Difference between revisions 5474705 and 5607035 on glwiki

{{Atención|1=Véxase a páxina de conversa|data=decembro de 2015}}

==Apoio institucional==

Dende a consecución do autogoberno, a [[Xunta de Galicia]] veu desenvolvendo diversas accións co obxectivo de converter o '''sector audiovisual galego''' nun importante sector económico.

En 1983, Luis Álvarez Pousa accede ó cargo de Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, posto dende o cal impulsa as primeiras medidas a prol do audiovisual. En primeiro lugar, habilítanse as primeiras subvencións e axudas públicas. Tamén se funda en Ana Coruña o [[CGAI|Centro Galego de Artes da Imaxe]] (CGAI), destinado a facer os labores propios dunha filmoteca. Tamén comeza o estudio para implantar algún tipo de estudos profesionais verbo do audiovisual, proxecto que sería retomado máis adiante. Con todo, Álvarez Pousa sería defenestrado en circunstancias polémicas e o seu labor fincaría estancado durante algúns anos. A maior eiva que se pode apoñer á xestión de Álvarez Pousa é que pretendese centrar toda a produción galega en torno á cidade de A Coruña(contracted; show full)
===Ligazóns externas===

*[http://culturagalega.org/avg O soportal do audiovisual galego AVG en Culturagalega.org]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Audiovisual galego]]