Difference between revisions 5271787 and 5277574 on glwiki

{{Curto de máis|data=setembro de 2019}}
O  Consello Escolar de Galicia,  creado en 1986,  é un foro de reflexión, expresión e achega de ideas dos representantes de todos os sectores sociais na política educativa de Galicia, realizando funcións de asesoramento verbo dos proxectos de lei ou dos regulamentos que haxan de ser propostos ou dictados pola [[Xunta de Galicia|Xunta]] no ámbito da Comunidade Autónoma.

O Consello Escolar de Galicia, tal e como aparece na Lei 3/1986, do 18 de decembro de 1986, dos Consellos Escolares de Galicia, está integrado por:

a) Oito profesores dos niveis educativos correspondentes do ámbito non universitario de Galicia, propostos polos sindicatos ou asociacións profesionais, que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativos.

(contracted; show full)
n) Dúas personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, propostos polo Conselleiro de Educación.

ñ) Un representante do Seminario de Estudios Galegos, proposto polo seu órgano de representación. 

o) Un representante do Consello da Xuventude de Galicia.

<br />