Difference between revisions 5147113 and 5186434 on glwiki{{Wikificar}} ==A resiliencia (Psicoloxía)== ===1.Etimoloxía da palabra.=== A palabra resiliencia provén do termo resilio “volver atrás”. Dita palabra ten dous significados: O primeiro, termo adoptado pola psicoloxía, refírese á capacidade das persoas para superar situacións negativas. O segundo, utilizado en física ou en química, designa a capacidade do aceiro para recuperar a súa forma tras un golpe. ===2.Que é a resiliencia dentro da psicoloxía?=== A resiliencia como un termo utilizado no ámbito de psicoloxía refírese á capacidade que teñen as persoas para enfrontar e superar as adversidades da vida, así como,para aprender delas evitando que inflúan dun xeito negativo. Considérase unha competencia especialmente relevante en persoas que viviron ou están a vivir algunha experiencia traumática na súa vida, tendo maior influencia se o feito traumático transcorre ou transcorreu na primeira infancia. Ademais,a presenza ou falta desta competencia é notable na forma de pensar, sentir, percibir e manexar os sucesos negativos que vive unha persoa. ===3.A Resiliencia como terapia psicolóxica=== ====3.1.Obxectivos xerais do desenvolvemento dunha boa resiliencia==== A formación nesta competencia ten un dobre obxectivo: a prevención e a corrección. A prevención lógrase desenvolvendo o potencial necesario para superar con éxito futuras situacións de crise interna.Por outra banda, a corrección lograse xerando habilidades e recursos para fortalecer e superar experiencias físicas e psicolóxicas adversas que xa pasaron. ====3.2.Bases da terapia==== A resiliencia é un factor necesario co que se traballa en calquera acción dirixida a unha persoa que sofre ou sufriu maltrato, xa que, a través desta, desenvólvese un mecanismo que permite superar as adversidades sen problema. Nesta terapia o obxectivo especifico radicará en conseguir que a persoa consiga: ser unha persoa totalmente autónoma,ter unha boa educación emocional,desenvolver a capacidade de resolución de problemas, ter unha proxección de futuro positiva,ter sentido do humor,desenvolver unha competencia social sa e unha boa rede social e ter unha boa autoestima. Polo tanto, se se quere fomentar que apareza o concepto de resiliencia e con el as características xa nomeadas, o traballo psicolóxico debe centrarse en diminuir as conductas de:illamento, medo,tristeza, agresividade. incapacidade para comunicar sentimentos,baixa autoestima,sobrevaloración do fracaso, vergoña,culpa, depresión,ansiedade. Por último,se se fala dos métodos para traballar a diminución das condutas nomeadas, resaltamos as técnicas de modelaxe, xogos de relaxación, obradoiros de autoestima,respiración e técnicas de relaxación e verbalización das «poderosas auto-afirmacións». ⏎ ⏎ [[Categoría:Psicoloxía]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=5186434.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|