Difference between revisions 3616876 and 3616878 on glwiki{{wikificar}} '''Salvemos Bens''' é unha organización cidadá da [[A Coruña|Coruña]], que ten como obxectivo preservar, fomentar e dar a coñecer o [[parque de Bens]]. Foi creada en 2015 e funciona como organización aberta, na que calquera persoa pode colaborar. == Historia == [[File:Jorge Jove y Javier Losada.jpg|thumb|Javier Losada y Jorge Jove firmando el acuerdo de cesión del parque]] (contracted; show full) Así Salvemos Bens convertiuse nunha organización independente que ten coma obxectivo promover e protexer o parque de Bens, pero mantenendo unha esencia participativa, na que calquera pode aportar ideas.<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref> ==Manifesto== O manifesto foi elborado polo grupo e leido por primeira vez na quedada celebrada polo grupo o 10 de maio, neste manifesto criticase a cesión de espazo público para unha persoa privada, faise hincapie na existencia doutros lugares dentro da cidade onde podese construir o museo, critica o engano que estaba a facer o concello co proxecto,sen consultar aos cidadans, e rexeita a construcción xa que ocuparía todo o espazo útil do parque, deixando só a parte máis excarpada e inacesibel. <blockquote>MANIFESTO. En defensa do Parque de Bens. O pasado mes de febreiro o alcalde da Coruña, Carlos Negreira anunciou a creación dun Museo da Automoción nos terreos do Parque de Bens; terreos que pasan de ser propiedade municipal e de uso público, a ocupados cunha entidade privada que cobrará pola entrada nas instalacións. Esta actuación implica o uso de 107.000 metros cadrados do actual parque e, a pesar dos anuncios municipais sobre a escasa repercusión da ocupación -unha quinta parte do terreo-, significa a práctica destrucción do entorno. A construcción do museo según o plan presentado ocupará a totalidade da superficie útil e tan só deixará libre aquelas zonas que debido ás características orográficas ocupan pendentes de difícil asentamento, ou aquelas outras cuxo subsolo corresponde ao antigo vertedeiro e se atopan en proceso de compactación. Ademais a influencia sobre o entorno, ao incorporar dentro do plan pistas de quads, motos e todoterreos que xerarán entre outros efectos contaminación acústica, convertirase nun lastre para o seu futuro adecuamento. Dende ( ... ) maniféstase a frontal oposición a este proxecto na medida en que: A. Non consideramos ética a actitude dun alcalde (e nisto se inclúe tanto ao exalcalde Javier Losada como ao actual Carlos Negreira) que "regala" á familia Jove un terreo que é de uso e disfrute dos coruñeses e que representa unha das poucas zonas verdes da cidade. Este regalo realízase incumplindo promesas electorais e sen ter en conta a opinión dos cidadáns. Vai tamén acompañado por subvencións procedentes das arcas municipais para estudios previos de viabilidade. B. Non aceptamos como coherente que se pretenda enganar á opinión pública minimizando o impacto dunha obra que rematará co obxectivo principal de esa zona, é dicir, ser un exemplo de rexeneración ecolóxica e medioambiental, que de feito foi inaugurada no Día Mundial do Medio Ambiente no ano 2.001 e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. C. Os terreos do Parque de Bens foron definidos por un informe independente encargado polo propio Concello da Coruña como sector afectado en gran medida por posibles accidentes debido á súa cercanía a Refinería de Repsol, co cal se sinalaba que "non de debería permitir a construcción". Lamentablemente, o goberno municipal decideu ignorar o informe e encargar outro máis propicio ás súas pretensións. D. Por último, consideramos innecesario e provocador que o lugar escollido polos responsables do Museo conleve todos os problemas citados cando na cidade da Coruña existen espazos utilizables que non xerarían os efectos negativos denunciados. Igualmente queremos clarexar que o noso único obxectivo é a protección dun lugar público constituído no seu día como zona verde, de lecer, e deportivo. Non buscamos ningún interese que non sexa o que abertamente reclamamos e de tal maneira tampouco somos contrarios á construcción do "Museo da Automoción" -sempre que sexa noutro lugar-, nin a posible cesión de terreos para o mesmo -sempre que se respecte a participación cidadá na toma de decisións-, nin as subvencións que recibe este proxecto por parte do Ministerio de Industria ou outros organismos -temática que lóxicamente non entra dentro da nosa incumbencia-. Por unha cidade máis ecolóxica, habitable e comprometida. SALVEMOS O PARQUE DE BENS."</blockquote>⏎ ==Polémicas== * Tras o anuncio de [[Xulio Ferreiro]] de paralizar o complexo, houbo unha grande discusión, debido ás acusacións do [[Partido Popular]] e de persoas favorables a construcción do museo de non consultar a todas as partes implicadas no proceso, e de so complacer a un grupo reducido de persoas. (contracted; show full) <ref>http://www.srperro.com/blog_perro/miles-de-personas-se-movilizan-para-salvaguardar-el-mayor-parque-publico-de-coruna</ref> <ref>https://www.change.org/p/ayuntamiento-de-a-coru%C3%B1a-en-contra-de-la-construcci%C3%B3n-del-museo-de-la-automoci%C3%B3n-en-el-parque-de-bens-de-la-coru%C3%B1a</ref> <ref>http://salvemosbens.ga/</ref> <ref>https://www.facebook.com/salvemos.bens</ref> [[Categoría:Asociacións de Galicia]] [[Categoría:A Coruña]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3616878.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|