Difference between revisions 5666541 and 5666542 on glwiki{{Sen referencias|data=decembro de 2016}} En [[química]], unha '''mextura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mextura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mextura(contracted; show full) A sublimación (do latín sublimare) é o proceso que consiste no cambio de estado da materia sólida ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Pódese chamar da mesma forma ao proceso inverso, ó paso directo do estado gasoso ó estado sólido, pero é máis apropiado referirse a esa transición como sublimación inversa ou regresiva. Un exemplo clásico de substancia capaz de sublimarse é o xeo seco. == Mesturas homoxéneas == As me sxturas homoxéneas son mesxturas que teñen unha aparencia uniforme , non se diferencian os seus compoñentes ou substancias que forman a mestura. Moitas mesxturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente. Mesxtura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman. Existen cinco tipos de mesxturas homoxéneas que son: * sólido - sólido * líquido - sólido * líquido - líquido * gas - líquido * gas - gas As características das mesxturas homoxéneas son: * o seu aspecto uniforme (homoxéneo) en todas as súas partes, * os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, * non sedimentan, * atravesan todos os filtros, e * os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos. {{control de autoridades}} [[Categoría:Química]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=5666542.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|