Difference between revisions 3046639 and 3342524 on glwiki

{{Artigo principal|Ovo (alimento)}}
O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada do ovo (e indirectamente, algunha da galiña) na cultura popular e na literatura oral galegas. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.

==Etnografía==
(contracted; show full)* A galiña non pon polo galo, senón polo papo.
* A galiña polo pico pon. 
* A galiña que non pon non lle enche ó seu dono o bulsón.
* A muller, co bo marido, crece coma o ovo batido.

===Locucións===
* Andar coma a galiña con ovos: ter moito coidado co que se di ou fai.
* Andar com
oa cos ovos (''Ben se lle perdecataba que naquel negocio había que andar comoa cos ovos'').
* Andar ós ovos: pedir ovos polas portas, cousa que se facía cando alguén mataba un lobo ou un raposo, pedindo esmola ós veciños como pago.
* Cacarexar e non poñer ovo: prometer moito pero logo non dar nada. 
* Cheo coma un ovo: gordo ou, máis usualmente, vaidoso, engreído.
* Como o ovo: estar cheo, sobrado de todo.
* Coma o ovo redondiño, que non ten fondo nin buraquiño: dise de algo redondo, esférico, lisiño.
(contracted; show full)
* VALLADARES NÚÑEZ, M. (1884): "Diccionario Gallego-Castellano", en SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.) (3ª ed. 2004)(2000-2004): ''Diccionario de diccionarios''. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza & Instituto da Lingua Galega.
* [[Federico Zamora Mosquera|ZAMORA MOSQUERA, Federico]] (1972): ''Refráns e ditos populares gallegos''. Vigo: Galaxia.

{{Etnografía galega}}

[[Categoría:Etnografía galega|ovo]]