Difference between revisions 5556669 and 5689498 on glwiki

{{Coordenadas|15|38|N|32|32|E|display=title}}
{{Cidade
|nome_local        = الخرطوم al-Kharṭūm
|código            = ar
|bandeira          = 
|escudo            = 
|imaxe             =
|pé                = Skyline da cidade de noite.
|situación         = {{Mapa de localización
|Sudán
|label             = Khartún
|position          = right
|lat_deg           = 15 | lat_min=38 | lat_seg=0  | latNS = N | lon_deg =32  | lon_min =32  | lon_seg =0  |longEW=E
|float             = none
|caption           =
|width             = 300
}}
|país              = [[Sudán]]
|bandeirapaís      = [[Ficheiro:Flag of Sudan.svg|20px]]
|división 1        = Estado
|nome división 1   = [[Estado de Khartún]]
|altitude          = 382
|superficie        =  
|poboación         = 639.598 hab. ([[2008]])
|densidade         =  hab/km²
|xentilicio        = 
|código postal     = 
|alcalde           = Abdul Rahman Alkhidir
|sitio web         =
}}	
[[Ficheiro:Nil scene.jpg|miniatura|dereita|200px|O [[río Nilo]] pasando por Cartum]]
'''Khartún''' (en [[Lingua árabe|árabe]], ''al-Khartûm'': الخرطوم, literalmente "trompa de elefante"), é a capital do [[Sudán]]. Atópase no cruzamento do [[Río Nilo Branco|Nilo Branco]], procedente de [[Uganda]], co [[Río Nilo Azul|Nilo Azul]], que ven de [[Etiopía]]. Estes dous ríos únense no [[río Nilo]] que segue o seu curso cara [[Exipto]].

A cidade forma unha metrópole xunto con [[Khartún Norte]] (''Al-Jartūm al-Bahrī'': الخرطوم البحري) e [[Ondurman]] (''Umm Durmān'': أم درمان) de catro millóns de habitantes.
[[Ficheiro:Map Sudan Khartoum.png|miniatura|dereita|150px|Mapa]]

== Historia ==
A historia de [[Khartún]] comeza como lugar de asentamentos humanos dende o cuarto milenio antes da nosa era, na confluencia das dúas ramas principais do [[Nilo]] (Branco e Azul). Entre os séculos [[século VI|sexto]] e [[século XVI|dezaseis]] da nosa era o centro do reino [[cristianismo|cristián]] de [[Alodia]], as ruínas de cuxa capital, [[Soba]], aparecen ás aforas da actual aglomeración de Khartún (a uns 20&nbsp;km ao sueste). Despois da caída de Alodia e o desprazamento do poder ao sur, no final do [[século XVII]] e principios do [[século XVIII|XVIII]], asentamentos das tribos ''mahas'' da [[illa Tuti]] (situada xusto na unión das dúas pólas do Nilo) colonizaron as ribeiras en terra firme con novas aldeas, xermolo das tres cidades que no futuro comporán o conglomerado urbano de Khartún, entre elas a da propia vila na beira sur do [[Río Nilo Azul|Nilo Azul]]. Foi nesta época cando a [[islam|fe islámica]] comezou o seu influxo na rexión <ref>''Historia de Khartún en ArchNet.com (en inglés)''</ref>.

=== Fundación como avanzada militar otomá ===
A situación xeográfica privilexiada volveu a ser crucial cando o poder [[Imperio Otomán|otomán]] de [[Exipto]] andaba a procura dun acceso ás rexións subsaharianas. En [[1821]], Ibrahim Pachá, fillo do gobernador [[Mehmet Alí]], invadiu a zona establecendo unha guarnición militar cun forte de adobe onde o río era vadeable, dando orixe así á ''al-Khartum'' moderna. En 1830 foi designada capital oficial, independente do [[O Cairo|Cairo]], do [[Imperio Otomán]] na rexión do [[Sudán]] Oriental. De seguida converteuse nun posto comercial que medrou axiña como mercado de escravos, [[ouro]] e [[marfil]]. O intento dos primeiros gobernadores por organizar unha estrutura urbana merecedora de tal nome chocaron coa cultura seminómade da zona e así o primeiro Khartún creceu de maneira anárquica con edificacións modestas de materiais provisionais, excepto o pazo de goberno, e falta absoluta de infraestruturas e servizos, que só andando o século foron aparecendo.

Cara o 1860 unha base urbana foi consolidándose, mesmo con peiraos para o intenso tráfico comercial polo Nilo. Tres barrios principais configuraban a vila: o do goberno (''Hakim-dariya'', na ribeira do Nilo Azul), o mercado e ''Deims'' (as áreas residenciais nativas). Chegou a acadar os 50.000 habitantes <ref>[[Ibídem]].</ref>.

