Difference between revisions 5125543 and 5125545 on glwiki

==A resiliencia (Psicoloxía)==
===1.Etimoloxía da palabra, resiliencia.===
A palabra resiliencia provén do termo resilio “volver atrás”.
Dita palabra ten dous significados:
O primeiro, termo adoptado pola psicoloxía, refírese á capacidade das persoas para superar
situacións negativas.
O segundo, utilizado en física ou en química, designa a capacidade do aceiro para recuperar
a súa forma tras un golpe.
===2.Que é a resiliencia dentro da psicoloxía?===
A resiliencia como un termo utilizado no ámbito de psicoloxía refírese á capacidade que teñen
as persoas para enfrontar e superar as adversidades da vida, así como para aprender delas
evitando que inflúan dun xeito negativo.
Esta considérase unha competencia especialmente relevante en persoas que viviron ou están
a vivir algunha experiencia traumática na súa vida, tendo maior influencia se o feito traumático
transcorre ou transcorreu na primeira infancia.
Ademais a presenza ou falta desta competencia é notable na forma de pensar, sentir, percibir
e manexar os sucesos negativos que vive unha persoa.

===3.A Resiliencia como terapia psicolóxica===
====3.1.Obxectivos xerais do desenvolvemento dunha boa Resiliencia====
A formación nesta competencia ten un dobre obxectivo: a prevención e a corrección.
A prevención, lógrase desenvolvendo o potencial necesario para superar con éxito futuras
situacións de crise interna.
Por outra banda, a corrección lograse xerando habilidades e recursos para fortalecer e superar
experiencias físicas e psicolóxicas adversas, que xa pasaron.
====3.2.Bases da terapia====
A resiliencia é un factor necesario, co que se traballa en calquera acción dirixida a unha persoa
que sofre ou sufriu maltrato, xa que, como expliquei antes, a través desta desenvólvese un
mecanismo que permite superar as adversidades sen problema.
Nesta terapia o obxectivo especifico radicará en conseguir que a persoa desenvolva as
seguintes características:
-Ser unha persoa totalmente autónoma.
-Ter unha boa educación emocional.
-Desenvolver a capacidade de resolución de problemas.
-Ter unha proxección de futuro positiva.
-Ter sentido do humor.
-Desenvolver unha competencia social sa e unha boa rede social.
-Ter unha boa autoestima.
Polo tanto se queremos fomentar que apareza o concepto de resiliencia e con el as
características xa nomeadas, o traballo psicolóxico debe centrarse en diminuir as conductas
de:
-Illamento.
-Medo.
-Tristeza.
-Agresividade.
-Incapacidade para comunicar sentimentos.
-Baixa autoestima.
-Sobrevaloración do fracaso.
-Vergoña.
-Culpa.
- Depresión.
-Ansiedade.
Por último se falamos dos métodos para traballar a diminución das conductas nomeadas,
resaltamos as técnicas de modelaxe, xogos de relaxación, obradoiros de autoestima,
respiración e técnicas de relaxación e verbalización das "poderosas auto-afirmacións".
===Bibliografía/ Webgrafía===
Resiliencia (psicología) <nowiki><ref>[es.wikipedia.org/wiki/Resiliencia_(psicolog%C3%ADa]</nowiki>
 LA EXPERIENCIA TRAUMÁTICA DESDE LA PSICOLOGÍA POSITIVA:RESILIENCIA Y CRECIMIENTO POSTRAUMÁTICO ‹ref›[https://www.redalyc.org/html/778/77827106]