Difference between revisions 4793745 and 4850477 on glwiki

{{atención|data=setembro de 2017|Revisión de ortografía, redacción, referencias - ver [[Wikipedia:A Taberna (xeral)#Revisión de artigos de Judcosta]]}}
[[Ficheiro:Aleppo_Codex_Joshua_1_1.jpg|miniatura|Closeup De Aleppo Codex, Joshua 1:1]]
[[Ficheiro:Aleppo_Codex_(Deut).jpg|miniatura|Páxina desde Aleppo Codex, Deuteronomy]]
O '''Códice de Alepo''', referido tamén '''Coroa de Alepo''' (en {{Lang-he|כֶּתֶר אֲרָם צוֹבָא}}, ''Keter Aram Tsová''){{Ref label|A|{{lang|he|א}}}}, é un manuscrito medieval da [[Biblia hebrea]] que foi escrito na cidade de [[Tiberíades]], no Norte de [[Israel]], durante o [[século X]]. O seu contido tivo a fidelidade fronte ó texto bíblico aprobada por [[Maimónides]]. Este códice mailo [[Códice de Leningrado]] compoñen o exemplar do estilo de Ben-Asher de [[texto masorético]]. Sucede, porén, que o Códice de Alepo nos está completo, carecendo da mor parte dos libros que forman a Tora e tamén de moitas outras partes.<ref name="haaretz.com">{{cita web|lingua=castelán|url=http://www.templodesalomon.com/index.php?option=com_content&task=view&id=360&Itemid=583|dataacceso=13 de febreiro de 2017|páxina-web=El Templo de Salomón|título=El Códice Aleppo}}</ref> As súas páxinas son en [[pergameo]], coas dimensións de 33&nbsp;cm de altura e 26,5&nbsp;cm de anchura.

== Historia ==
=== Prolegómenos ===
A comunidade [[Xudaísmo caraíta|caraíta]] de [[Xerusalén]] adquiriu o códice por volta de cen anos despois de que foi rematado.{{sfn|Nehmad|1933|pp=1-3}}<ref>{{cita novas|apelidos=Pfeffer|nome=Anshel|title=Fragment of Ancient Parchment From Bible Given to Jerusalem Scholars|url=http://www.haaretz.com/news/fragment-of-ancient-parchment-from-bible-given-to-jerusalem-scholars-1.232641|páxina-web=Haaretz|date=6 de novembro de 2007|lingua=en}}</ref> Durante o tempo da [[Primeira Cruzada]], a sinagoga foi saqueada e o códice foi transferido cara ó [[Exipto]], cuxos xudeus pagaron un prezo alto para o seu rescate. Foi preservado na sinagoga [[Xudaísmo caraíta|caraíta]] da [[Vella Cairo]]{{Ref label|B|{{lang|he|ב}}}}, onde foi usado por [[Maimónides]], que o describiu como un texto fiable para tódolos estudosos xudeus. Supónse que en 1375 un dos decendentes de Maimonides lavouo até [[Alepo]], [[Siria]], razón para o seu nome presente.

O códice permaneceu na Siria por quiñentos anos. En 1947, axitadores, so pretexto do Plan das Nacións Unidas para a partición de Palestina, incendiaron a esnoga na que o manuscrito estaba gardado. O códice quedou desaparecido, rexurdindo en 1958, cando foi contrabandeado cara a [[Israel]] por un [[xudeus sirios|xudeu sirio]], Murad Faham, e regalado ó presidente, Yitzhak Ben-Zvi. Na chegada do libro, viuse que algunhas das súas partes foran perdidas. O Códice de Apelo foi confiado ó Instituto Ben-Zvi e á [[Universidade Hebrea de Xerusalén]].

