Difference between revisions 4770793 and 5048312 on glwiki

{{atención|data=decembro de 2009|Non está redactado como artigo enciclopédico, semella un ensaio con valoracións do autor}}
{{Sen referencias}}
'''Eutanasia''' (do [[Lingua grega|grego]] ''eu'' perfecto e ''thanatos'' morte) é a práctica pola cal se abrevia, sen dor ou sufrimento, a vida dun enfermo incurable. A eutanasia representa actualmente unha cuestión [[ética]] controvertida, pois algunhas persoas achan errado matar un ser humano, (contracted; show full)

A discusión en torno dos valores culturais, éticos e relixiosos na práctica da eutanasia remonta á [[Grecia Antiga]], que coñeceu dúas realidades moi distintas: en Esparta, os meniños eran examinados polos membros do Senado, para determinar se presentaban algunha deficiencia física, ou se tiñan a robusteza necesaria para se tornaren bos soldados. Aqueles que non posuían as características esixidas s
oufrían a eutanasia euxénica. Así a todo, na cidade rival, [[Atenas]], a eutanasia era defendida por algúns como un acto de compaixón para un doente en sufrimento. [[Platón]], [[Sócrates]] e [[Epicuro de Samos|Epicuro]] defendían a idea de que o sufrimento provocado por unha doenza xustificaba o suicidio do enfermo. [[Aristóteles]], [[Pitágoras]] e [[Hipócrates]], polo contrario, condenaban o suicidio. No coñecido [[Xuramento de Hipócrates]], consta: ''”A ninguén darei por compracer, nin remedio mor(contracted; show full)Salvar, facer uso dos medios, do coñecemento, de tódolos recursos para salvar é lóxico. Así a todo, os coidados paliativos que pretenden a mellor [[calidade de vida]] posible para o doente e para a familia, pode ou non equivaler a definición de calidade deses intervenientes, o que pode levantar dúbidas, incentivar as habituais polémicas asociadas ao debate do tema.
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Ética]]
[[Categoría:Medicina]]
[[Categoría:Dereito penal]]