Difference between revisions 3131108 and 3132383 on glwiki

{{Copyvio|http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-de-galicia/content/el-archivo/index.html}}
{{Ligazóns internas}}


[[File:Interior del Archivo de Galicia2..jpg|thumb|Interior dcheiro:Arquivo de Galicia, porta.JPG|miniatura|Acceso ao Arquivo de Galicia2.]]


O '''Arquivo de Galicia''' custodia os documentos producidos pola [[Xunta de Galicia]], desde que foi creada en 1982, e polos órganos e entidades dela dependentes, así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, polo que simboliza a unidade do patrimonio documental da [[Galicia|Comunidade Autónoma]]. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión.  


Depende organicamente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e abriu as súas portas a finais de 2010.


Ten a súa sede na [[Cidade da Cultura de Galicia]], situada no monte Gaiás de [[Santiago de Compostela]]Santiago de Compostela.

==Historia== 
.

==Historia== 
{{Copyvio|http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-de-galicia/content/fondos/}}
[[Ficheiro:Interior del Archivo de Galicia2..jpg|thumb|Interior do Arquivo de Galicia.]]
En febreiro de 2008 créase a Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia, coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e de arquivo histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia (Decreto 17/2008, do 7 de febreiro, DOG núm. 35, do 19 de febreiro). 

(contracted; show full)

A comezos de 2012, a reestruturación da Xunta de Galicia, que supuxo a unión das consellerías de Cultura e de Educación no novo departamento de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, adscribirá o Arquivo de Galicia-Subdirección Xeral de Arquivos á Secretaría Xeral de Cultura (Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro – DOG núm. 16, do 24 de xaneiro; corrección de erros DOG núm. 25, do 6 de febreiro).

==Funcións==
[[Fi
lecheiro:Interior del Archivo de Galicia1..jpg|thumbminiatura|Interior do Arquivo de Galicia1.]]


Estas normas asígnanlle ao Arquivo de Galicia un papel fundamental na infraestrutura que debe servir para asegurar o mellor funcionamento da Administración pública de Galicia, de acordo cos principios de eficacia, eficiencia e transparencia, ligando os seus fins cos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos.

O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal ten o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia. En concreto, ten encomendadas as seguintes competencias:

a)	*Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia.
b)	*Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde depositar nel.
c)	*Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia.
d)	*Organizar e describir os fondos documentais que custodie.
e)	*Conservar os fondos documentais que custodie.
f)	*Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia.
g)	*Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles, nos termos que establece a lexislación. 
h)	*Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia.
i)	*Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia.
j)	En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia.

==Contexto cultural e xeográfico==


Desde a perspectiva das funcións que desempeña como arquivo administrativo, a maior parte dos documentos que custodia teñen a súa orixe nas actividades desenvolvidas polos órganos da Xunta de Galicia (ou os órganos que a antecederon) no seu nivel central, polo que o seu ámbito xeográfico comprende toda a comunidade autónoma.


Como arquivo histórico, a súa finalidade é garantir a conservación permanente e facilitar o acceso aos documentos que integran o patrimonio documental galego. Neste sentido, o arquivo simboliza a unidade do patrimonio documental da comunidade galega. Por iso, deberá non só recibir, custodiar e difundir os documentos que posúan valor histórico e sexan de conservación permanente producidos polos diferentes órganos e entidades dependentes da Xunta de Galicia, senón tamén os de calquera outro organismo, institución ou entidade de ámbito autonómico, privado e público que, como parte do patrimonio documental de Galicia, se acorde depositar nel pola súa especial relevancia ou por motivos de racionalización financeira e eficacia administrativa.  


Ademais, deberá coordinar a reprodución, con fins de conservación, seguridade e difusión dos fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de/ou relacionados con Galicia que se atopen dentro ou fóra do seu territorio. 

==Atribucións/fontes legais==


* Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 214, do 8 de novembro).


* Decreto 307/1989, do 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia (DOG núm. 23, do 1 de febreiro).


* Decreto 207/2010, do 10 de decembro, polo que se crea o Arquivo de Galicia (DOG núm. 246, do 24 de decembro).