=== Revolución mahdista e destrución de Khartún ===
A ocupación exipcio-otomá era vista con resentimento polos nativos. O poder, corrupto e opresoramente violento, favoreceu un clima onde xurdiría a figura do ''[[Mahdi]]'' ([[Muhammad Ahmad ibn Abd Allah Al-Mahdi|Muhammad Ahmad]]) quen levou as tribos sudanesas a unha revolución islámica fundamentalista contra os ocupantes. En [[1884]] asediaron Khartún por un ano ata a súa caída <ref>[{{Cita web |url=https://archive.is/20120911201253/www.qondio.com/img/originals/files-4/16241.jpg |título=''Mapa esquemático de Khartún durante o asedio mahdista''] |data-acceso=11 de setembro de 2012 |data-arquivo=11 de setembro de 2012 |url-arquivo=https://archive.is/20120911201253/www.qondio.com/img/originals/files-4/16241.jpg |url-morta=yes }}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.old-print.com/mas_assets/full2/M1310885/M1310885155T.jpg |título=''Vista debuxada de Khartún no tempo do asedio'' |data-acceso=26 de novembro de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140505004058/http://www.old-print.com/mas_assets/full2/M1310885/M1310885155T.jpg |dataarquivo=05 de maio de 2014 |urlmorta=yes }}</ref>.

O sucesor do Mahdi (quen morrera pouco despois da vitoria) ordenou en [[1886]] a evacuación e completa destrución de Khartún (agás os peiraos e tumbas). No seu lugar estableceu a nova capital mahdista na veciña [[Omdurmán]], ao norte, na beira occidental do Nilo e que servira de acuartelamento das tropas do asedio. Ata entón unha pequena poboación fora, porén,un lugar sinalado de desenvolvemento dunha corrente islámica sufí (''Khalwa'') nos séculos [[século XVII|XVII]]-[[Século XVIII|XVIII]], de gran predicamento na zona.

=== A nova Khartún colonial británica ===
O estado islámico mahdista non durou moito. En [[1898]], as tropas británicas de Lord Kitchener fixéronse co control da rexión declarando novamente a Khartún como capital colonial, desta vez do Sudán anglo-exipcio. De seguida, e segundo planos do mesmo Kitchener, o corpo de enxeñeiros comezou a reconstrución da cidade. O proxecto tiña a ambición de levantar a maior cidade en [[África]], pois o Sudán subministraría todo o [[algodón]] que as fábricas de [[Lancashire]] precisaban <ref>''"Salubrious Khartoum. Building a Colonial City, 1899–1912"; Henrika Kuklick''</ref>. Sobre unha cuadrícula básica superpúñase outra maior de diagonais (co obxectivo de facilitar o control militar). No centro, simbolicamente, a catedral anglicana (1906) <ref>{{Cita web |url=http://www.georgejerjian.co.uk/images/books/sarkis_maps_4.jpg |título=''Bosquexo do plan de Kitchener para Khartún, 1901'' |data-acceso=03 de agosto de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/20120803210153/www.georgejerjian.co.uk/images/books/sarkis_maps_4.jpg |dataarquivo=03 de agosto de 2012 |urlmorta=yes }}</ref>. [[Ficheiro:Sudan Khartoum from air with Nile 1936.jpg|miniatura|Khartún dende o aire, 1936]] As infraestruturas e servizos eran comparables aos estándares occidentais <ref>''Vista de paxaro de Khartún 1926-43 (o Pazo de Goberno en primeiro termo)'' [https://archive.is/20120903211801/www.georgejerjian.co.uk/images/books/sarkis_khartoum.jpg]</ref> (ferrocarril en [[1900]], ponte de aceiro sobor do río, tranvías) mentres a poboación local estaba confinada ao oeste e sur nun sector a carón do mercado ou en Omdurmán <ref>''"Khartoum: past, present and the prospects for the future"; Bushra Babiker''</ref>.

As zonas industriais, estación de mercadorías do ferrocarril e almacéns localizáronse na outra beira do Nilo Azul cunha administración segregada, o que deu nacemento a [[Khartún Norte]] (''al-Khartum Bahri'') <ref>{{Cita web |url=http://www.probertencyclopaedia.com/photolib/maps/Map%20of%20Khartum%20and%20Omdurman%201922.jpg |título=''Mapa da trípole de Khartún, 1922'' |data-acceso=07 de setembro de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/20120907145104/www.probertencyclopaedia.com/photolib/maps/Map%20of%20Khartum%20and%20Omdurman%201922.jpg |dataarquivo=07 de setembro de 2012 |urlmorta=yes }}</ref>.

