Difference between revisions 3858300 and 3858328 on glwiki

A '''historia urbana de [[Guadalaxara, México|Guadalaxara]]''' comeza cando Nuño de Guzmán, orixinario da vila española de [[Guadalaxara, España|Guadalaxara]], emprendeu en 1529 unha expedición de conquista ao noroeste da [[Nova España]] de [[Hernán Cortés]], territorio que despois constituiría o reino da [[Nova Galicia]]. 

== Fundacións falidas ==
No seu nome, o capitán Cristóbal de Oñate fundou unha primeira Guadalaxara en 1532 a un cento de quilómetros ao nordeste da cidade actual (cerca da presente poboación de Nochistlán). Foi abandonada ao ano seguinte pola falta de auga e trasladada a Tonalá, no sueste da actual área metropolitana, onde permaneceu por dous anos ata que o mesmo Guzmán ordenou unha nova mudanza a Tlacotán (desta vez ao norte da cidade moderna) <ref> ''Esquema cos diferentes asentamentos e traslados de Guadalaxara'' [http://img104.imageshack.us/img104/4904/038dl.jpg]</ref>. Na zona vivían indios caxcanes e zacatecas moi belicosos e os seus constantes ataques provocaron un novo traslado a unha posición máis defendible no val de Atemajac, na ribeira esquerda (oeste) do arroio San Juan de Dios, afluente do Santiago que corre uns quilómetros ao nordeste <ref> ''Mapa de Nova Galicia a metade do s. XVI (o N á esquerda); Guadalaxara representada idealmente coma un rectángulo dividido en catro e construído'' [http://www.ub.es/geocrit/sn/218-71/rojas-4.jpg]</ref>. Era 1542 e a coroa conferiulle deseguido o título de cidade ao asentamento definitivo de '''[[Guadalaxara, México|Guadalaxara]]''' . 

== Capital de Nova Galicia ==
Non se conserva plano da fundación inda que coñécese que foron concedidos 63 lotes a outros tantos veciños. A planta era a canónica do urbanismo colonial español: unha malla cuadriculada de mazás (unha ducia cos lotes) cun baleiro central para a praza maior onde situábanse os edificios representativos. A primeira praza maior de Guadalaxara, a fundacional, foi a de San Agustín (hoxe ocupada polo Teatro Degollado), dúas mazás ao leste da definitiva <ref> ''Reconstrución da primeira traza de Guadalaxara cos asentamentos de indios (excepto Mezquitán); López Moreno'' [http://books.google.es/books?id=ITUHhcYBkKUC&lpg=PA22&ots=F-aQqBJEu-&dq=traza%20urbana%20de%20las%20distintas%20fundaciones%20de%20guadalajara&hl=en&pg=PA25#v=onepage&q&f=true]</ref>.

A recentralización foi debida a que en 1560 a cidade foi designada capital e sede bispal do reino de Nova Galicia (no canto de [[Compostela de Indias]]) e unha catedral de nova planta (1561-1618) comezou a construírse ao oeste do centro primitivo conformando así unha nova praza maior (Praza de Armas, 1630) flanqueando o templo, cos edificios do poder civil e soportais arredor <ref> ''Plano detallado de Guadalaxara (usar o zoom para veres o centro, o N á dereita); 1745'' [http://www.geoinstitutos.com/serv_cartg/default.html]</ref>.

As cuadrículas coloniais non incluían as poboacións indíxenas, que asentábanse nas aforas. No caso de Guadalaxara xa existía ao norte o poboado de indios tecuexes de Mezquitán e ao sur, na outra beira do arroio, asentáronse indios vidos cos franciscanos en Analco a carón do primeiro convento e mexicas traídos polo vicerrei Mendoza en Mexicaltzingo ao suroeste. Estes poboados terminarían anexionados coma barrios da vila en 1667, manifestos nunha clara distorsión do tecido ortogonal no caso dos dous últimos. Ademais, tamén na beira oriental do río, creceu dende o principio o barrio homónimo de San Juan de Dios, onde fundouse o primeiro hospital de Guadalaxara (1557) <ref> ''Recreación a vista de paxaro da Guadalaxara do século XVII dende o nordeste: no primeiro termo, a esquerda San Juan de Dios e Santa María de Gracia sobre a praza fundacional; ao fondo San Francisco e máis aló Mexicaltzingo; no centro o oco da Praza Maior e a catedral'' [http://img512.imageshack.us/img512/9248/203nd.jpg]</ref>. 