=== Rescate ===
[[Ficheiro:Aleppo_Deut_1910_Photo.jpg|miniatura|Fotografía de páxina perdida{{Ref label|C|{{lang|he|ג}}}}]]
A comunidade caraíta de Xerusalén recibiu o libro de Israel Ben Simha, de Basra, nalgún momento entre o 1040 e o 1050.<ref name="judith">Olszowy-Schlanger, Judith.</ref> Foi coidado polos irmáns Hizkiyahu e Joshya, os líderes relixiosos que finalmente levárono a Fustat en 1050. O codex, con todo, ficou en Xerusalén ata o fin daquel século. Despois do [[Cerco de Xerusalén (1099 d.C.)|Cerco de Xerusalén]], en 1099, durante a Primeira Cruzada, os [[Cruzado]]s tomaron o códice e outros obxectos relixiosos e apresaron as persoas superviventes da comunidade xudía para esixir rescate.<ref name="ols">Olszowy: pp. 54-55 and footnote #86</ref><ref name="codex">[http://www.aleppocodex.org/10.html The Vicissitudes of the Aleppo Codex]&nbsp;– See ''4.4 The Crusades and the Ransoming of Books''.</ref> O [[sitio web]] do Códice de Alepo cita dúas cartas atopadas na [[Guenizá do Cairo]] que describen como os habitantes de [[Ascalón]] pediron prestado diñeiro do Exipto para pagar polos seus libros. Estas cartas, redactadas en [[lingua árabe xudía|árabe xudeu]], foron descubertas polo afamado historiador xudeu [[Shelomo Dov Goitein]] en 1952.<ref>Kedar, Benjamin Z. "The Jerusalem Massacre of July 1099 in the Western Historiography of the Crusades." in ''The Crusades'' (Vol. 3). ed.</ref> A [[Carta dos Anciáns Caraítas de Ascalón]], a máis descritiva das dúas, relata que o diñeiro pedido prestado de [[Alexandría]] foi usado para "recomprar douscentos e trinta códices bíblicos, unha outra centena de volumes e oito [[Sefer Torá|Rolos de Tora]]".<ref>Goitein, S.D. ''A Mediterranean Society: The Jewish Communities of the Arab World as Portrayed in the Documents of the Cairo Geniza. ''</ref> Os documentos foron transportados cara ó Exipto vía unha caravana liderada e financiada polo prominente oficial alexandrino Abu'l-Fadl Sahl b. Yūsha' b. Sha‘yā, quen estaba en Ascalón para o seu casamento no comezo de 1100.<ref>Goitein: pp. 375–376 and footnote #81 on pg. 612</ref> Inscricións en árabe xudeu na primeira páxina do códice mencionan que o libro foi entón "transferido á sinagoga xerosolimitana en Fustat." O sitio web do Códice revela como o libro cambiou de mans.
{{cita centrada|[Foi] movido&nbsp;[...], de acordo coa lei de liberación do aprisionamento [no que caeu] en Xerusalén, a Cidade Santa — que sexa ela reedificada e restaurada — até a comunidade de ''Knisat Yerushalayim'', do Exipto — que sexa ela edificada e establecida na vida de Israel —. Bendito aquel que o gardar e maldicido aquel que o extraviar, aquel que o vender e aquel que o empeñar. Que non sexa endexamais vendido e que non sexa contaminado para todo sempre.<ref name=codex/>}}

=== En Alepo ===
A comunidade de Alepo celou dilixentemente do códice por algo coma seiscentos anos: foi gardado, xunto con outros tres manuscritos bíblicos, nun armario especial, máis tarde, nun cofre de ferro, nunha ermida da bodega da [[Sinagoga Central de Alepo]], que supostamente fora a [[caverna de Elías]]. Era considerado o ben máis sagrado da comunidade: aqueles en dificultades acostumaban rezar diante del, e foron feitos xuramentos por el. A comunidade recibía preguntas de xudeus de tódolo mundo, que pedían que varios detalles textuais fosen verificados. Estas correspondencias foron preservadas por medio das [[responsa]]s, a cal permite hoxe reconstituír certos detalles das partes que están faltando actualmente. Máis importante: na [[década de 1850]], [[Shalom Shachne Yellin]] enviou o seu xenro, Moses Joshua Kimchi, até Alepo, para obter informacións do códice. Kimchi detívose por semanas, e copiou millares de detalles a respecto do códice nas marxes dunha pequena copia manuscrita da [[Biblia]]. A existencia desta pequena Biblia era testificada ós estudosos do [[século XX]] polo libro ''Ammudé Shesh'', de [[Shemuel Shelomo Boyarski]], e a propia Biblia foi atopada de feito por [[Yosef Ofer]], en 1989.

