Revision 2435400 of "Comentario de textos poéticos" on glwiki{{Mover aos Galilibros}}
Este artigo pretende explicar o procedemento de''' comentario dun texto poético'''
=Introdución ó comentario de textos poéticos=
Pode ser un quen de recoñece-lo autor do texto e de facer unha breve introdución inserindo a súa obra na [[historia da literatura]] e a composición na súa obra. Con todo, como isto non ten, nin sequera que ser habitual, caso de non ser coñecedor da autoría, débese proceder cando menos a
# Determina-lo [[xénero literario]]
# Matiza-lo subxénero ó que poida pertencer
#Integra-lo poema dentro da tradición galega, hispánica e occidental.
Logo de facer isto, sempre que a esta altura resulte posible, poderíase desenvolver un breve resumo, no cal que se manifeste o tema central e os motivos menos desenvolvidos que serven de complemento, contraste ou mesmo de descanso do tema central.
=Esquema sobre o plano da expresión=
== O compoñente métrico-fonolóxico ==
===O verso===
O [[verso]] é a unidade mínima do compoñente métrico-fonolóxico dotada de sentido e que, combinada, compón a [[estrofa]]
====Tipos de verso polo número de sílabas====
* Versos simples
**De [[arte menor]]: teñen até oito [[sílaba]]s.
**De [[arte maior]]: teñen entre nove e once sílabas.
* Versos compostos
:Teñen doce sílabas ou máis. A [[cesura]] é unha pausa que se encontra aproximadamente na metade do verso. O [[hemistiquio]] é cada unha das partes en que a cesura divide o verso composto. Denomínase [[isostiquio]] cando as dúas partes teñen a mesma medida e [[heterotiquio]] cando teñen medida diferente.
====Tipos de verso pola posición do acento====
*Verso [[iámbico]]: O [[acento estrófico]] recae sobre unha sílaba par.
*Verso [[trocaico]]: O acento estrófico recae sobre unha sílaba impar.
Os versos poden ser [[preparoxítono]]s, [[paroxítono]]s e [[oxítonos]] segundo o acento recaia na antepenúltima, penúltima ou última sílabas.
[[Ficheiro:Verso1eue.jpg|600px|right|Tipos de versos.]]
===A cantidade===
A [[cantidade]] é o cómputo métrico fonolóxico.
* [[sinalefa]]: unión nunha única sílaba da sílaba final dunha palabra que termina nunha [[vogal]] coa seguinte se esta comeza por vogal (''a pa'''tria es'''quecendo'', [[Eduardo Pondal]])
* [[dialefa]]: non realización de sinalefa para adaptar así un verso a determinada medida métrica.
* [[diérese]]: ruptura dun [[ditongo]] verdadeiro para adaptar a medida do verso aos anteriores ou posteriores (''Tan soamente f'''ia'''das'', Pondal)
* [[sinérese]]: formación dun ditongo inexistente (''Das fillas de Br'''eo'''gán'', Pondal).
* [[aférese]]: supresión dunha sílaba ao principio de palabra (''¡Rosalía! ¡ña Nai!, [[Cabanillas]]).
* [[prótese]]: adición dunha sílaba ao principio de palabra ('''''a'''namorado'', [[Curros Enríquez]]).
* [[Síncope (lingüística)|síncopa]]: supresión dunha sílaba no medio da palabra (''non vin '''soio''', miña xoia'', [[Rosalía]]).
* [[epéntese]]: adición dunha sílaba no medio da palabra (''... o '''voxo''' constante'', por ''voo'', Pondal).
* [[apócope]]: supresión dunha sílaba no fin da palabra.
* [[paragoxe]]: adición dunha sílaba no fin da palabra (''Todo é folgar'''e''''', Rosalía).
* [[anacruse]]: sílabas febles, anteriores ao primeiro apoio rítmico do verso simple ou de cada hemistiquio composto, que poden non ser computadas ('''''envol'''veito en brancuras recentes de liño'', Cabanillas).
[[Ficheiro:Cantidade1eue.jpg|600px|right|A cantidade.]]
===O acento===
* Acento estrófico: É o acento que aparece sempre na penúltima sílaba da última palabra do verso.
* Acentos rítmicos: Son os demais acentos do verso que coinciden co estrófico ao recaer en sílaba par ou ben impar.
* Acentos extrarítmicos: Son os acentos contiguos a un acento rítmico.
:''a'': átona; ''t'': tónica.
