Difference between revisions 3988329 and 4162462 on glwiki

{{Ampliar}}
{{Termo de arte marcial
|traducion  = Liña central
|kanji      = 正中線
|hiragana   = せいちゅせん
}}
'''Seichusen''' (en {{lang-ja|正中線}}, ''seichū sen'', liña central), ou '''chushinsen''' ({{lang|ja|中心線}}, ''chūshin sen''), é unha liña vertical imagixária que pasa a través do centro do corpo dunha persoa, que debe servir como punto de referencia para a execución de toda e calquera técnica, de ataque ou defensa, desprazamento e para a formación da postura corporal. A idea é facer o loitador comportarse de modo similar a unha roda que ten o seu eixe, en torno ao cal xira, ou como o péndulo ten seu punto fixo de onde oscila.<ref>{{cita web|lingua=italiano|url=http://www.karateivrea.it/Kusshinuke_Seichusen.pdf|título=Kusshinuke e Seichusen|dataacceso=26 de outubro de 2014}}</ref><ref>{{cita web|lingua=italiano|url=http://www.karateivrea.it/kata_la_forma_che_vive.pdf|título=Kata: la forma che vive|formato=PDF|dataacceso=26 de outubro de 2014}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.aiki-shuren-dojo.com/media/takemusu_aikido_glossary2014.pdf|formato=PDF|dataacceso=30 de outubro de 2014|título=Takemusu Aikido glossary}}</ref> O obxectivo é dispor dun punto de referencia relativamente fixo a partir do cal o loitador poida comprender cales áreas de defensa son importantes. Así, conxugándose o eixe central do corpo coa liña de cintura ([[hara]]) maila técnica de [[sashite]], por exemplo, conséguese obter un modelo para focalizar as técnicas.<ref>{{cita libro|lingua=italiano|título=Tegumi. Kumite|nome=Ciro|apelidos=Varone|localización=Trento|editor=UNI Service|ano=2012|páxina=116}}</ref><ref>{{cita web|lingua=holandés|título=Kamae {{lang|ja|構え}}, shisei {{lang|ja|姿勢}}|url=http://www.kochokai.nl/?p=458|dataacceso=30 de outubro de 2014}}</ref><ref>{{cita web|lingua=castelán|url=http://budokan.es/artes-marciales/jujutsu-tradicional/|título=Jujutsu Tradicional - Budokan Vilanova del Camí|dataacceso=30 de outubro de 2014}}</ref>

A intersección de liñas marca o punto de onde a enerxía orixínase e por onde ela é recibida. Trátase dun punto central no corpo, que coincidiría co seu baricentro, a través do cal a enerxía do [[qi (enerxía)|ki]] flúe.  	
O ideal é que a forza do ataque saia do centro do corpo e, cando un opoñente realize o seu propio ataque, quen está defendendo debe conducir ou asimilar a enerxía do golpe do adversario facendo que a traxectoria do golpe pase a través deste punto central ou que siga por un círculo con eixe neste mesmo punto.<ref>{{cita libro|lingua=inglés|título=Essential Shorinjiryu Karatedo|nome=Masayuki|apelidos=Kukan Hisataka|editor=Tuttle|localización=Toquio|ano=2011}}</ref>

O coñecemento de ''seichusen'' é fundamento para a realización de moitas técnicas, que non son só golpes, mais técnicas de desprazamento ([[shintai]]), porque ao se mudar dun sitio para outro é necesario conservar o equilibrio, coa finalidade de conservar aínda toda a potencia das técnicas desenvolvidas, e postura ([[kamae]]), porque asegurar a posición de modo estábel tórnase requisito imprescindíbel para recibir un golpe contrario de forma máis doada. E ben así o menor gasto da propia enerxía.<ref>{{cita web|lingua=francés|url=http://www.budoshugyosha.com/principe-de-deplacement-et-respiration-selon-kuroda-sensei/|título=Principe de déplacement et respiration selon Kuroda sensei|dataacceso=30 de outubro de 2014|data=3 de xuño de 2011}}</ref>

Trátase de noción imprescindíbel para a boa execución dos exercicios e da correcta descrición dos golpes ([[dosen]]).<ref>{{cita libro|lingua=inglés|título=Shotokan mysteries|nome=Kousaku|apelidos=Yokota|editor=Xlibris|ano=2013|páxina=138}}</ref>

== Notas ==
{{Listaref|30em}}

{{Tai sabaki}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Artes marciais do Xapón]]