Difference between revisions 5669904 and 5669905 on glwiki

{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
En [[química]], unha '''mistura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mesturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas. Un exemplo dunha mestura é area con limaduras de ferro, que a primeira ollada é fácil ver que a area e o ferro manteñen as súas propiedades.

Existen dous tipos de misturas: misturas heteroxéneas e misturas homoxéneas.

== Meisturas heteroxéneas ==
Meistura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. 
A madeira, o granito, as rocas, area e auga, aceite e auga, a sopa de verduras, as ensaladas son exemplos de meisturas heteroxéneas.

As meisturas heteroxéneas son meisturas formadas por substancias visiblemente diferentes, ou de fases diferentes, e presentan un aspecto non uniforme. Un exemplo é o granito. As partes dunha meistura heteroxénea poden ser separadas por [[filtración]], [[decantación]] e por [[magnetismo]]. Nas meisturas heteroxéneas podemos distinguir cinco tipos de meisturas:

* Suspensión grosa: Meisturas heteroxéneas formadas por partículas dun sólido, de tamaño non pequeno, que se dispersan nun medio líquido. 
* [[Suspensión (química)|Suspensións]]: Meisturas heteroxéneas formadas por un sólido, de pequeno tamaño, pero visibles ó microscopio, que se dispersan nun medio líquido. 
* [[Coloide]]s: temos un coloide cando nunha meistura as partículas dispersas non pode verse cun microscopio pero si cun ultramicroscopio, atravesan os poros dun filtro ordinario, pero son retidas por un ultrafiltro. O outro compoñente acadaría un tamaño atómico/molecular.. Entre os coloides atopamos a maionesa, xelatina, fume do tabaco e o deterxente disolto en auga. 
* [[Dispersión coloidal|Sol]]: Estado diluído da meistura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas etc. 
* [[Xel]]: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega a ser un estado sólido, por exemplo a xelea.

== Separación de mesturas ==
As mesturas heteroxéneas pódense separar por: [[filtración]] , [[sedimentación]] , [[decantación]] , [[Sublimación (física)|sublimación]] etcétera.

(contracted; show full)* os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, 
* non sedimentan, 
* atravesan todos os filtros, e 
* os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.

{{control de autoridades}}

[[Categoría:Química]]