* Acento [[iámbico]]: a-t. ''O sol na corda está enterrado'' ([[X. M. Díaz Castro]])
* Acento [[trocaico]]: t-a. ''Uces e toxeiras nas estrelas'' ([[Eduardo Moreiras]])
* Acento [[dactílico]]: t-a-a. ''San Benitiño de Coba de lobo'' (Popular)
* Acento [[anfibráquico]]: a-t-a. ''As cóchegas brandas, as litas alegres'' ([[Rosalía de Castro|Rosalía]])
* Acento [[anapéstico]]: a-a-t. ''Víndeo ver como bule cós dedos'' (Rosalía)
* [[Verso de gaita galega]]: acento na terceira e novena no [[decasílabo]] ou na cuarta e décima no [[hendecasílabo]].
[[Ficheiro:Acento1eue.jpg|600px|right|O acento.]]
==='''Tipos de hendecasílabos'''===
# Hendecasílabo ITALIANO: Acento na 4ª, 8ª e 10ª
# Hendecasílabo ENFÁTICO: Acento na 1ª, 6ª e 10ª
# Hendecasílabo HEROICO: Acento na 2ª, 6ª e 10ª
# Hendecasílabo MELÓDICO: Acento na 3ª, 6ª e 10ª
# Hendecasílabo SÁFICO: Acento na 1ª, 4ª, 6ª ou 8ª e 10ª
# Hendecasílabo Á FRANCESA: Acento na 4ª sobre palabra aguda, 6ª ou 8ª e 10ª
# PENTASÍLABO ADÓNICO: 1ª e 4ª
==='''A pausa rítmica'''===
# Pausa rítmica INICIAL: É a que se encontra ó inicio do primeiro verso da estrofa ou do poema
# Pausa rítmica VERSAL: Aparece ó remata-lo verso cando posúe este esticomitia
# Pausa rítmica ESTRÓFICA: Pausa que separa as estrofas
# Pausa rítmica FINAL TOTAL: Encóntrase ó finaliza-lo poema
# BRAQUISTIQUIO: Pausa verbal que aparece co encabalgamento abrupto
==='''O ton'''===
O ton dun verso é un fenómeno que se relaciona estreitamente coa lonxitude do mesmo posto que canto maior sexa o número de sílabas métricas que posúa o verso o ton será máis grave, solemne e cerimonioso, e cantas menos teña o ton será máis áxil e dinámico.
==='''Esticomitia'''===
Axuste que existe entre a construción sintáctica e o verso (É o contrario ó encabalgamento) (Unha oración ocupa un verso)
==='''Encabalgamento, rima e estrofa'''===
====Encabalgamento====
Denomínase [[encabalgamento]] ao desaxuste existente entre a pausa rítmica e a constución sintáctica (unha [[Oración (gramática)|oración]] ocupa máis dun verso).
O '''verso encabalgante''' é o que inicia o encabalgamento e o '''verso encabalgado''' é o que o finaliza.
Fálase de '''encabalgamento abrupto''' cando o verso encabalgante termina antes da quinta sílaba métrica do verso encabalgado. Ao acontecer isto aparece inmediatamente unha pausa verbal denominada [[braquistiquio]].
Fálase de '''encabalgamento suave''' cando o verso encabalgante chega até a quinta sílaba ou o sobrepasa.
'''Encabalgamento léxico''' é a fragmentación dunha palabra que se continúa no verso seguinte.
====Rima====
[[Ficheiro:Verso2eue.jpg|600px|right|Tipos de versos.]]
Dependendo dos sons que riman, a rima pode ser:
* [[rima asonante]], cando só coinciden as vogais.
* [[rima consonántica]], cando coinciden os son vocálicos e os consonánticos.
* [[rima libre]], cando ningún verso coincide no seu esquema de rima.
Dependendo dos versos que riman entre si, a rima pode ser:
* [[rima abrazada]]: abba ou ABBA
* [[rima cruzada]]: abab ou ABAB
* [[rima continua]]: AAA, bbbb
* [[rima xemea]]: AA BB CC DD
* [[rima encadeada]]: ABA BCB CDC DED
Fálase de [[rima interna]] cando unha palabra interior do verso presenta coincidencia rimática coa final.
====Estrofas====
'''Estrofas isométricas''' son aquelas cuxos versos miden o mesmo número de sílabas e '''estrofas heterométricas''' son aquelas que presentan dous ou máis versos de distinto número de sílabas.
