Difference between revisions 3762449 and 3762509 on glwiki

'''Alba Barreiro''', nada en [[Vigo]] en [[1988]], é unha [[Arpa|arpista]] galega.

==Traxectoria==
Comezou en [[Vigo]] a súa formación musical, compaxinando estudos de [[piano]] e arpa. Especializouse en arpa. No ano [[2000]] comezou os estudos en arpa celta da man de [[Rodrigo Romaní]] (integrante do grupo [[Milladoiro (grupo musical)|Milladoiro]]), na escola de Artes e Oficios de Vigo. Continuou a súa formación en arpa clásica no [[Conservatorio Profesional de Música de Vigo]], coa arpista [[Celine Landelle]], arpista principal da [[Orquestra Sinfónica de Galicia]]. Tamén pasou polo [[conservatorio de Salamanca]] e asistiu ás clases de Marianne dez Voorde, arpista solista da [[Orquestra Sinfónica de Castilela ye León]]. En 2013 obtivo a Titulación Superior en Musikene ([[Centro Superior de Música do País Vasco]]) coas profesoras Christine Icart e Federique Caberling.  



Exerce como profesora de arpa no Centro Creativo Musical de [[Moaña]].

==Traballos==
* Foi membro da orquestra folk [[SondeSeu]] (dirixida por Rodrigo Romaní) coa que gravou tres álbums   ''Mar de Vigo'', ''Trastempo'' e ''Barlovento'' e participou en festivais como o Intercéltico de Lorient ou o Festival de Ortigueira.
* No ámbito da arpa clásica, pasou pola e pola [[Joven Orquesta Nacional de España, ]], [[Orquestra JovenMoza Sinfónica de Galicia]], nesta última e na Escola Municipal de Música Folk de Vigo tamén desenvolve o seu traballo docente.
*Concertos como solista, integrándose en grupos de cámara e colaborando en diferentes formacións como orquestras e bandas de música profesionais, como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Sinfónica de Castilla y León e a Real Filharmonía de Galicia.
*Participou na gravación das bandas sonoras de ''[[Pradolongo'', '' (filme)|Pradolongo]]'', ''[[Os xirasois cegos|Los girasoles ciegos]]'' e ''[[A casa de Luz]]''.

{{ORDENAR:Barreiro, Alba}}
[[Categoría:Arpistas]]
[[Categoría:Nados en Vigo]]
[[Categoría:Nados en 1988]]