No entanto, a comunidade restrinxiu o contacto directo co manuscrito por quen non era local, especialmente por estudosos nos tempos modernos. [[Paul E. Kahle]], cando revisou o texto da [[Biblia Hebraica (Kittel)|Biblia Hebraica]] na [[década de 1920]], intentou, mais non conseguiu sacar unha copia fotogáfica. Este feito forzouo a usar o ''[[Códice de Leningrado]]'' na terceira edición, que foi publicada en 1937.

O único académico que obtivo permisión de comparar o códice cunha edición estándar (impresa) da [[Biblia hebrea]] e tomar notas a respecto das diferenzas foi [[Umberto Cassuto]], que o fixo en 1943.<ref>{{cita web|lingua=inglés|título=A Wandering Bible: The Aleppo Codex|url=http://www.english.imjnet.org.il/page_1358|páxina-web=The Israel Museum|lugar=Xerusalén|dataacceso=26 de outubro de 2016}}</ref> Este sixilo tornou imposible corroborar a autenticidade do códice, e, de feito, fixo con que Cassuto dubidase que se trataba do propio códice de Maimonides, aínda que concordase que se trataba dun manuscrito do [[século X]].

Durante os disturbios antixudaicos de 1947 en Alepo, a vetusta sinagoga da comunidade sufriu atentado, sendo queimada por hordas contrarias á creación do [[Estado de Israel]], danificando o códice, polo que, das estimadas 487 páxinas orixinais, soamente 294 lograron subsistir.{{Ref label|D|{{lang|he|ד}}}} Perdeuse moita cousa: case tódala Tora, apenas as últimas dúas páxinas perduraron; tres páxinas do Libro de Reis; tres, de Xeremías; metade de Amos; o comezo de Miqueas; dúas páxinas dos Salmos; e todo de Obadías, Xonás, Eclesiastes, Lamentacións, Ester, Daniel e Esdras e Nehemías. {{sfn|Flint|2013|p=39}}<ref>{{cita web|lingua=portugués|url=http://g1.globo.com/Noticias/Ciencia/0,,MUL175389-5603,00-INSTITUTO+DE+ISRAEL+RECEBE+FRAGMENTO+DA+BIBLIA+COM+MAIS+DE+ANOS.html|páxina-web=Globo|dataacceso=13 de febreiro de 2017|título=Instituto de Israel recebe fragmento da Bíblia com mais de 1.000 anos|data=9 de novembro de 2007}}</ref>

O feito das partes faltantes son obxecto de intensa controversia. Os xudeus de Alepo din que foron queimadas. Con todo, a análise por parte duns pescudadores teñen amosado non haber evidencia de lume atanguendo as follas de pergameo, sendo que as marcas escuras serían decorrentes de [[fungo]]s. Algúns estudosos afirman que eventualmente persoas da comunidade xudía sacaron as follas para gardaren consigo de modo particular. Dúas follas "perdidas" reapareceron, unha en 1982 e outra en 2007, significando que outras partes poidan ter sobrevivido ós disturbios de 1947.<ref name="holy">{{cita novas|autor=[[Ronen Bergman]]|lingua=inglés|título=A High Holy Whodunit|url=http://www.nytimes.com/2012/07/29/magazine/the-aleppo-codex-mystery.html?pagewanted=all|xornal=[[The New York Times]]|data=25 de xullo de 2012|dataacceso=14 de febreiro de 2017}}</ref> En especial, o libro "''The Aleppo Codex''", de [[Matti Friedman]], publicado en 2012, chama a atención para o feito de que testemuñas oculares do incendio da Sinagoga Central de Alepo afirmaban teren visto o Códice, despois dese sinistro, aínda completo ou con poucas avarías e, após tales eventos, non hai máis relatos sobre o códice por cerca dunha [[década]] ata cando chegou en Israel e ficou so os coidos do Institutos Ben-Zevi; o libro tamén suxire unha gama de posibilidades para a perda das páxinas.{{sfn|Friedman|2013|p=182}}