== Século XVIII ==
Nos primeiros planos que aparecen no [[século XVIII]] vemos o organismo urbano xerador da cidade futura xa consolidado <ref> ''Primeiro plano de Guadalaxara (o N embaixo), 1724'' [http://mike.rincondelhuevo.com/torrena/1724_small.jpg]</ref> . No eixo oeste-leste marcan os extremos os grandes ámbitos do Hospicio do Carmen e o Hospital de San Juan de Dios e Santa María de Gracia a ámbalas duas beiras do río. Entre eles os espazos principais da cidade, as dúas prazas maiores (primitiva e da catedral). No eixo sur-norte os dous conventos das ordes mendicantes: [[franciscanos]] na súa localización definitiva entre o límite meridional da cidade e Mexicaltzingo, e os [[dominicos]] cara ao norte. Guadalaxara é xa un centro urbano de importancia, no soamente coma cabeceira comercial dunha ampla rexión agrícola, senón tamén coma praza de paso entre a capital, a [[Cidade de México]], e os territorios de exploración e conquista máis ao noroeste, cara a [[California]] <ref> ''Plano de Guadalaxara, 1800 (o N á dereita); barrios de S. Juan de Dios e Analco na esquina inferior esquerda'' [http://www.ub.es/geocrit/sn/218-71/rojas-8.jpg]</ref>.

== Independencia: Capital de Xalisco ==
En 1823 Guadalaxara converteuse na capital do estado federado de [[Xalisco]] dentro da [[República Mexicana]]. Aínda que o [[século XIX]] estivo cheo de trafulcas militares, no eido urbano a cidade comezou unha lenta industrialización e modernización (o ferrocarril chegou a finais de século ata o que era a horta de San Francisco). A urbe seguiu ampliando a súa cuadrícula (inda que con correccións da traza por errores iniciais respecto aos eixos cardinais) cara ao norte e oeste. Ao leste do río e no sur, San Juan de Dios, Analco e Mexicaltzingo crecían con outro patrón <ref> ''Plano de Guadalajara, 1887'' [http://img512.imageshack.us/img512/6822/215pa.jpg]</ref>. As leis de reforma e desamortización de metade de século permitiron completar a trama naqueles puntos nos que os recintos das institucións relixiosas a interrompían . 

== Século XX ==
No tempo previo a revolución de 1911 soterrouse o arroio de San Juan de Dios (a diagonal da Calzada Independencia no seu lugar) que dividía a cidade en dous dende a fundación <ref> ''Plano panorámico de 1914: o arroio de S.Juan aparece xa soterrado e ao seu carón corren as vías do ferrocarril'' [http://img512.imageshack.us/img512/9158/241hi.jpg]</ref>. Nos anos corenta, cando as guerras post-revolucionarias remataron, comezou unha etapa de crecemento, industrialización e embelecemento da vila. De 1948-1952 data a intervención máis sinalada no centro da cidade histórica. Segundo o proxecto de Ignacio Díaz Morales creouse unha cruz de prazas arredor da catedral, uníndoa co Teatro Degollado que fora construído (1866) na primitiva praza fundacional de S. Agustín <ref> ''Vista aérea do centro de Guadalaxara antes da intervención; o teatro Degollado ao fondo, 1942'' [http://1.bp.blogspot.com/_6hBPzEUA5k8/SK9sK0kEenI/AAAAAAAAD0s/8bUpDhlGmgU/s400/vista+aerea+de+Guadalajara,+1942.JPG]</ref>, xuntando así espacialmente nun único ámbito urbano as pezas xeradoras da urbe <ref> ''Vista aérea da cruz latina de prazas entre a catedral e o teatro Degollado'' [http://www.visitingmexico.com.mx/jalisco/imagenes/guadalajara/aerea.jpg]</ref>.

Na segunda metade do século Guadalaxara experimentou o mesmo gradual proceso de metropolitanización que outras grandes vilas, cunha forte inmigración do rural cara a unha concentración de polos industriais, suburbialización e conurbación coas municipalidades veciñas <ref> ''Plano de Guadalajara, 1945'' [https://archive.is/20120710233237/img166.imageshack.us/img166/6302/1945smallhz9.jpg]</ref><ref> ''Esquema do crecemento de Guadalaxara, 1940-1980'' [http://img104.imageshack.us/img104/7283/276iy.jpg]</ref>.

== Notas ==
<references/>

{{ORDENAR:Guadalaxara, Historia urbana de}}

[[Categoría:Historia de cidades]]
[[Categoría:Cidades de México]]
[[Categoría:Estado de Xalisco]]