Difference between revisions 5726464 and 5726465 on glwiki

{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
En [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mestura(contracted; show full)e separación de mesturas especial para separar mesturas heteroxéneas, estas poden ser exclusivamente líquido - líquido ou sólido - líquido. A decantación baséase na diferenza de densidade entre os dous compoñentes, que fai que deixados en repouso, ambos se separen ata situarse o máis denso na parte inferior do envase que os contén. Desta forma, podemos baleirar o contido por arriba.

A sedimentación é o proceso polo cal o material sólido, transportado por unha corrente de auga, deposítase no fondo do río, 
[[encoro]], canle artificial, ou dispositivo construído especialmente para tal fin. Toda corrente de auga, caracterizada polo seu caudal, velocidade e forma da sección, ten unha capacidade de transportar material sólido en suspensión. O cambio dalgunha destas características da corrente pode facer que o material transportado poida sedimentarse.

A sublimación (do latín ''sublimare'') é o proceso que consiste no cambio de estado da materia sólida ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Pódese chamar da mesma forma ao proceso inverso, ó paso directo do estado gasoso ó estado sólido, pero é máis apropiado referirse a esa transición como sublimación inversa ou regresiva. Un exemplo clásico de substancia capaz de sublimarse é o xeo seco.

== Mesturas homoxéneas ==
As mesturas homoxéneas son mesturas que teñen unha aparencia uniforme, non se diferencian os seus compoñentes ou substancias que forman a mestura. Moitas mesturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente.

Mestura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman.

Existen cinco tipos de mesturas homoxéneas que son:

* sólido - sólido 
* líquido - sólido 
* líquido - líquido 
* gas - líquido 
* gas - gas

As características das mesturas homoxéneas son: 
* O seu aspecto uniforme ou homoxéneo en todas as súas partes. 
* Os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio e non sedimentan.
* Atravesan todos os filtros, e os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.

{{control de autoridades}}

[[Categoría:Química]]