A comunidade xudía de Damasco tiña un duplicado do Códice de Alepo, chamado de "Coroa de Damasco", que tamén foi escrito en Israel, no século X, estando hoxe gardado na [[Biblioteca Nacional de Israel]] so o rexisto ms. Heb 5702.{{Ref label|E|{{lang|he|ה}}}}

=== En Israel ===
[[Ficheiro:Jerusalem Schrein des Buches BW 1.JPG|miniatura|Vista de fóra do [[Santuario do Libro]]]]
O escritor israelí Amnon Shamosh wrote fixo un relato sobre como foi o libro levado cara a Israel no súa obra "Ha-Keter: Sippuro shel Keter Aram Tsoba" ('A Coroa: A historia do Códice de Alepo''), publicado en 1987. O códice foi confiado ó Instituto Ben-Zvi e á Universidade Hebrea de Xerusalén. As tentativas de recuperación das partes que lle faltan non cesou.<ref>{{cita publicación periódica|formato=PDF|lingua=portugués|url=http://www.eidytasaka.com.br/portfolio/jobs/141.pdf|título=Alepo – Uma Glória no Coração|dataacceso=15 de febreiro de 2017|revista=Revista Nascente|número=141|páxina=8}}</ref>

En xaneiro de 1958, o Códice de Aleppo foi contrabandeado para fóra da [[Siria]] e enviado cara a Xerusalén para ser colocado ós coidados do rabino xefe dos xudeus de Alepo. Con todo, [[Presidente de Israel]], [[Itzhak Ben-Zvi]], usou da súa influencia para que fose levado en segredo polo goberno. A fins dos [[década de 1980|anos 1980]], o códice foi colocado no [[Santuario do Libro]], do [[Museo de Israel]].<ref name=holy /> Este feito permitiu que os estudosos examinalo e avaliar mellor os asertos que consideran que o manuscrito sexa o mesmo de [[Maimónides]]. A obra de [[Moshe Goshen-Gottstein]] nas poucas páxinas restantes da porción da [[Tora]] do códice parece ratificar tales afirmacións alén de dúbidas razoables. Goshen-Gottstein suxire, na introdución da súa reimpresión facsimile do códice, que non soamente se trata da máis antiga Biblia masoreta nun único volume coñecida, mais que se trata da primeira vez que un exemplar completo do [[Tanak]] foi producido por unha ou dúas persoas como un corpo único e nun estilo consistente.

Posteriormente, [[Mordechai Breuer]] tivo denegado o seu pedido de acceso ao códice, comezando por si mesmo unha reconstitución do texto masorético con base noutros ben coñecidos manuscritos. O resultado do seu traballo casou case que completamente co texto do Códice de Alepo. Así, hox'en día, a versión de Breuer é usada como paradigma autorizado para a recostitución das partes perdidas do Códice de Alepo. A [[Coroa de Xerusalén]] ({{lang|he|כתר ירושלים}}), impresa no ano 2000, é unha versión moderna do Tanak baseada no Códice de Alepo e na obra de Breuer, que usa un novo tipo de impresión creado con inspiración na [[caligrafía]] do Códice, sendo aínda arranxado conforme o aspecto das súas páxinas.<ref>{{cita web|lingua=portugués|formato=PDF|url=http://bibliahebraica.com.br/wp-content/uploads/2010/09/Manuscritos_do_texto_massoretico.pdf|dataacceso=15 de febreiro de 2017|título=Manuscritos do Texto Massorético|autor=Edson de Faria Francisco|lugar=São Bernardo do Campo|páxina-web=Bíblia Hebraica|data=abril de 2008}}</ref>

