] e o [[Golfo de México]]. A consecuencia desta caracterización territorial é a urbanización das súas costas cheas de praias nun continuo humanizado dende os caios, no extremo sur, pasando pola área de [[Miami]], a máis importante de toda a rexión, na costa atlántica, ata [[Fort Pierce]] e [[Vero Beach]]. Na costa oeste, o conglomerado urbano de [[Tampa]]-[[St.Petersburg]] alóngase polo sur por [[Sarasota]], [[Port Charlotte]], [[Fort Myers]] ata a área de [[Naples]]. A unión dos dous continuos costeiros efectúase no centro da península coa área metropolitana de [[Orlando, Florida|Orlando]], de recente crecemento. A falta de praias, esta zona especializouse en xigantescos parques de atraccións e temáticos ([[Disney World]] o máis senlleiro). Cara a Tampa, mediante as áreas intermedias de [[Lakeland]]-[[Winter Haven]]; cara o nordeste, enlaza coa aglomeración costeira de [[Daytona Beach]], o centro espacial JFK de [[Cabo Cañaveral]] e pola área de [[Melbourne, Florida|Melbourne]]-[[Palm Bay]] pecharía o círculo uníndose coa devandita área de Vero Beach. No interior, separando os aglomerados costeiros, está o parque pantanoso e protexido dos [[Everglades]]. ==Véxase tamén== ===Ligazóns externas=== * [http://www.fourmilab.ch/cgi-bin/uncgi/Earth?imgsize=320&opt=-z&lat=26.7769&ns=North&lon=81.1922&ew=West&alt=7&img=learth.evif| Imaxe actualizada do satélite]. [[Categoría:Áreas metropolitanas]] [[Categoría:Cidades dos Estados Unidos de América]] [[Categoría:Florida]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3078588.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|