Difference between revisions 4508578 and 4515532 on glwiki

{{Atención|1=Véxase a páxina de conversa|data=decembro de 2015}}

==Apoio institucional==

Dende a consecución do autogoberno, a [[Xunta de Galicia]] veu desenvolvendo diversas accións co obxectivo de converter óo '''sector audiovisual galego''' nun importante sector económico.

En 1983, Luis Álvarez Pousa accede ó cargo de Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, posto dende o cal impulsa as primeiras medidas a prol do audiovisual. En primeiro lugar, habilítanse as primeiras subvencións e axudas públicas. Tamén se funda en A Coruña o [[CGAI|Centro Galego de Artes da Imaxe]] (CGAI), destinado a facer os labores propios dunha filmoteca. Tamén comeza o estudio para implantar algún tipo de estudos profesionais verbo do audiovisual, proxecto que(contracted; show full) deficiencias financeiras crónicas das produtoras galegas. Isto debería acentuar a concentración do sector, que fosen expulsadas as empresas de menor capacidade o cal podería significar unhas maiores economías de escala e unha mellora nas condicións laborais do sector. Non obstante, debe terse en conta que os bancos e as caixas descoñecen o sector audiovisual, un sector de alta rendibilidade pero un dos máis arriscado da economía mundial, e poderían verse sometidas a fortes tensións e perdas cuantiosas se 
aos súaeus inversiónstimentos non alcanzan un tamaño suficiente e a produción galego non se diversifica (o sistema de Hollywood baséase nun forte investimento diversificado nunha ampla gama de produtos que reduce os riscos: o que se perde cunha película gañase con outras, facendo que o beneficio medio se manteña). Se o tamaño das empresas non crece, se os produtos audiovisuais non se diversificase e se a comercialización non se internacionalizase a produción galega seguirá condenada á anecdota e os bancos abandonarían o sector escamad(contracted; show full)estes sectores a nivel internacional). Este punto de vista adolece dun defecto: a industria audiovisual depende en gran medida dunha forte división do traballo, dunha alta especialización da súa man de obra combinada cunha flexibilidade absoluta. Precisa por dun tipo de traballadores moi especial (tamén moi vocacional). A precariedade laboral e os baixos salarios tende a desmotivar á masa de traballadores, a minguar a súa produtividade e no longo prazo minan a competitividade do sector.

==Véxase tamén==


=== Outros artigos ===
* [[Cine galego]]

===Ligazóns externas===

*[http://culturagalega.org/avg O soportal do audiovisual galego AVG en Culturagalega.org]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Audiovisual galego]]