Difference between revisions 3460659 and 3460692 on glwiki{{lixo|Posible caso de autopromoción}}⏎ {{Música en progreso}} {{Nonconfundir|Carlos Núñez}} {{Artista musical | nome = Carlos Núñez Deza | imaxe = | lenda = | nome completo = | alias = | naceu = [[1970]] | orixe = [[Ourense]], {{GAL}} | morreu = | ocupación = | xénero = | instrumento = frauta | tipo de voz = | selo = | relacionado con = | tempo en activo = | web = }} '''Carlos Núñez Deza''', nado en [[Ourense]], é un [[frauta|frautista]] e [[editor]] galego. ==Traxectoria== Comezou os seus estudos no Conservatorio de Música de Ourense, e rematunos no Conservatorio Superior de Música de [[Donostia]] coa cualificación de Matrícula de Honra, acadando ademais o Primeiro Premio de Honra Final de Carreira. Durante ese tempo completou a súa formación con cursos de música en España e o estranxeiro. Recibiu clases de [[traverso]] de Fernando Paz, Wilbert Hazelzet e Jed Wentz. Foi solista con diversas [[Orquestra sinfónica|orquestras sinfónicas]] e forma parte de diversas agrupacións de [[música de cámara]]. ===Actividade musical=== É intérprete de [[frauta traveseira]] moderna e de [[traverso|traverso barroco]]. Xunto a Fernando López Pan forma o grupo de musica antiga Armonía Universal. Xunto a Cristina Mª Rodríguez Boado forma un dúo de frauta traveseira e piano. ===Actividade pedagóxica=== Impartiu clases de frauta nos Conservatorios de [[Vigo]], [[Santiago de Compostela]] e Donostia. Ten impartido numerosos cursos de Música, [[Informática]] Musical, Técnicas de gravación e [[pedagoxía]]. Actualmente é profesor no Conservatorio de Ourense, onde foi [[director]] durante nove anos. === Actividade editorial === É director e fundador da editorial e produtora musical [[Armonía Universal]], desede a cal se editaron diversas series de libros para a recuperación e difusión de máis de 10 séculos de música a partir da Idade Media. {{ORDENAR:Nunez Deza, Carlos}} [[Categoría:Frautistas]] [[Categoría:Nados en Ourense]] [[Categoría:Nados en 1970]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3460692.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|