Difference between revisions 3584550 and 3786173 on glwiki{{Título en cursiva}} {{Libro | nome = O estranxeiro | título orixinal = ''L'Étranger'' | tradutor = [[Valentín Arias]] | imaxe = [[Ficheiro:Camus23.jpg|200px]] | descrición da imaxe = Edición en francés de ''L'Étranger'' | autor = [[Albert Camus]] | ilustrador = | artista cuberta = | país = {{FRA}} | lingua = [[Lingua francesa|francés]] | colección = | tema = absurdismo ou filosofía do absurdo | xénero = novela | editorial = [[Edicións do Cumio]] | data publicación = {{FRAb}} [[1942]]<br />{{GALb}} [[1991]] | formato = papel | páxinas = 88 | id = | precedido por = | seguido por = }} '''''O estranxeiro''''' (''L'Étranger'') é un libro de [[Albert Camus]] publicado en [[1942]]. Forma parte da triloxía que o propio autor denominou ''[[ciclo do absurdo]]'', que define os fundamentos da filosofía de Camus e que comprende, ademais, o [[Ensaio (literatura)|ensaio]] filosófico ''Le Mythe de Sisyphe'' ([[1942]]) e as dúas [[teatro|pezas teatrais]] ''Calígula'' ([[1939]]) e ''O malentendido'' ([[1944]]). == Argumento == Nesta obra, Meursault, o protagonista do libro, un home que vive na [[Alxeria]] francesa, narra en primeira persoa algúns dos acontecementos da súa vida e mostra algunhas das súas preocupacións e pensamentos despois de recibir un telegrama onde se lle anuncia a morte da súa nai. Ó longo de toda a obra vemos como o personaxe principal, un home misterioso, frío e distante, non se conforma co establecido como “moralmente correcto”, de maneira que se sente como un estranxeiro tanto no mundo no que vive como dentro de si mesmo. (contracted; show full) a vida, o único que lle di ó xuíz no momento no que é sometido a xuízo é que está aburrido e que non se arrepinte de nada, ata o punto de que no último xuízo declara que se matou o rapaz árabe foi por causa do sol. Ademais de acusalo por asasinato, o maxistrado aproveitou o feito de que o día que enterraran a súa nai non chorara nin amosara ningún tipo de sentimento para declaralo culpable. Xa no cárcere, é visitado varias veces por un capelán que intenta facerlle ver as cousas de maneira diferente, pero estas visitas resultaron inútiles tanto para o capelán, que non conseguía facelo entrar en razón, como para Meursault, que seguía amosando unha indiferenza absoluta. Meursault vaise afacendo á vida no cárcere, onde pasa os días lendo e durmindo, chegando incluso a considerar que xa non lle importaba a vida fóra da mesma. Mentres pasan os días Meursault reflexiona e pensa na posibilidade de conseguir o indulto, pero no fondo sabía que iso era algo imposible. Na última visita do capelán e xa preto do día final, o protagonista non aguanta máis e agárrao polo pescozo, dando así a entender que pouco lle importa cal sexa a resolución do xuíz e reafirmando esa actitude impasible e apática que foi mostrando ó longo de toda a obra. Ó día seguinte, cando soa a sirena, el sabe que chegaba a súa hora. Foi condenado á guillotina. Aquel foi o único momento no que Meursault mostrou os seus sentimentos, ou mellor dito, fixo uso deles, pensando na súa nai. Pero o único que desexaba realmente eran os berros da multitude no momento da súa execución. == Curiosidades == * Foi levada ó cine por [[Luchino Visconti]] en [[1967]] aínda que sen moito éxito. * Os [[irmáns Coen]] inspiráronse nesta obra para facer o seu filme "The Man Who Wasn't There" ([[2001]]). * O grupo inglés [[The Cure]] dedicoulle a canción "[[Killing an Arab]]" a este libro. * Foi traducida a corenta idiomas, entre as que se atopa o [[esperanto]]. == Tradución ó galego == Foi traducido ó galego por [[Valentín Arias]] e publicado por [[Edicións do Cumio]] en [[1991]]. {{ORDENAR:estranxeiro}} {{Control de autoridades}}⏎ ⏎ [[Categoría:Obras narrativas en francés]] [[Categoría:Obras literarias de 1942]] [[Categoría:Obras traducidas do francés ao galego]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3786173.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|