Difference between revisions 3489223 and 3922980 on glwiki

[[Ficheiro:Ximending at night.jpg|miniatura|Ximending de noite.]]
A '''Conurbación da Illa de Taiwan''' é un continuo urbano que, de norte a sur, dende [[Taipei]] ata [[Kaohsiung]], exténdese por toda a metade oeste da illa de [[Taiwan]], e suma o 95 % da poboación do país, cunha das densidades máis altas do mundo (vinte e dous millóns de habitantes en pouco máis da extensión de Galicia).

Aproveita para iso a disposición xeográfica da illa, cun grande espiñazo montañoso que ocupa toda a metade oriental facendo residual o poboamento nesa parte. Desta maneira, practicamento todo o crecemento urbano producido polo fluxo continuo de inmigrantes dende o continente (sobre de todo da provincia de Fujian, ao outro lado do estreito de Taiwan), foi colmatando os intersticios entre as grandes cidades na chaira costeira occidental, converténdoa nunha rexión urbanizada densamente poboada froito da conurbación dun continuo de áreas metropolitanas. Serían, empezando polo norte, a área de Taipei, a maior do país, que se estende ata [[Hsinchu]] e [[Chunan]]; enlazaría co extremo norte da área metropolitana de Taichung que coa de Chiai máis ao sur constitúen o centro da megalópole; finalmente, no extremo meridional sitúase a conurbación de Kaohsiung-Tainan, o segundo conglomerado urbano do país tralo da capital.

A cidade principal é, obviamente, [[Taipei]], pois é o centro de Taiwan en todos os aspectos excepto o xeográfico. Séguenlle en importancia as xa citadas [[Kaohsiung]], [[Tainan]] e [[Taichung]].



Megalópole de Taiwan (2001):

* Taiwan(excepto faixa costeira oriental): 21 000 000
** AM de Taipei: 9 800 000
** AM de Taichung: 4 750 000
** AM de Chiai: 1 100 000
** C de Kaohsiung-Tainan: 5 230 000

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fourmilab.ch/cgi-bin/uncgi/Earth?imgsize=320&opt=-z&lat=23.9&ns=North&lon=239&ew=West&alt=7&img=learth.evif|   Imaxe actualizada do satelite]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Áreas metropolitanas|Taiwan]]
[[Categoría:Taiwán]]