Difference between revisions 4104243 and 4125778 on glwikiEn [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mesturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas. Un exemplo dunha mestura é area con limaduras de ferro, que a primeira ollada é fácil ver que a area e o ferro manteñen as súas propiedades. Existen dous tipos de mesturas: mesturas heteroxéneas e mesturas homoxéneas. == Mesturas heteroxéneas == Mestura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. A madeira, o granito, as rocas, area e auga, aceite e auga, a sopa de verduras, as ensaladas son exemplos de mesturas heteroxéneas. As mesturas heteroxéneas son mesturas formadas por substancias visiblemente diferentes, ou de fases diferentes, e presentan un aspecto non uniforme. Un exemplo é o granito. As partes dunha mestura heteroxénea poden ser separadas por [[filtración]], [[decantación]] e por [[magnetismo]]. Nas mesturas heteroxéneas podemos distinguir cinco tipos de mesturas: * Suspensión grosa: Mesturas heteroxéneas formadas por partículas dun sólido, de tamaño non pequeno, que se dispersan nun medio líquido. (contracted; show full) A sublimación (do latín sublimare) é o proceso que consiste no cambio de estado da materia sólida ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Pódese chamar da mesma forma ao proceso inverso, ó paso directo do estado gasoso ó estado sólido, pero é máis apropiado referirse a esa transición como sublimación inversa ou regresiva. Un exemplo clásico de su bstancia capaz de sublimarse é o xeo seco. == Mesturas homoxéneas == As mesturas homoxéneas son mesturas que teñen unha aparencia uniforme , non se diferencian os seus compoñentes ou substancias que forman a mestura. Moitas mesturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente. Mestura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman. Existen cinco tipos de mesturas homoxéneas que son: * sólido - sólido * líquido - sólido * líquido - líquido * gas - líquido * gas - gas As características das mesturas homoxéneas son: * o seu aspecto uniforme (homoxéneo)en todas as súas partes, * os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, * non sedimentan, * atravesan todos os filtros, e * os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos. == Véxase tamén == * [[Suspensión (química)]] * [[Disolución]] [[o:?????]] [[hei:??????]] [[Categoría:Química]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=4125778.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|