O [[cineasta]] [[documental]] Avi Dabach, neto do Sábio Ezra Dabach — un dos últimos encargados de celar polo Códice cando inda estaba na Siria —, anunciou no decembro de 2015 a produción dunha [[Filme|película]] que investigaría a historia do Códice e posiblemente dilucidaría o destino das follas perdidas.<ref>{{cita web|lingua=inglés|apelidos=Maltz|nome=Judy|título=My Great-grandfather, the Man Who Held the Key to the Aleppo Codex|url=http://www.haaretz.com/israel-news/.premium-1.693328|páxina-web=Haaretz|dataacceso=15 de febreiro de 2017|data=23 de decembro de 2015}}</ref>

== Fidelidade textual ==
As consoantes do códice foron copiadas polo escriba Shlomo ben Buya'a en Israel en cerca de 920. O texto, entón, foi verificado, vocalizado e as notas masoréticas foron inseridas por [[Aaron Ben Moses Ben Asher]], o último e máis afamado membro da liñaxe de Ben Asher de gramáticos de [[Tiberíades]], contrincante da escola de [[Ben Naphtali]]. A tradición de Ben Asher tornouse máis aceptada na [[Biblia hebrea]].<ref name="ej2-ben-asher">{{cita libro|autor=Zeev Ben-Hayyim|contribution=BEN-ASHER, AARON BEN MOSES|título=[[Encyclopaedia Judaica]] |edición=2|volume=3|ano=2007|editorial=Gale|páxinas=319–321|lingua=inglés}}</ref> O xeito de vocalización de Ben Asher é serodio e, en moitos aspectos, artificial, cando comparada a outros estilos e tendencias que existían nun tempo máis achegado ó período no que o [[hebreo bíblico]] aínda era falado.<ref name="nce2-bible">{{cita libro|autor=P. W. Skehan|contribution=BIBLE (TEXTS)|título=[[New Catholic Encyclopedia]]|edición=2|volume=2|editorial=Gale|ano=2003|páxinas=355–362}}</ref>

O [[Códice de Leningrado]], que data da mesma época aproximadamente, foi imputado por Paul E. Kahle como un trabalho do ''[[scriptorium]]'' de Ben Aser. Con todo, o [[colofón (editorial)|colofón]] do códice di apenas que foi rectificado cos manuscritos da autoría de Ben Asher e, de feito, non hai evidencia de que Ben Asher vírao. O mesmo, no entanto, poder ser dito a respecto do Códice de Alepo, que posiblemente non tivo as marcas de vogais grabadas por Ben Asher, a despeito dun colofón tardío, que foi colocado no manuscrito despois do seu pasamento, atribuír esa vocalización e el.<ref name="ej2-masorah">{{cita libro|autor=[[Aron Dotan]]|contribution=MASORAH|título=[[Encyclopaedia Judaica]]|edición=2|volume=13|ano=2007|editorial=Gale|páxinas=603–656}}</ref>

O Códice de Alepo foi o manuscrito empregado por Maimónides cando enumerou as regras exactas para a feitura dun [[Sefer Torá]], ''Hilghot Sefer Torá'' ("as Leis sobre o Rolo da Tora"), na súa obra ''[[Mishné Torá]]''.<ref name=codex/> Este regulamento deu ao Códice de Alepo o selo de suprema autoridade textual, aínda que soamente no que toca o tipo de espazo antes das seccións (''petuhot'' e ''setumot'') e para a maneira de escribir as cantigas no Pentateuco.<ref name="ej2-masorah" /> "O códice que usamos nestes traballos é o códice existente no [[Exipto]], abranguendo 24 libros, que estaba en [[xerusalén]]," anotou el. [[David ben Solomon Ibn Abi Zimra]] afirma que é o mesmo códice que foi levado cara a Alepo.<ref>{{cita web|lingua=inglés|dataacceso=16 de febreiro de 2017|url=http://www.english.imjnet.org.il/page_1358|título=A Wandering Bible: The Aleppo Codex}}</ref>