* Orde do 30 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de transferencias documentais con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia (DOG núm. 174, do 9 de setembro).


* Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e a reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia (DOG núm. 175, do 10 de setembro).


* Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola Comunidade Autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia (DOG núm. 174, do 9 de setembro).


* Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia (DOG núm. 229, do 30 de novembro). 

==Edificios==
Metros cadrados dos depósitos: 3.389 
Metros lineais de andeis: 20.776,17 
Metros lineais de documentación: 9.361,4
Unidades de instalación: 81.414

O Arquivo ten a súa sede na Cidade de Cultura de Galicia, proxectada polo arquitecto americano [[Peter Eisenman|Peter Eisenman]]. Este complexo articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada na zona histórica da cidade de Santiago de Compostela, declarada [[Patrimonio da Humanidade|Patrimonio Cultural da Humanidade]] pola [[UNESCO]] en 1985. Na actualidade, o Arquivo comparte edificio coa [[Biblioteca de Galicia]].

Ademais deste espazo na Cidade da Cultura, o arquivo conta tamén con outro local, situado no polígono industrial do Tambre, integrado por dúas naves, equipadas con andeis a dobre altura, destinadas a depósito documental de carácter intermedio. As cifras totais ofrecidas inclúen os documentos alí custodiados na actualidade.

==Fondos==
===Fondos públicos (1843/2011)===
* Da Xunta de Galicia: documentos procedentes das diferentes consellerías en que se estrutura a Administración autonómica, así como dos órganos da etapa preautonómica e dos órganos da Administración periférica do Estado que exerceron competencias logo asumidas pola Xunta de Galicia.
* Da Administración corporativa: Cámara Oficial da Propiedade Urbana de Santiago de Compostela. [[File:Documentos del Archivo de Galicia.JPG|thumb|Documentos do Arquivo de Galicia.]]
===Fondos privados (1404/2003)===
* De persoas e familias: Clemente González Peón, Familia Vilariño Pintos, Familia Freire.
* De empresas: Factoría Massó de Gijón (Asturias), Casa Mar (Vigo.

==Acceso==
[[Ficheiro:Detalle de documentos del Archivo de Galicia.JPG|miniatura|Detalle de documentos do Arquivo de Galicia.]]
'''Horarios de apertura'''
* Inverno: de luns a venres, de 8:15 h. a 14:45 h.
* Verán (do 21 de xuño ao 21 de setembro): de luns a venres, de 9 h a 14 h.
* Festivos pechados ao público: 1 e 6 de xaneiro, xoves e venres de Pascua (datas variables), 1 de maio, 17 de maio, 25 de xullo, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6, 8, 24, 25 e 31 de decembro 
* Festivos locais: festividade da Ascensión (variable) e 16 de agosto (San Roque)
[[File:Detalle de documentos del Archivo de Galicia.JPG|thumb|Detalle de documentos del Archivo de Galicia|Detalle de documentos do 
==Véxase tamén==
{{Commonscat|Arquivo de Galicia]]

}}
===Bibliografía===
* ''Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2010. (Políptico).
* Subdirección Xeral de Arquivos e Museos. ''Estudo orgánico e funcional da Xunta de Galicia: proposta dun cadro de clasificación''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2010.
* Arquivo de Galicia. ''Actas do Seminario Internacional "O futuro da memoria, o patrimonio arquivístico dixital" = Actas del Seminario Internacional "El futuro de la memoria, el patrimonio archivístico digital"''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2011.
* ''Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2012.
* ''Guía de los Archivos de la Xunta de Galicia''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2012.

==Enlace=Ligazóns externosas===
* [http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-de-galicia/ Sitio web oficial do Arquivo de Galicia]
* [http://albala.arquivodegalicia.xunta.es/albala/opw/index.html Acceso á base de datos de fondos do Arquivo]
* [http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivos-de-galicia/index.html Portal de Arquivos de Galicia]
* [http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/portada.htm Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Censo Guía de Archivos de España e Iberoamérica]

[[Categoría:Arte e Cultura]]