Revision 2441506 of "Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Lugo" on glwiki{{illado}}
[[Ficheiro:Biblioteca_CMUS_Lugo_1.JPG|miniatura|230px|right|Sala de lectura]]
A '''Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Lugo''' atópase no segundo andar do edificio do [[conservatorio]] situado na Ronda Xosé Castiñeira da cidade de [[Lugo]].
Ocupa 150 m² divididos en dúas salas: unha para a lectura, administración e empréstitos, e outra para actividades.
A Biblioteca comeza a súa actividade ao mesmo tempo que o [[conservatorio]] no ano 1973. En 1995 a xestión do centro pasa á [[Xunta de Galicia]]. Dende o ano 2006 o conservatorio pon a camiñar un proxecto de organización e dinamización da Biblioteca integrándoa na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Na biblioteca, aberta a toda a comunidade educativa, é posible atopar máis de mil volumes entre libros, [[partitura]]s, publicacións periódicas e material audiovisual. Os autores e intérpretes galegos ocupan unha parte importante do catálogo.
Entre os servizos que ofrece a biblioteca están a lectura, o empréstito, o acceso a [[Internet]] e as actividades de formación de usuarios e fomento da lectura.
Os fondos están organizados en catro seccións: ''Textos'', ''Partituras'', ''Infantil'' e ''Audiovisual'', e ordenados a partir da [[Clasificación Decimal Universal]].
As buscas poden facerse no seu [[Catálogo en liña]] ou [[OPAC]] que se atopa na páxina do [[Proxecto Meiga]], ou a través do Metabuscador, o motor de procura da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ao mesmo tempo, a biblioteca está presente na Internet na forma dun [[blogue]] no que é posible atopar novas, información, documentos, etc.
== Ligazóns externas ==
* [http://www.opacmeiga.rbgalicia.org OPAC da Biblioteca do CMUS de Lugo]
* [http://bcmuslugo.blogspot.com Blogue da Biblioteca do CMUS de Lugo]
* [http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog Blogue das Bibliotecas escolares de Galicia]
* [http://www.rbgalicia.org/metabuscador Metabuscador da Rede de Bibliotecas de Galicia]
* [http://www.rbgalicia.org Rede de Bibliotecas de Galicia]
[[Categoría:Ensino]]
[[Categoría:Bibliotecas de Lugo]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=2441506.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|