Difference between revisions 5720816 and 5720821 on glwiki

{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
En [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mesturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas. Un exemplo dunhae mestura é area con limaduras de ferro, que a primeira ollada é fácil ver que a area e o ferro manteñen as súas propiedades.

Existen dous tipos de mesturas: mesturas heteroxéneas e mesturas homoxéneas.

== Mesturas heteroxéneas ==
Mestura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. 
(contracted; show full)* os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, 
* non sedimentan, 
* atravesan todos os filtros, e 
* os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.

{{control de autoridades}}

[[Categoría:Química]]