== Contido ==
Cando o Códice de Alepo aínda estaba íntegro, antes de 1947, seguía a tradición textual tiberiana na orde dos seus libros, de modo parecido ó do ''[[Códice de Leningrado]]'', o que tamén casa coa tradición posterior dos manuscritos bíblicos [[sefardí]]. Os libros da [[Tora]] e dos [[Neviim|Profetas]] aparecen na mesma orde atopda na maioría das Biblias hebreas publicadas, pero a orde dos libros de [[Ketuvim|escritos históricos]] discrepa sensiblemente. No Códice de Alepo, a orde desta última parte é [[Crónicas]], [[Salmo]], [[Xob]], [[Proverbios]], [[Libro de Rut|Rut]], [[Cantar dos Cantares]] (3:11 ata o fin), [[Eclesiastés]], [[Libro das Lamentacións|Lamentacións]], [[Libro de Ester|Ester]], [[Libro de Daniel|Daniel]], [[Libro de Esdras|Esdras]] e [[Libro de Nehemías|Nehemías]].

== Edicións modernas ==
Varias edicións completas ou parciais do [[Tanak]] baseadas no Códice de Alepo foron publicadas co pasar das últimas tres [[década]]s en Israel, algunhas delas baixos os coidos de expertos das universidades israelíd. Tales edicións incorporan recomposicións das partes perdidas baseadas na metodoloxía de [[Mordechai Breuer]] ou en sistemas similares, e tendo en conta tódolos testemuños históricos dispoñibles sobre o contido no códice.{{sfn|Friedman|2013|p=209}}

