Difference between revisions 4803411 and 5519038 on glwiki{{Atención|1=Cómpre revisar o título do artigo|data=xuño de 2014}} {{Sen referencias|data=xuño de 2014}} [[Ficheiro:Serie Shunt Coumpound.svg|miniatura|300px|Shunt, serie e compound.]] A '''autoexcitación''' do motor vén dada cando a '''corrente continua''' que percorre as bobinas indutoras procede da mesma máquina de corrente continua. Aproveitando a existencia dun certo [[magnetismo]] remanente, por mor do ciclo de histérese que presentan os materiais magnéticos, este fluxo remanente provoca que ó xirar o inducido se xere nel unha pequena [[forza electromotriz]] (f.e.m.), que convenientemente aplicada ó circuíto de excitación, dará lugar a unha pequena corrente inducida que reforzará o magnetismo remanente de inicio, o que provocará que a f.e.m. inicial se vexa reforzada, xerando unha maior corrente que dará maior excitación, reforzándose o fluxo, producindo un novo aumento de f.e.m. e así sucesivamente ata conseguir o punto de cebado da máquina, no que se alcanza un punto de estabilidade de tensión en bornes da máquina, dando lugar a que se manteña constante a corrente de excitación e polo tanto tamén o fluxo indutor. Este punto de estabilidade alcánzase por mor de que os materiais magnéticos presentan un coóbado de saturación a partir do cal aínda que se aumente a corrente de excitación, non pode aumentarse a magnetización do núcleo magnético. Segundo sexa a conexión entre as bobinas do debado indutor e do inducido, distínguense tres tipos de máquinas autoexcitadas: [[motor shunt|shunt ou derivación]], [[motor serie|serie]] e [[motor compound|composta ou compound]]. == Véxase tamén == ===Outros artigos=== * [[Motor de corrente continua]] * [[Motor de excitación independente]] {{Seniw}} {{Control de autoridades}} [[Categoría:Motores eléctricos]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=5519038.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|