Difference between revisions 5725431 and 5725432 on glwiki{{Sen referencias|data=decembro de 2016}} En [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mesturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas. Un exemplo dunha mestura é area con limaduras de ferro, que a primeira ollada é fácil ver que a area e o ferro manteñen as súas propiedades. Existen dous tipos de mesturas: mesturas heteroxéneas e mesturas homoxéneas. == Mesturas heteroxéneas == Mestura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. A [[madeira]], o [[granito]], as [[rocas]], [[, area]] e [[auga]], [[, aceite]] e [[auga]], a sopa de verduras, as ensaladas son exemplos de mesturas heteroxéneas. As mesturas heteroxéneas son mesturas formadas por substancias visiblemente diferentes, ou de fases diferentes, e presentan un aspecto non uniforme. Un exemplo é o granito. As partes dunha mestura heteroxénea poden ser separadas por [[filtración]], [[decantación]] e por [[magnetismo]]. Nas mesturas heteroxéneas podemos distinguir cinco tipos de mesturas: * Suspensión grosa: Mesturas heteroxéneas formadas por partículas dun sólido, de tamaño non pequeno, que se dispersan nun medio líquido. * [[Suspensión (química)|Suspensións]]: Mesturas heteroxéneas formadas por un sólido, de pequeno tamaño, pero visibles ó microscopio, que se dispersan nun medio líquido. * [[Coloide]]s: temos un coloide cando nunha mestura as partículas dispersas non pode verse cun microscopio pero si cun ultramicroscopio, atravesan os poros dun filtro ordinario, pero son retidas por un ultrafiltro. O outro compoñente acadaría un tamaño atómico/molecular.. Entre os coloides atopamos a [[maionesa]], [[, xelatina]], fume do tabaco e o deterxente disolto en auga. * [[Dispersión coloidal|Sol]]: Estado diluído da mestura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas etc. * [[Xel]]: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega a ser un estado sólido, por exemplo a xelea. == Separación de mesturas == As mesturas heteroxéneas pódense separar por: [[filtración]], [[sedimentación]] , [[decantación]], [[Sublimación (física)|sublimación]], etc. (contracted; show full)* os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, * non sedimentan, * atravesan todos os filtros, e * os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos. {{control de autoridades}} [[Categoría:Química]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=5725432.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|