Difference between revisions 3933147 and 3947213 on glwiki{{Aviso|'''Artigo sen [[Wikipedia:Criterios de notoriedade|relevancia]] enciclopédica aparente.'''}} [[Ficheiro:Atnag.png|miniatura|Atnag, [[software libre]] para crear actividades educativas para [[educación infantil]].]] Atnag é un programa de autor realizado polo francés [[Gérard Sellés]]. Unha ferramenta que funciona baixo [[Linux]] e permite crear diferentes tipos de actividades [[educación|educativas]], especialmente indicadas para o alumnado de [[educación infantil]] e o primeiro ciclo de [[educación primaria]]. Foi traducido ao galego por [[Xosé Antón Vicente Rodríguez]]. ==Actividades== *Esponxa: Para deseñar unha actividade coa que acadar destreza no manexo do [[rato (informática)|rato]], borrando ou cubrindo un debuxo. ⏎ ⏎ *Clic: Para seguir mellorando a destreza co rato sobre un elemento, xa sexa desprazándoo ou facendo clic co botón esquerdo. ⏎ ⏎ *Memoria: Para atopar figuras idénticas abríndoas de dúas en dúas. ⏎ ⏎ *Memoria 2: Asociando as cartas con un son ou texto (moi interesante na aprendizaxe de [[lingua estranxeira|linguas estranxeiras]]). ⏎ ⏎ *Intruso: Atopar entre doce elementos aquel que non é igual aos demais. ⏎ ⏎ *Dominó: Permite deseñar un xogo no que o alumnado debe completar ou construír as dúas caras dun conxunto de dominó. ⏎ ⏎ *Número (cantidade): Hai que contar o número de elementos da pantalla. ⏎ ⏎ *Número (relación): Cómpre atopar os valores de todas as caras do dominó que corresponden co valor que indica o dado, tirado ao chou. ⏎ ⏎ *Caída (letras-números): Débese impedir que as letras, sílabas, palabras ou números que descendan toquen o chan, premendo antes a letra, sílaba, palabra ou número no teclado. ⏎ ⏎ *Xeoformas: Consiste en construír e colorear un debuxo dado con figuras xeométricas (círculos, cadrados, triángulos), segundo o modelo proposto. ⏎ ⏎ *Formas e cor: Atopar a través dunha serie de debuxos construídos por formas xeométricas -divididas en catro partes e coloreada cada zona- unha forma concreta segundo as cores que a constitúen. ⏎ ⏎ *Labirinto: O alumno terá que moverse utilizando as frechas de dirección no labirinto. Hai varias opcións para este xogo. ⏎ ⏎ *A oca: O alumno terá que moverse no taboleiro do [[xogo da oca]], segundo o número de casiñas determinado por unha tirada aleatoria. ⏎ ⏎ *Seleccionar (tamaño): Para atopar nun conxunto de elementos o obxecto concreto segundo a orde dada. ⏎ ⏎ *Clasificar (tamaño): Débese clasificar un conxunto de elementos segundo a orde dada. ⏎ ⏎ *Test: Hai que escoller unha resposta entre varias, para cada unha das preguntas propostas. ⏎ ⏎ *Letras e números: Consiste en facer desfilar unha serie de fotos, premendo a primeira letra do obxecto representado para poder pasar á seguinte. ⏎ ⏎ *Cadro de dobre entrada: Cómpre acertar unha serie de asociacións nun cadro de dobre entrada. ⏎ ⏎ *[[Crebacabezas]]: Deberase construír un crebacabezas. Diferentes posibilidades como asociar sons, ordenar secuencias... ⏎ ⏎ *Colorear 1: Colorear libremente ou segundo a orde dada. ⏎ ⏎ *Colorear 2: Con etiquetas, reproducir un debuxo de modelo, ordenar frases,... ⏎ ⏎ *Relacionar 1: Para establecer relacións segundo diferentes criterios: círculo-óvalo, cor, dentro-fóra. ⏎ ⏎ *Relacionar 2: Relacións segundo varios criterios: Valores. ⏎ ⏎ *Lectura: Permite a clasificación dos nomes das imaxes por letras, sílabas, [[fonema]]s, asociación, [[ortografía]], plurais. ⏎ ⏎ *Bits I: A partir deste motor é posible aplicar na aula o [[método de estimulación temperá]] de [[Glenn Doman]]. Imaxes e texto. ⏎ ⏎ *Bits II: Bits de intelixencia e contos. ⏎ ⏎ *Bits III: Contos con texto. ⏎ ⏎ *Bits IV: Aprendizaxe de conceptos matemáticos de cantidade e resta de cantidades. ⏎ ⏎ *Bits V: suma ou resta. ==Véxase tamén== ===Ligazóns externas=== *[http://www.atnag.org/ Páxina principal] {{Ligazón morta}} *[http://www.cor-edux.org/modules.php?op=modload&name=dpHtml&file=tdm/ Documentación] {{Ligazón morta}} *[http://www.cor-edux.org/mailman/listinfo/ATNAG-usuarios-es/ Lista de distribución en español de usuarios de Atnag] {{Ligazón morta}} *[http://engalego.blogspot.com/2007_02_01_archive.html Blog do tradutor ao galego] [[Categoría:Aplicacións]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=3947213.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|