==='''Tipos de estrofas'''===
{|border ="1"
|-
! Número<br />de versos
! Estrofa
! Estrutura da estrofa
|-
| 2
| [[Pareado]]
| AA / aA / Aa / aa
|-
| rowspan="3" | 3
| [[Terceto]]
| A-A
|-
| [[Soledad]]
| a-a rima asonante
|-
| [[Tercerilla]]
| a-a rima consonante
|-
| rowspan="9" | 4
| [[Cuarteto]]
| ABBA
|-
| Cuarteto de lira
| (11-7) aBaB
|-
| [[Redondilla]]
| abba
|-
| [[Cuarteta]]
| abab
|-
| [[Serventesio]]
| ABAB
|-
| [[Seguidilla]]
| (7-11) -a-a
|-
| [[Caderna vía]]
| 4 [[alexandrino]]s monorrimos
|-
| [[Estrofa alcaica]]
| 4 versos, 3 decasílabos, pero o terceiro eneasílabo
|-
| [[Estrofa sáfica]]
| 3 hendecasílabos sáficos + un pentasílabo adónico
|-
| rowspan="3" | 5
| [[Quintilla]]
| aabab (e variantes)
|-
| [[Quinteto]]
| AABAB (e variantes)
|-
| [[Lira]]
| /7-11) aBabB
|-
| rowspan="5" | 6
| [[Sexta rima]]
| ABABCC
|-
| [[Sexteto]] paralelo
| AAB CCB
|-
| Sexteto romántico
| Aab Ccb
|-
| Sexteto-lira
| aBaBcC
|-
| [[Sextilla]]
| aab aab
|-
| rowspan="3" | 7
| [[Setina]]
| Sete versos de arte menor
|-
| [[Sétima]]
| Sete versos de arte maior
|-
| Seguidilla con bordón
| o 1º, 3º e 6º heptasílabos, o resto pentasílabos. Asonante
|-
| rowspan="4" | 8
| [[Oitava real]]
| (11) ABABABCC
|-
| [[Oitava italiana]]
| igual ao anterior. O 4º e o 8ª son agudos e ás veces heptasílabos
|-
| [[Copla]] de arte maior
| (12) ABBA ACCA
|-
| Copla de arte menor
| (8) abba acca
|-
| rowspan="2" | 10
| [[Décima]] irregular
| ABBA ABA BBB
|-
| Décima espinela
| abba acc bcc
|-
| 12
|
| Composta de 2 sextilla de octosílabos
|-
| rowspan="2" | ?
| Copla de pé quebrado
| 4, 6, 8, 10 ou 12 versos que combinan sucesivamente dous octosílabos e un tetrasílabo. Rima variábel.
|-
| [[Estancia]]
| (7-11)
|-
|}
[[Ficheiro:Estrofa1eue.jpg|600px|right|Tipos de versos.]]
==='''Tipos de poemas'''===
# [[Muiñeira]]: Serie ilimitada de versos de gaita galega.
# [[Vilancio]]: Versos de arte menor. Esta estrofa presenta primeiro un [[estribillo]] denominado cabeza, máis un pé de seis ou sete versos composto por unha [[mudanza]], un verso de enlace, e unha volta e unha represa. Os dous últimos versos riman con todo o estribillo ou coa súa parte final.
# [[Glosa]]: Texto breve comentado ou desenvolvido noutro máis extenso.
# [[Soneto]]: Dous cuartetos e dous tercetos.
# Soneto con estrambote: soneto máis unha ou máis estrofas de tres versos: Un [[heptasílabo]] e dous hendecasílabos.
# [[Sonetillo]]: Soneto de arte menor.
# [[Rondel]]: Serie de estrofas denominada verse, mais outra final a xeito de [[envoi]], organizado de maneira variable, pero sempre repetitiva.
# [[Cosaute]]: Serie ilimitada de pareados entre os que se repite un breve estribillo. Imprecisamente tense chamado cantiga paralelística.
# [[Cantiga de refrán]]: Serie ilimitada de estrofas breves unidas pola rima dun curto estribillo. Na lírica medieval opúñanse a [[cantiga de mestría]].
# [[Romance]]: Serie ilimitada de versos [[octosílabo]]s con [[rima asonante]] nos pares.
# [[Romancillo]]: Romance de versos con menos de oito sílabas.
# [[Romance heroico]]: Romance de versos de arte maior.
# [[Silva (poesía)|Silva]]: Serie ilimitada de hetasílabos e hendecasílabos con [[rima consonante]], na cal ás veces se introducen [[verso solto|versos soltos]].
=='''O compoñente morfosintáctico'''==
Ó inicia-la segunda parte do comentario, teremos que analizar en primeiro lugar o estilo. Denominase estilo, á forma particular de escribir de cada autor. Tamén se entende por estilo, cando ó longo del, van aparecendo novas informacións que complementan a información inicial da que se partía. O estilo debe de ser analizado en dúas vertentes:
[[Estilo Progresivo]]: Un texto posúe un estilo, cando ó longo del, van aparecendo novas informacións, que complementan a información inicial da que se partía.
