Difference between revisions 3335950 and 3409687 on glwiki

A '''historia urbana de [[Qingdao]]''' desenrólavóvese nunha rexión, a da baía de Jiaozhou na [[península de Shandong]], que ten sido habitada dende o [[neolítico]] con diversas culturas senlleiras (Dawenkou, Longshan e Dongyeshi).

==Acuartelamento Qing==
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 137-040272, Tsingtau, einst und jetzt (Ansichtsbild).jpg|miniatura|150px|Vista do acuartelamento de Jiao'ao (enriba) e a colonia alemá posterior (embaixo).]]
(contracted; show full)s dunha cidade moderna, tiña o propósito fundamental de servires a un porto estratéxico (base naval) comunicado co interior cun ferrocarril (1899-1904). A extensión urbana ata costa sur do itsmo, cun novo porto exterior, sería a área residencial europea e almacens portuarios mentres a poboación local permanecería na antiga vila ao norte ou trasladada a novos poboados no leste. Unha industria cervexeira de importancia nacional ata hoxe (Cervexa Tsingtao) tivo nacemento en 1903.


Entre 1905 e 1908 foi desen
rvoladto o gran porto previsto ao norte, na baía <ref> ''Vista debuxada de paxaro, Tsingtau 1909'' [http://www.dhm.de/ausstellungen/tsingtau/katalog/fotos/auf6_3.jpg]</ref>. Cara alí debería extenderse a cidade pero en 1914 os xaponeses a ocuparon (novamente en 1938) e no 1922 foi devolta á soberanía da República de China <ref> ''Mapa de Tsingtao en 1922'' [https://archive.is/20120730065426/shopimg.kongfz.com/7797/1220369431_1_b.jpg]</ref>.

==Qingdao contemporánea==
Trala [[Segunda Guerra Mundial]] e a instauración da [[República Popular China]] <ref> ''Mapa da cidade en 1947'' [https://archive.is/20120726195316/shopimg.kongfz.com/7797/1220370239_1_b.jpg]</ref> o desenrvolvemento portuario (especialmente coma base naval da flota chinesa do norte) da agora chamada '''Qingdao''' foi consolidando o seu crecemento <ref> ''Mapa de Qingdao en 1969'' [https://archive.is/20120713031724/pic2.997788.com/pic_auction/00/01/84/72/au1847209.jpg]</ref>, que tivo o punto de inflexión en 1984 cando, coa política de apertura económica de China, a vila ten esperimentado nas últimas décadas unha expansión extraordinaria (comercial e industrial ao abrigo do porto) arredor da baía ata consolidar unha verdadeira metrópole.

A recente inauguración da maior ponte do mundo sobor da auga (42'5km), unindo polo norte as dúas ourelas da baía, confirma a puxanza desta área metropolitana cara ao futuro <ref> ''Vista satelital da baía de Qingdao co trazado da longa ponte'' [http://chinaurbandevelopmentblog.files.wordpress.com/2011/07/qingdao-jiaozhou-bay-bridge1.jpg?w=422&h=379]</ref>.

==Notas==
{{Listaref}}

[[Categoría:Historia de cidades]]