Difference between revisions 3887601 and 3934070 on glwiki

{{Outroshomónimos|Compostela}}

[[Ficheiro:CompostelaMapa.jpg|miniatura|250px|rigt|Mapa da municipalidade de Compostela en Nayarit.]]
'''Compostela''' é un municipio ao sur do Estado de [[Nayarit]], en [[México]]. Limita coas municipalidades mexicanas de [[San Blas]], [[Xalisco]], [[Santa María del Oro, Nayarit|Santa María del Oro]], [[Baía de Banderas]] e co [[Porto Vallarta]] e [[San Pedro Lagunillas]] no [[estado de Xalisco]] e ao oeste co [[Océano Pacífico]]. A súa área comprende 1.848 km² , cunha poboación arredor dos 63.000 habitantes. A capital municipal é [[Compostela de Indias]], a segunda vila en poboación é [[Rincón de Guayabitos]]. Atópase dentro das coordenadas xeográficas extremas entre os paralelos 21º22’ a 20º52’ de latitude ''norte'', e os meridianos 104º49’ e 105º22’ de lonxitude ''oeste''.

Así mesmo, comunica coas cidades de [[Guadalaxara, México|Guadalaxara]] [[Xalisco]] e [[Tepic]] [[Nayarit]] a través da autoestrada e do ferrocarril, amais de estar ligada por unha estrada convencional coa vila de [[Porto Vallarta]] [[Xalisco]].

== Etimoloxía do topónimo ==
[[Ficheiro:Logo de compostela nayarit.jpg|miniatura|150px|rigt|Escudo de armas do concello de Compostela en Nayarit, México.]]
O primeiro nome de Compostela identifícase co nome antigo na [[lingua náhuatl]] de '''Cactlān''' (''cfr''. náhuatl actual '''Cac'''tli (zapato) e o sufixo de '''tlān''' (preto de-). O seu antigo nome provén do náhuatl que significa "lugar preto dos zapatos".

(contracted; show full)* [[Cristóbal de Oñate]].
* [[Xalisco]].

=== Ligazóns externas === 
*[http://www.e-local.gob.mx/work/templates/enciclo/nayarit/ Enciclopedia dos concellos de México/Compostela] {{Es}}

[[Categoría:Nayarit]]
[[Categoría:Concellos de Nayarit]]