[[Estilo non progresivo]]: Son aqueles textos nos cales se repite constantemente a mesma idea inda que estea expresada con palabras diferentes.
Amais disto, deberemos distinguir se é un
[[Estilo nominal]]: Aquel que presenta unha maior abundancia de substantivos e adxectivos e unha menor abundancia de formas verbais. O estilo nominal favorece a aparición do subxectivo nun texto. Grazas ós adxectivos toma relevancia o descritivo facéndose a composición máis lenta e menos dinámica ca nos textos que posúen estilo verbal.
[[Estilo verbal]]: Son aqueles textos en que predominan as formas verbais. O estilo verbal caracterízase por ser obxectivo, e é un estilo áxil, máis dinámico có nominal.
Ó comentar un texto, debemos analizar detidamente a frecuencia ou non con que aparecen as clases de palabras máis importantes (subs., adx., verbos, pron.,) comenzando a análise por:
===Substantivos===
Deberemos analiza-los seguintes aspectos:
-A súa escaseza ou abundancia posto que se son escasos poden favorece-la aparición do estilo verbal e se son abundantes confirman o estilo nominal
-Deberemos analizar se son substantivos concretos (tendencia descritiva) ou se abstractos (amor, dor, morte,...) que favorecerán a aparición de sentimentos subxectivos, conectados cos elementos líricos do poeta.
-Convén reagrupa-los substantivos presentes no texto, os chamados campos léxicos (grupos de substantivos que posúen algunha característica común)
-A presenza de sufixos pode traer consigo matices expresivos. Os aumentativos aportan un ton irónico, burlesco. Os despectivos, trazos negativos. Os diminutivos, disposición positiva de tipo afectiva e en moitas ocasións tratan de realza-la función poética do texto.
===Adxectivos===
Constitúen un dos elementos clave na análise dun texto. Pódese analizar:
# Escaseza ou abundancia
# Tipoloxía:
## Adxectivos especificativos (aqueles que expresan unha calidade secundaria do [[substantivo]] que serve para individualizalo)
## Adxectivos explicativos ou [[epíteto]]s (aqueles que expresan unha calidade primaria do substantivo con valor primordialmente estético. Entre os epítetos encontramos a seguinte tipoloxía:
### [[Epíteto laudificador]]: É aquel epíteto que expresa a calidade máis típica que posúe o substantivo ó que acompaña
### [[Epíteto laudativo]]: Acompaña a un substantivo intentando gabalo ou denigralo ó máximo
### [[Epíteto apositivo]]: Aparece sempre entre pausas gráficas e funciona case coma un substantivo
### [[Epíteto frase]]: Corresponde a oracións subordinadas de relativo que van acompañando a un substantivo. Procuran embelecer
### [[Epíteto visionario]]: Aparece este tipo cando a un substantivo o acompaña un adxectivo que non ten ningún tipo de relación co primeiro, é dicir, o adxectivo porta un significado incoherente con respecto ó substantivo. En moitas ocasións, os adxectivos adquiren o seu valor mediante construcións preposicionais, introducidas xeralmente pola preposición ''de''.
===Persoais===
Constitúen un elemento clave á hora de realizar un bo comentario, posto que debemos ter en mente se o texto aparece escrito en primeira persoa ou se polo contrario non aparece así. Cando un texto poético aparece escrito en primeira persoa, a expresión de sentimentos íntimos e o ton subxectivo resultan patentes. Se, pola contra, se emprega outra alternativa é probable que a subxectividade descenda e predomine, porén, o narrativo sobre o lírico. Nun texto debemos ter en conta a posibilidade de que aparezan diferentes valores dos pronomes, sendo os máis frecuentes:
# Valor enfático: Aparece cando nunha oración se remarca o pronome a pesar de non ser necesaria a súa presenza posto que xa se sobreentende no contexto verbal ou no da composición.
#Valor pleonástico: Consiste na utilización de dous pronomes coa mesma función sintáctica tratando tamén de reforzar.
===Verbos===
Deberemos ter en conta se son escasos ou abundantes posto que a súa escaseza favorece o estilo nominal e un ritmo máis lento, polo contrario a abundancia favorece o estilo verbal e un ritmo máis áxil ou dinámico. Deberemos tamén realizar análises das principais formas verbais, pois poden axudar a configura-la situación temporal do poema fixándonos especialmente se existen.