En 1908-12 o plan mestre deseñado por W.H. McLean (primeiro en Africa, só para Khartún e sobor da base do deseño orixinal) permanecería vixente durante todo o período colonial, regulamentando e delimitando estritamente o desenvolvemento urbano <ref>''"The urban development planning of Greater Khartoum"; Dr. Abdulhafeez Hafazalla'' [http://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:pUUbhFs_SV0J:vb.ftesh.com/uploaded/4182_1224769896.pdf+the+urban+development+of+Khartoum+A.+Hafazalla&hl=gl&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESifRpC1HFszg3k97Ofi5ji3UFHOW1MCKGdN-ivO73xkRIG4k65mWD7NCZAP66K49pf3NRY4maXvKeBxJtI57quizydMFIE9sIBqeosxU-52UnwQLXXreUg3CvsiD_PkwXnU_Jei&sig=AHIEtbRO25Lfm1y8S7efQsPgTmRys9vwFA]</ref><ref>''Plan de Khartoum (McLean, 1912) co deseño de Kitchener (o N á esquerda); ibídem A.Hafazalla páx.14'' [http://docs.google.com/viewer?pid=bl&srcid=ADGEESifRpC1HFszg3k97Ofi5ji3UFHOW1MCKGdN-ivO73xkRIG4k65mWD7NCZAP66K49pf3NRY4maXvKeBxJtI57quizydMFIE9sIBqeosxU-52UnwQLXXreUg3CvsiD_PkwXnU_Jei&q=cache%3ApUUbhFs_SV0J%3Avb.ftesh.com%2Fuploaded%2F4182_1224769896.pdf%20The%20Growth%20and%20Functional%20Structure%20of%20Khartoum&docid=1e777aee54c11a56a7bbc9f3b03389b5&a=bi&pagenumber=14&w=1600]</ref>.

=== Capital da República Sudanesa ===
En [[1956]], coa independencia da República do [[Sudán]], Khartún converteuse na súa capital. Desta vez o feito incontestable da tripolaridade urbana levou a que os seguintes plans xerais (Doxiadis, 1958; ''Mefit'', 1974; Doxiadis e Mustafa, 1991 <ref>''Ibídem Hafazalla páx. 7,8''</ref>) contemplaran o [[Gran Khartún]] coma realidade metropolitana, inda que mantendo a diferenciación funcional: Khartún a cidade administrativa e de servizos, Khartún Norte a industrial e Omdurmán a capital cultural nativa do país.

Con todo, nos tres casos, o grande fluxo migratorio do rural trala independencia (decuplicando a poboación entre 1960 e 1990 <ref>''Esquema do crecemento da aglomeración entre 1920 e 1981 e dos slums en 1985; UN-Habitat'' [http://htmlimg4.scribdassets.com/g892u75zw5853k0/images/18-ca45b0d217/000.jpg]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>) e a endémica falla financeira para poñelos en funcionamento, fixéronos axiña ou obsoletos ou papel mollado <ref>''Bushra Babiker, obra citada''</ref>. Coma no resto das metrópoles do terceiro mundo, o problema da vivenda digna e os servizos e infraestruturas necesarios para sostela converteron o desenvolvemento do Gran Khartún nun caos improvisado e deficitario <ref>[http://www.winne.com/sudan/images/045.gif ''Mapa do Gran Khartún contemporáneo'']</ref><ref>[http://tours-tv.com/objects/khartoum/Khartoum.jpg ''Vista dun suburbio de Khartum'']</ref><ref>''"Urban sector studies and capacity building for Khartoum State"; UN-Habitat''</ref>.

Problema que tense agravado cos millóns de refuxiados que nos últimos anos asentáronse en campamentos de acollida arredor da aglomeración tripolitana <ref>''Vista satelital do Gran Khartún coa situación dos campos de refuxiados, 2005'' [http://www.unsudanig.org/library/mapcatalogue/north/data/camps/Map%20301%20Khartoum%20State%20Camps%20and%20Squatter%20Areas.jpg]{{Ligazón morta|data=xuño de 2020 }}</ref>, froito do terrible conflito permanente dun país artificialmente constituído na descolonización e radicalmente dividido entre un norte islámico e o sur cristián.

== Notas ==
{{listaref}}

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.unesco.org/cpp/sp/declaraciones/khartum.htm Declaración de Khartún]

{{Capitais dos países árabes}}
{{Capitais árabes da cultura}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Cidades do Sudán]]
[[Categoría:Capitais de África]]