Difference between revisions 4860699 and 4900350 on glwiki

{{atención|data=setembro de 2017|Revisión de ortografía, redacción, referencias - ver [[Wikipedia:A Taberna (xeral)#Revisión de artigos de Judcosta]]}}
{{Técnica de arte marcial
|nome          = Kushanku
|imaxe         = 
|imaxe_nota    =
|imaxe2        = 
|imaxe2_nota   = 
|orixinal      = [[Kanji]]: {{lang|ja|公相君}}
|variante      = 
|variante1     = Romaji: ''Kōsōkun''
|variante2     = 
|variante3     = 
|variante4     = 
|variante5     = 
|transl        = 
|transl_metodo = 
|significado   = 
|outros_nomes  = 
|arte_marcial  = [[Karate]]
|estilo        = [[Shuri-te]]
|orixe         = [[Shuri]]
|creador       = [[Kanga Sakugawa]]
|data          = 
|categoria     = [[Kata (karate)|Kata]]
|escopo        = 
|baseamento    = 
|derivacion    = 
|correlacion   = 
|variacion     = 
|variacion1    = 
|variacion2    = 
|variacion3    = 
}}
'''Kushanku''' (en {{lang-ja|公相君}}) é un [[kata (karate)|kata]] do [[karate]] adestrado en varios estilos, e a súa autoría é atribuída ó mestre [[Kanga Sakugawa]] que compilou tódalas ensinanzas que recibira dun experto de [[wushu]] [[República Popular da China|chinés]] chamado [[Kushanku|Kwan Shang Fu]], que estivo en [[Okinawa]] nunha misión ordenada polo propio emperador chinés. Hai varias versións, que son adestradas naquelas ramas derivadas dos estilos [[Shuri-te]] e [[Shorin-ryu]] e que poden ser ben distinguidas das formas orixinais, como son os casos dos estilos Shotokan e [[Wado-ryu]], que foron moi cambiadas polos creadores dos estilos.<ref>{{cita web|lingua=inglés|título=Kushanku|url=http://www.kusunoki.de/meister/kushanku_e.html|dataacceso=8 de agosto de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100423175250/http://www.kusunoki.de/meister/kushanku_e.html|dataarquivo=23 de abril de 2010|urlmorta=si}}</ref><ref name="ref1">{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.theshotokanway.com/kankudaikatanotes.html|dataacceso=8 de agosto de 2016|título=‘Kanku Dai’ Kata Notes|autor=James James|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160407125623/http://theshotokanway.com/kankudaikatanotes.html|dataarquivo=07 de abril de 2016|urlmorta=si}}</ref>

== Historia ==
Cando o mestre Kushanku estivo en Okinawa, tivo algúns alumnos con quen compartillou a súa arte marcial, e entre eles estaba Kanga Sakukawa, que sobresaíu e acabou viaxando ata o continente con Kushanku. Así, sobre a creación do kata, algúns din que foi o propio mestre chinés quen ensinou a Sakukawa, e que este, despois da despedida do seu mestre, pasou a chamar o kata polo nome do profesor, como forma de homenaxe; outros, porén, din que os acontecementos apuntan á hipótese de que Sakugawa compilara tódalas técnicas recibidas en dúas formas, longa e curta, denominando dous katas, [[kushanku dai]] e [[kushanku sho]], co nome do seu mestre.<ref name="ref1"/><ref>{{cita web|url=http://isshinryu.ipower.com/Kusanku.asp|dataacceso=8 de agosto de 2016|lingua=inglés|título=Kusanku ({{lang|ja|公相君}})}}</ref>

Tradicionalmente, antes da existencia da luz [[Electricidade|eléctrica]], cando os habitantes das cidades e do campo eran máis susceptibles a emboscadas nocturnas, dise que o kata foi creado cun repertorio de golpes para seren usados durante a noite ou na penumbra, pois moitas das técnicas presentes son evidentemente adaptadas a ese tipo de escenario, e o obxectivo do seu adestramento sería exercitar aquelas técnicas de defensa contra ataques fortuítos.<ref name="ref1"/><ref name="ref2">{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.fightingarts.com/reading/article.php?id=221|título=Roots Of Shotokan: Funakoshi's Original 15 Kata (Part 2) Pinan, Naihanchi, Kushanku & Passai Kata|autor=Joe Swift}}</ref>

== Características ==
O comezo do kata é unha mirada para riba e ámbolos [[brazo]]s facendo un grande círculo, o que pode parecer unha medida de pouca utilidade, mais que en verdade é unha técnica de loita so a luzada da noite, pois o loitador usa a visión periférica para percibir todo o ambiente. Hai tamén técnicas de postura e movementos que son realizados próximos ao chan, o que deixaría o loitador en situación desfavorable, é para permanecer abaixo dos golpes os opoñentes e, simultaneamente, consegue enxergar mellor coa pouca luz. Outros, porén, consideran iso unha técnica de [[nage waza]], para atacar coas mans as pernas dos opoñentes.<ref>{{cita libro|lingua=inglés|páxinas=69-71|título=Shotokan Mysteries: The Hidden Answers to the Secrets of Shotokan Karate|nome=Kousaku|apelidos=Yokota|editorial=Xlibris|lugar=Bloomington|ano=2013}}</ref><ref name="ref3">{{cita libro|lingua=italiano|páxinas=87-89|título=Karate. I kata classici nell'insegnamento dei grandi maestri|nome=Werner|apelidos=Lind|lugar=Roma|editorial=Mediterranee|ano=1998|outros=Traducido por antonio Manco}}</ref>

O ''kata'' ten como obxectivo desenvolver a máxima atención e os demais sentidos, alén da visión, pois adéstrase a percepción dun ataque inminente, ou sexa, [[zanshin]], pois coa comprensión das técnicas fai que non se desperdicie enerxía, alén do necesario, nin se asuman posturas ríxidas, inflexíbeis, mental e fisicamente. O ''kata Kushanku'' ensina a activar os sentidos, focalizar a mente na percepción do perigo e elaboración da estratexia.<ref>{{cita libro|lingua=italiano|lugar=Roma|páxinas=230, 231|título=L'essenza del karate-do di Okinawa|nome=Shoshin|apelidos=Nagamine|outros=Traducido por Alessio Risoldi|editorial=Mediterranee|ano=2002}}</ref>

== Notas ==
{{Listaref|30em}}
{{Kata do karate}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Kata do karate]]