Difference between revisions 3464006 and 3469141 on glwiki{{atención|data=decembro de 2009|Non está redactado como artigo enciclopédico, semella un ensaio con valoracións do autor}} {{Sen referencias}} '''Eutanasia''' (do [[Lingua grega|grego]] ''eu'' perfecto e ''thanatos'' morte) é a práctica pola cal se abrevia, sen dor ou sufrimento, a vida dun enfermo incurable. A eutanasia representa actualmente unha cuestión [[ética]] controvertida, pois algunhas persoas achan errado matar un ser humano, (contracted; show full)alquera tipo de medio para manter ou prolongar a súa vida. Significa que se debe deixar o ser humano morrer en paz, sen que se proceda a un encarnizamento terapéutico e sen que se promova e acelere ese proceso de deixar a vida. É importante neste caso, distinguir ortotanasia de eutanasia pasiva, xa que na primeira non son levadas a cabo medidas que miren por manter ou mellorar o estado de saúde do doente, e na segunda estas son tomadas e interrompidas nun determinado momento da súa vida === A morte === {{ Ver aArtigo principal|Morte}} A morte pode significar o fin ou interrupción definitiva da vida humana. É o fin da existencia de calquera ser posuidor dun corpo, que respira, que se move, que ten sentidos e sentimentos, sensacións e emocións. Para determinados individuos, inseridos nunha determinada cultura e nun determinado contexto, a morte dun ente querido, dun amigo é algo intensamente doloroso de vivenciar, mentres que para outros, en contextos, culturas e sociedades diferentes, a morte significa o renacement(contracted; show full)os doentes que realmente están cansados de vivir, que non aguantan máis sentirse un fardo, ou sentírense sós, acompañados dun enorme sufrimento de orde física, psíquica ou social. Unha persoa cuxa existencia deixou de ter sentido sofre, no seu íntimo, e moitas veces illada no seu mundo interior; sente que paga cada segundo que pasa unha pena demasiado pesada polo simple feito de existir. Nese momento, e cando a morte parece ser a única saída que o doente albisca, deberáse informarlle dos efectos, riscos, sentimentos, das reaccións que a eutanasia comporta, da forma como é ou vai ser practicada. Só así o doente poderá decidir conscientemente e ter a certeza de que, para el, esa é a mellor opción. Así e todo, e á par da información, o doente debe ser acompañado psicoloxicamente, a fin de se esclarecer que este non sofre de calquera desorde mental, permanente ou temporal, e está capacitado para decidir por si e pola súa vida. (contracted; show full) Salvar, facer uso dos medios, do coñecemento, de tódolos recursos para salvar é lóxico. Así a todo, os coidados paliativos que pretenden a mellor [[calidade de vida]] posible para o doente e para a familia, pode ou non equivaler a definición de calidade deses intervenientes, o que pode levantar dúbidas, incentivar as habituais polémicas asociadas ao debate do tema. [[Categoría:Ética]] [[Categoría:Medicina]] [[Categoría:Dereito penal]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3469141.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|