# Presente de Indicativo: Serve para remarca-la realidade. Á hora de analiza-lo presente, poden aparecer unha serie de valores:
# [[Presente histórico]]: Chámaselle presente dramático. Supón o emprego do presente con valor de pasado.
# [[Presente prospectivo]]: Expresa unha acción futura. A orientación de futuridade vén indicada por un adverbio ou frase equivalente.
# [[Presente habitual]]: Expresa accións habituais.
# [[Presente intemporal]] ou permanente: refírese a realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de validez ilimitada.
# Presente con valor imperativo.
# Imperfecto de indicativo: Temporalmente se caracteriza por esvaecer un tempo. O valor máis habitual é o de imperfecto narrativo, que é utilizado polo poeta para contar acontecementos que non interesa que estean moi concretos a nivel temporal; este imperfecto aparece xeralmente como forma dominante nos romances e tamén nos contos infantís.
# O perfecto: Afasta os acontecementos da área afectiva do lector, o que provoca en moitas ocasións reflexión profunda ante o que se le, pero distanciada.
Tamén deberemos ter en conta se predominan os tempos do modo indicativo ou os do subxuntivo. En caso de predomina-los primeiros os feitos expostos estarán totalmente conectados coa realidade e se os segundos estarán conectados coa posibilidade, desexo, probabilidade, e polo tanto, máis afastados da realidade, pois o subxuntivo é o modo do subxectivo.
===Nexos===
Analizarémo-la posible presenza de:
# [[Conxunción]]s coordinadas: Se abundan esaxeradamente favorecen a presenza dun estilo infantil, ou coloquial, vulgar.
# Conxuncións subordinadas: Cando abundan estamos ante un estilo retórico, culto, rebuscado,...
Valores:
# Valor [[ilativo]] ([[Nexo]] ''e''): Cando a conxunción aparece ó inicio dun texto ou despois dun punto.
# Valor [[ponderativo]] (Nexo ''e''): Cando vai entre signos de admiración: ''¡Vaites, e canto te quixen!''
# Valor enlazante (Nexo ''e''): Cando o nexo une dúas palabras iguais: ''Suspendía e suspendía''.
# Valor intensificador (nexo disxuntivo): ''Ou vés ou quedas''.
# Valor identificador (nexo disxuntivo): Cando mediante a conxunción ''ou'' se identifican dous elementos como idénticos.
=='''Sintaxe do texto'''==
Orde das palabras. Nun comentario debemos analizar tamén a sintaxe posto que se o texto aparece escrito en oracións simples a súa sintaxe é sinxela e a súa comprensión é máis doada. Pola contra, se no texto predominan as subordinadas, a súa sintaxe escurécese.
Tamén convén atender á orde das palabras, pois o autor pode elixir diferentes tipos de orde:
# Orde lóxica: Respecta a sintaxe normal do galego: Sux + Pred + O.D. + CC.
# Orde Afectiva: É aquel que dispón os elementos segundo o interese con que os enuncie o autor. Salienta algún elemento.
# Orde rítmica: Consiste en dispo-las palabras nos versos buscando repetir esquemas acentuais de versos anteriores.
# [[Hipérbato]]: É a alteración por motivos artísticos da orde das palabras.
## Hipérbato suave: Sintaxe non moi trastocada
## Hipérbato violento: Cando a sintaxe é inintelixible.
==Plano do contido==
===Asunto ou argumento===
Consiste en realizar un pequeno resumo empregando as nosas propias palabras tratando de contar de forma breve o contido do texto.
===Tema===
É a idea base que aparece no texto, o tema debe ser expresado nun máximo de 10 palabras. Unha vez sinalado o tema debemos comentar dous aspectos relacionados con este:
# Tratamento que lle dá o autor ó tema: Un tema aparentemente serio como por exemplo a morte pode ser tratado polo autor do texto de xeito cómico; pola contra, un tema aparentemente cómico pode ser tratado con seriedade. No comentario debemos analizar se o tratamento é:
## Lírico-amoroso
## Irónico-burlesco
## Cómico
## Filosófico
# Inclusión do tema na historia da literatura e na obra do autor
==Apartados==
Xeralmente, todo texto está estruturado nunha serie de apartados. A nosa misión é descubrilos e para o mesmo teremos en conta as seguintes opcións:
# Analiza-lo contido do texto e descubrir que polo contido existen varias partes.
# Diferencia-los apartados do poema polas estruturas sintácticas semellantes.
=Temas relacionados=
'''[[Poesía]]'''
'''[[Figuras estilísticas]]'''
'''[[Terminoloxía poética]]''' ordenada alfabeticamente
[[Categoría:Crítica literaria]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=2435400.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|