*'''Tanak completa''' (en {{lang-en|Complete Tanakh}}): Tátase de edicións completas das Escrituras Hebreas, habitualmente nun volume únicou, ou ata en tres. Nestas non se inclúen as notas masoréticas do Códice de Alepo.
**Edición [[Mossad Harav Kook]], [[Mordechai Breuer]], ed. [[Tora]] (1977); [[Neviim]] (1979); [[Ketuvim]] (1982); [[Tanak]] completo nun único (1989). Esta foi a primeira a incluír a reconstitución das letras, vogais e cantilena das partes perdidas.
**Edición Horev, Xerusalén, 1996–98. [[Mordechai Breuer]], ed. Esta foi a primeira edición a incorporar as novas información descubertas a respecto das divisións das [[paraxá|paraxót]] no Códice de Alepo para [[Neviim]] e [[Ketuvim]]. O texto do Tanak Horev foi reimpreso de varias formas con varios comentarios polo mesmo editor.<ref name="Taj">In this edition, the masoretic text and symbols were encoded and graphic layout was enabled by the computer program ''Taj'', developed by Daniel Weissman.</ref>
**[[Coroa de Xerusalén]]: A Biblia da Universidade Hebrea de Xerusalén, 2000. Editada conforme o método de [[Mordechai Breuer]] so a supervisión de Yosef Ofer, con revisións e refinamentos adicionais na edición Horev.<ref name="Taj" />
**Instituto Simanim de Xerusalén, edición Feldheim, 2004 (publicada en edicións dun e de tres volumes).<ref name="Taj" /><ref>"After consultation... with the greatest Torah scholars and grammarians, the biblical text in this edition was chosen to conform with the Aleppo Codex which as is well known was corrected by [[Aaron ben Moses ben Asher|Ben-Asher]]... Where this manuscript is not extant we have relied on the [[Leningrad Codex]]... Similarly the open and closed [[parashah|sections]] that are missing in the Aleppo Codex have been completed according to the biblical list compiled by Rabbi Shalom Shachna Yelin that were published in the Jubilee volume for Rabbi Breuer... (translated from the Hebrew on p. 12 of the introduction).</ref>
*'''Tanak en liña''':
**[[#Mamre|Mechon Mamre]]: proporciona unha edición conectada do [[Tanak]] baseada no Códice de Alepo e relacionada ós manuscritos tiberinos. A reconstrución das partes faltantes do texto é baseada nos métodos de Mordechai Breuer. O texto é ofrecido en catro formatos: (a) estilo masoretico, (b) tipo "cheo"  (sen relación coa ortografía masoreta), (c) texto masoretico con vogais ([[niqqud]]), e (d) texto masoretico con vogais e [[Teamim|cantillation]] sinais.
**"'''[[wikisource:he:משתמש:Dovi/מקרא על פי המסורה|Micrá segundo a mesorá]]'''" ([[Wikisource]]) é unha versión experimental dixital das escrituras hebreas baseada no Códice de Alepo con documentación completa da política editorial e a súa implementación.
*'''Edicións parciais''':
**Hebrew University Bible Project (Isaiah, Jeremiah, Ezekiel). Inclúe as notas masoréticas dos Códice de Alepo.
**Mikraot Gedolot Haketer, Universidade Bar-Ilan (dende 1992). Unha edición crítica en múltiples volumes da Mikraot Gedolot, con dezaseis volumes publicados ata hoxe, a saber: Xénese (2 vols.), Éxodo (2 vols.), Números, Deuteronomio, Xosué e Xuíces (1 vol.), Samuel, Reis, Isaías, Xeremías, Ezequiel, Profetas Menores, Salmo (2 vols.), 5 Megillot (1 vol.). Inclúe as notas masoréticas dos Códice de Alepo e novos comentarios a elas. E difere da edición de Breuer na reconstitución e presentación dalgúns detalles masoréticos.
**Torat Hayim, de Mossad ha-Rav Kook: amosa a Tora, Proverbios e as cinco Megilot.
**Chorev Mikraot Gedolot, de Hotzaat Chorev: amosa apenas a Tora.

== Notas ==
<div style="{{column-width|30em}}">
<ol style="font-size:90%; list-style-type:hebrew;">{{glosa|A|A cidade de Alepo é chamada na [[Biblia]] de ''Aram Tsovah'' ou soamente ''Tsovah''; en [[lingua galega]], "Sobah" (1 Samuel 14:47). A comunidade xudía de Alepo, á época de Maimonides, adoitaba usar o [[topónimo]] bíblico, un costume inda seguido por algúns grupo máis tradicionalistas ou relixiosos en [[Israel]].<ref>{{cita web|url=http://www.abibliagalega.com/historicos/a1-samuel/capitulos-11-15/|páxina-web=A Biblia Galega|título=1 Samuel, Capítulos 11-15|dataacceso=13 de febreiro de 2017}}</ref>{{sfn|Rosenmüller|1836|p=223}}}}
{{glosa|B|Durante o século X, a esnoga caraíta do Cairo era afiliada ó [[xudaísmo rabínico]].}}
{{glosa|C|Fotografía feita en 1910 por Joseph Segall e publicada en Travels through Northern Syria (Londres, 1910), p. 99.}}
{{glosa|D|Non hai un número que sexa consenso entre os expertos sobre o total de páxinas do Códice de Alepo: unhas estimativas din 487 páxinas e outras, 380 páxinas.<ref>{{cita web|url=http://www.jewishbookcouncil.org/book/crown-of-aleppo-the-mystery-of-the-oldest-hebrew-bible-codex|lingua=inglés|dataacceso=14 de febreiro de 2017|título=Crown of Aleppo: The Mystery of the Oldest Hebrew Bible Codex}}</ref>}}
{{glosa|E|Hai dous libros cognominados de "Coroa de Damasco", un deles é un duplicado do Códice de Alepo — o [[Pentateuco de Damasco]]<ref>[[#PtDm|Pentateuco de Damasco]]</ref> —, o outro é un manuscrito español medieval de [[1260]], da cidade de [[Burgos]]<ref>{{cita web|lingua=castelán|url=http://gizra.github.io/CDL-ES/pages/7F13F425-9474-7539-509D-FEDE3A2F8619/|dataacceso=14 de febreiro de 2017|título=Otros manuscritos de la Torá en la BNI}}</ref>}}</ol><references/></div>

== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro|lingua=hebreo|ref=harv|apelidos=Nehmad|nome=M.|título=Keter Aram Tzova|lugar=Alepo|ano=1933|url=http://download.hebrewbooks.org/downloadhandler.ashx?req=32847|formato=PDF}}
* {{cita libro|lingua=inglés|ref=harv|título=The Biblical Geography of Central Asia|volume=1|nome=Car|apelidos=Rosenmüller|editorial=Thomas Clark|lugar=Edimburgo|ano=1836|outros=Traducido por N. Morren}}
* {{cita libro|lingua=inglés|ref=harv|apelidos=Flint|nome=Peter|título=The Dead Sea Scrolls|editorial=Abingdon|lugar=Nashville|ano=2013}}
* {{cita libro|lingua=inglés|ref=harv|apelidos=Friedman|nome=Matti|título=The Aleppo Codex|editorial=Algonquin|lugar=Chapel Hill|ano=2013|isbn=978-1-61620-040-4}}

=== Outros artigos ===
* [[4Q108]]
* [[Códice do Cairo]]
* [[Manuscritos do Mar Morto]]
* [[Paraxá]]
* [[Pentateuco de Damasco]]

=== Ligazóns externas ===
* [http://aleppocodex.org/ The Aleppo Codex Website]. {{En}}
* <span id="PtDm">[http://www.wdl.org/en/item/11364/ Damascus Pentateuch]. {{en}}</span>
* <span id="Mamre>[http://www.mechon-mamre.org/ Mechon Mamre] - Versión electrónica da [[Biblia hebrea]] baseada en grande parte no Códice de Alepo. {{en}}</span>
* [[c:Category:Aleppo Codex|Wikimedia Commons]] - full online digital images in several files.
* [http://www.tanachonline.org/manuscripts/ Seforim Online] - two online digital images, each in a single large file (the same images are found at the Wikimedia Commons in several smaller files)
* [https://web.archive.org/web/20071007040429/http://www.jerusalem-crown.co.il/website/files/images/4-eng25.pdf The History and Authority of the Aleppo Codex], by Yosef Ofer (pdf)
* [https://web.archive.org/web/20040413213903/http://www.imj.org.il/eng/shrine/aleppo.html Israel Museum shrine of the Book]
* [http://www.bible-researcher.com/aleppo.html History of the Aleppo Codex]
* [http://online.wsj.com/article/SB10001424052702303918204577448610210896018.html "Rival Owners, Sacred Text"] article in Wall Street Journal
* [http://www.ucalgary.ca/~elsegal/Shokel/000203_Keter.html Segal, The Crown of Aleppo]
* (Hebrew){{he icon}} [http://mikranet.cet.ac.il/pages/item.asp?item=3279 Copies of the Aleppo Codex]
* [https://web.archive.org/web/20071211215610/http://www.jta.org/cgi-bin/iowa/news/article/2007120920071207aleppo.html Dina Kraft, From Maimonides to Brooklyn: The mystery of the Aleppo Codex]
* Matti Friedman, ''The Aleppo Codex: A True Story of Obsession, Faith, and the Pursuit of an Ancient Bible'', Algonquin Books (May 15, 2012), hardcover, 320 pages, ISBN 1616200405, ISBN 978-1616200404
** [http://blogs.forward.com/the-arty-semite/159418/author-blog-codex-vs-kindle/ "Author Blog: Codex vs. Kindle By Matti Friedman"]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Literatura xudaica]]