Difference between revisions 5725425 and 5725426 on glwiki

{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
En [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mestura(contracted; show full)
* [[Dispersión coloidal|Sol]]: Estado diluído da mestura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas etc. 
* [[Xel]]: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega a ser un estado sólido, por exemplo a xelea.

== Separación de mesturas ==
As mesturas heteroxéneas pódense separar por: [[filtración]], [[sedimentación]]
  , [[decantación]], [[Sublimación (física)|sublimación]], etc.

A filtración é unha técnica, proceso tecnolóxico ou operación unitaria de separación, pola cal faise pasar unha mestura de [[sólidos]] e [[fluídos]], [[gas]] ou [[líquido]], a través dun medio poroso ou medio filtrante que pode formar parte dun dispositivo denominado filtro, onde se retén da maior parte do ou dos compoñentes sólidos da mestura.

(contracted; show full)* os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, 
* non sedimentan, 
* atravesan todos os filtros, e 
* os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.

{{control de autoridades}}

[[Categoría:Química]]